See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Wikipedia:A Taberna (imaxes) - Wikipedia

Wikipedia:A Taberna (imaxes)

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Esta é a sección imaxes da Taberna

A sección imaxes da Taberna úsase para:
  • Conversar e propoñer sobre temas relacionados coa publicación de imaxes na Galipedia.

Por favor, non esqueza identificar as súas mensaxes coa súa sinatura e a data; para iso, pode:
▪ Teclear catro tiles ~~~~ (os símbolos obtéñense coas teclas Alt+126),
▪ Premer na icona da barra de edición (cuarto botón pola dereita).


A Taberna
Novas editar
Políticas editar
Técnica editar
Propostas editar
Axuda editar
Imaxes editar
Xeral editar
Seccións

[editar] Arquivo da sección imaxes

As conversas antigas desta sección da Taberna están arquivadas en Wikipedia:A Taberna (imaxes)/Arquivo.

[editar] Dereitos en esculturas / Liberdade de panorama

Inauguro a sección cunha pregunta sobre esta imaxe (unha imaxe dunha escultura de Paco Leiro nunha rúa de Biarritz, Francia). Non teño nin idea de imaxes nin de dereitos. Pero lembro que hai moitos meses propuxen unha imaxe dun cartel dunha exposición do fotógrafo Robert Mapplethorpe que tiña como fondo do cartel un autorretrato del (polo tanto, foto del, foto feita por el e cartel dunha exposición súa todo xunto). A foto estaba tomada na vía pública. E díxoseme (xa non lembro onde nin quen, pero é o de menos) que non se podía porque esa fotografía que facía de base para o cartel tiña dereitos protexidos. A min pareceume lóxico. Pero, entón esta escultura de Paco Leiro non ten eses dereitos de non reprodución? Onde estabelecemos a liña divisoria? --Xabier Cid Conversa 08:39, 28 maio 2008 (UTC)

Re: Sobre liberdade de panorama
En primeiro lugar dicir que moitas veces hai que considerar a lexislación do lugar onde se fai a foto, a lexislación do lugar onde se publica xunto coa lexislación do sitio onde están albergados os servidores (o peso de cada unha depende de moitas cuestións refiridas a cada caso concreto). Na práctica de Wikimedia hai unha serie de situacións das que se coñece a resposta mentres doutras pode haber distintos puntos de vista ou están en discusión. A túa mensaxe non me queda clara porque non sei de que imaxe falas no caso de Robert Mapplethorpe polo tanto non podo dicir nada diso. En canto ás imaxes de esculturas en España a lei de propiedade intelectual recoñece a liberdade de panorama: pódense publicar imaxes de esculturas situadas permanentemente na vía pública e de edificios; en Francia non hai liberdade de panorama (Commons:Freedom of panorama#France). A imaxe que pos como exemplo foi realizada en Francia por desgraza non pode manterse. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:07, 28 maio 2008 (UTC) Engadido: en Wikipedia:Política_de_uso_de_imaxes#Edificios_e_esculturas_ao_aire_libre hai unha lista de países na que se indica se permiten liberdade de panorama ou non. --Prevertgl 13:47, 28 maio 2008 (UTC)
Vaites!, pois que mágoa. A foto aquela era a de menos, e cando me volva atopar no caso farei a pregunta de novo. Pero a lexislación sobre imaxes é autenticamente fascinante. Por certo, mudeille o título ao apartado, para que sexa doada de atopar a info. --Xabier Cid Conversa 13:53, 28 maio 2008 (UTC)


Galipedia das imaxes: necesítanse imaxes dos seguintes concellos da provincia de Ourense

Avión, Baltar, Beariz, Os Blancos, Calvos de Randín, Carballeda de Avia, Cartelle, Chandrexa de Queixa, Gomesende, Larouco, Lobeira, Muíños, Oímbra, Padrenda, Parada de Sil, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Petín, Pontedeva, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Riós, A Rúa, Rubiá, San Cibrao das Viñas, San Xoán de Río, Taboadela, A Teixeira, Trasmiras, Verea, Vilamartín de Valdeorras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vilardevós. Moitas grazas de antemán a todos aqueles colaboradores que poidan achegar algún material refirido a eses concellos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:52, 28 maio 2008 (UTC)





Galipedia das imaxes: precísanse imaxes dos seguintes concellos da provincia de Lugo

Baleira, Baralla, Bóveda, Cospeito, Folgoso do Courel, O Incio, Láncara, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Outeiro de Rei, A Pastoriza, A Pobra do Brollón, Pol, Ribeira de Piquín, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Xermade, Xove. Sería moi importante contar con algunha imaxe dos concellos devanditos para poder ilustrar os artigos, grazas de antemán a todos os que poidan contribuír con algún ficheiro. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:38, 29 maio 2008 (UTC)




Galipedia das imaxes: precísanse imaxes dos seguintes concellos da provincia da Coruña

A Baña, Boimorto, Santiso, As Somozas, Touro, Trazo, Vilarmaior, Vilasantar. Para completar os artigos deses concellos son precisas algunhas imaxes. Se algún colaborador pode cargar algunha imaxe sería de grande axuda. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:46, 29 maio 2008 (UTC)




Galipedia das imaxes: precísanse imaxes dos seguintes concellos da provincia de Pontevedra

Dozón, As Neves, Portas, Rodeiro, Salvaterra de Miño. O mesmo que con outros concellos do resto das provincias galegas faltan imaxes destes concellos. Se hai algún usuario que poida axudar con fotografías de devanditos concellos será moi benvida a súa axuda. Moitas grazas. --Prevertgl 21:50, 29 maio 2008 (UTC)





aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -