Fe Bahá'í
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Fe bahá'í é unha relixión fundada en 1863 por Bahá'u'lláh e que actualmentr é seguida per máis de 7 millóns de persoas en todo o mundo. Os bahá'ís cren que todas as relixións proveñen do mesmo Deus e que teñen aparecido con a Mensaxe de Deus para a humanidade a medida que esta tivo capacidade para recibilo.
Algunhas das relixións anteriores que os bahá'ís afirman que proveñen de Deus, en orde de aparició, son:
hinduísmo, budismo, xudaísmo, cristianismo, islam, babismo.
O Báb (en árabe: a porta) proclamou ser o Enviado de Deus para súa época no ano 1844 e que preparaba a humanidade sincera para a chegada dunha nova Manifestación de Deus: Bahá'u'lláh.
[editar] Síntese dos principios da Fe Bahá'í
Os principios nos que cren os bahá’ís e que constitúen a base da súa acción están resumidos nun texto de Shoghi Effendi, descendente de Bahá’u’lláh. Velaí o extracto do seu libro "Deus pasa perto de nós" :
A Fe bahá’í recoñece a unidade de Deus e dos seus profetas, sostén o principio da busca sen trabas da verdade, condena todas as formas de prejuízo e de superstición, ensina que a fin da relixión é a de promover a amizade e a concordia, proclama que debe ir á par da ciencia, e afirma que é o principal factor de pacificación, de orde e de progreso da sociedade. Afirma sen equívocos o principio de igualdade de dereitos, de oportunidades e de privilexios para os homes e para as mulleres, recomenda a educación obrigatoria, elimina os extremos de riqueza e de pobreza, eleva ao rango de adoración o traballo cumprido con un espírito de servizo, recomenda a elección dunha lingua auxiliar internacional, e propón as institucións necesarias pare estabelecer e perpetuar unha paz durábel e universal.
[editar] Regras relixioso-sociais
As regras de comportamento social da Fe Bahá'í proveñen primariamente do Kitáb-i-Aqdas, escrito por Bahá'u'lláh. As que seguen son unhas poucas das leis e observancias relixiosas básicas:
- Os bahá'ís adultos ( desde a idade de 15 anos) recitan obrigatoriamente unha oración cada día. Hai tres de tales oracións entre as cales se pode escoller unha para cada día.
- O chismorreo e a murmuración están prohibidos e denunciados.
- Os adultos bahá'ís, con boa saúde, observan un xexún de 19 días, de sol a sol, cada ano, entre o 2 de marzo e o 20 de marzo.
- Os bahá'ís teñen prohibido beber alcohol e tomar drogas, salvo prescrición médica.
- As relacións sexuais só están permitidas en matrimonio, entre un home e unha muller; as relacións homosexuais non están permitidas.
- Os xogos de azar están estrictamente prohibidos.
[editar] External Links
- Bahá'í encyclopedia ,a Bahá'í encyclopedia that anyone can edit.
- The Bahá'ís, the official presence of the Bahá'í International Community on the Web