Deserto
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En xeografía, un deserto é un territorio que recibe escasas precipitacións pluviométricas, que ten un solo moi pobre. Como consecuencia, os desertos teñen unha reputación de seren capaces de sustentar pouca vida; comparándoos con rexións máis húmidas isto pode ser verdade, porén, examinándoo mais detalladamente, os desertos frecuentemente abrigan unha riqueza de vida que normalmente permanece agachada(especialmente durante o dia) para conservar a humidade. Aproximadamente a terceira parte da Terra é deserto, o 16% desertos cálidos e 19% desertos fríos.
As paisaxes desérticas teñen algunhas características en común, o chan componse, a miúdo, de area, adoita haber dunas, típico é o terreo rochoso que reflite o reducido grao de desenvolvemento do solo. Os procesos de erosión eólica son importantes factores na formación das paisaxes desérticas.
[editar] A adaptación á aridez
Os animais e plantas que habitan no deserto presentan adaptacións que fan posible a súa existencia nun medio tán árido (quente e seco):
- Os vexetais teñen follas pequenas e cubertas de cera para non perder humidade
- Os camelos poden perder auga ata reducir un 40% o seu peso corporal.
- Os invertebrados (escorpións, escaravellos,...) teñen unha cuberta que non deixa que se perda humidade.
- Os réptiles están cubertos de escamas (serpes, lagartas)
- Algúns réptiles presentan fosas nasais que reteñen o vapor da auga da respiración.
[editar] Demografía
En demografía considérase deserto a toda rexión poboada por menos de 5 habitantes por km².