Alemánico
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alemánico (Alemannisch) | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [alɛˈman(ː)ɪʃ] | |
Falado en: | sur de Alemaña, no nordés de Francia, en Suíza, Liechtenstein, no oeste de Austria e no norte de Italia | |
Total de falantes: | 10 millóns aprox. | |
Clasificación xenética: | Indoeuropea Xermánica Xermánica occidental Alemán Alemán superior Alemánico |
|
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | gsw | |
ISO/DIS 639-3: | varios: gct — [[]] gsw — Alemán suízo swg — Suabo wae — Alemá walser |
|
O alemánico é un dialecto do alemán que se fala no sur de Alemaña, no nordés de Francia, en Suíza, Liechtenstein, no oeste de Austria e no norte de Italia. A poboación que o usa a diaro calcúlase nuns 10 millóns. Pertence, xunto ao bávaro, á rama denominada alemán superior da familia das linguas xermánicas. Comprende as seguintes variedades, que poden chegar a ser intelixibles entre elas:
- Alemánico de Suabia (Alemaña), chamado tamén suabo (Schwäbisch)
- Baixo alemánico, que comprende:
- Alto alemánico, en Suíza, Vorarlberg (Austria), ao sur da Selva Negra (Alemaña e Liechtenstein), por exemplo:
- Alemánico superior, no cantón de Valais (en alemán Wallis) e a súa diáspora alpina, ao sur do cantón de Berna e na parte alemá de Friburgo (Suíza) por exemplo:
- Walliser, referido a Wallis e
- Walser, referido á diáspora.
- Walliser, referido a Wallis e
Cando se fala dos dialectos alemánicos de Suíza adóitase empregar a denominación de suízo alemán ou Schweizerdeutsch.
Os alamáns eran as tribos xermanas das cales evolucionou o seu dialecto ao actual alemánico, do nome destas tribos collemos o nome para nomear a Alemaña e aos alemáns en galego e castelán entre outros. Os suevos que invadiron a Gallaecia hispanorromana son descendentes destas xentes. Véxase sobre todo que na parte norte fálase o suabo (no mapa a zona vermella arriba de todo).
Índice |
[editar] Notas
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
- Alemán suízo