As Nogais
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As Nogais | |
---|---|
Situación | |
Xentilicio 1: | wikt: |
Xeografía | |
Provincia: | Provincia de Lugo |
Comarca: | Ancares |
Área: | 110,3 km² |
Entidades de poboación: | - |
Capital do concello: | |
Latitude e lonxitude: | |
Altitude máxima: | - m. |
Altitude mínima: | m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
Demografía (2007) | |
Poboación: | 1.421 hab. |
Densidade: | 12,88 hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | 99,13 % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | 94,76 % |
Ás veces: | 4,36 % |
Nunca: | 0,87 % |
Política (2003) | |
'Concelleiros 4: | PPdeG ' (votos - %) BNG ' (votos - %) PSdeG-PSOE ' (votos - %) Outros: - (- %) |
Alcalde: | [[]] () |
Eleccións municipais en: As Nogais {{{eleccións}}} |
|
Censo electoral (2003) | |
Total electores: | - 100 % |
Votantes: | - % |
Abstencións: | - % |
Votos en branco: | - % |
Votos nulos: | - % |
Orzamentos (2000) | |
Enderezos | |
Enderezo físico: | |
Teléfono: | 982364192 |
Fax: | 982364150 |
Código postal: | |
Correo electrónico: | |
|
|
Notas: |
As Nogais é un concello da Provincia de Lugo en Galicia. Pertence á Comarca dos Ancares.
Poboación no 2007: 1.421 habitantes segundo o INE (1.441 no 2006, 1.477 no 2005, 1.501 no 2004, 1.520 no 2003).
Índice |
[editar] Xeografía
O concello exténdese polas estribacións meridionais da Serra dos Ancares e o val que forma o curso alto do río Navia. Atravésao a N-VI e a A6 (km 444). É un territorio extenso (112,4 Km²), cunha densidade de poboación moi reducida, inferior aos 15 habitantes por quilómetro cadrado.
As alturas máximas atópanse na Serra dos Ancares, en serras pequenas como Travesa, Pintinidoira e Chan de Pereira (entre os 1.000 e os 2.000 m.) e nas estribacións das Serras do Piornal e Rañadoiro, para o sul e o suroeste, que superan os 1.300, chegando aos 1.387 m. no Pico do Corvo. O fondo do val do Navia transcorre entre os 500 e os 800 m.
O Navia, que nace en Pedrafita do Cebreiro, atravesa As Nogais de surleste a noroeste e recolle a auga de, entre outros, o río de Valdeparada e o regato de Boullón.
Os invernos son fríos e os veráns frescos, cunha temperatura media anual é de 9°C e unha oscilación térmica de 13°C.
[editar] Historia
Houbo asentamentos castrexos , como os do castro de Vilabol, Vilaesteva e Quintá. Sitúase aqui, posibelmente, a mansión romana de Ponte Naviae, da calzada de Braga a Astorga. No camiño real que levaba a Castela, a parte máis dura da subida a Pedrafita comezaba aqui. Esta entrada a Galiza era defendida pola torre de Doncos e os castelos de Doiras e Valcarce. No século XIV, Doncos era propiedade do adiantado maior de Galicia, García Rodríguez de Valcarce; no XV pertenceu ao conde de Ayala e a condesa de Monterrei, pero en 1603, cando era propiedade de Fernando de Toledo, figura xa como torre abandonada.
O beneficio elesiástico correspondía á casa e señorio de Torés, tenencia do marquesado de Camarasa. Parece que no lugar de Santo André houbo un eremitorio, convertido en mosteiro e pronto desaparecido.
Durante a Guerra da Independencia de España, as tropas francesas incendiaron Doncos e outros lugares. En 1835, os viciños formaron unha partida de voluntarios para perseguir aos carlistas.
[editar] Economía
A poboación decae rapidamente. O hábitat é concentrado, arredor dos cursos de auga e da estrada e con algúns núcleos disperos. Máis da metade dedícase ao sector primario en explotacións familiares reducidas. Destaca a gandaría (vacas). Os cultivos máis importantes son os cereais (centeo, trigo e millo), patacas e hortalizas. Nos últimos anos tamén se repoboou moito o monte.
Non hai industria e o sector terciario dedícase á atención dos viaxeiros.
[editar] Lugares das Nogais
Para unha lista completa de todos os lugares do concello das Nogais vexa: Lugares das Nogais.
[editar] Parroquias
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias das Nogais | |
---|---|
A Alence (Santa Lucía) | Doncos (Santiago) | Noceda (San Xoán) | As Nogais (Santa María Madanela) | Nullán (San Cosmede) | Quintá (San Pedro) | Santo André (Santo André) | Torés (San Xoán) | Vilaicente (San Xoán) |
[editar] Véxase tamén
Referencias relacionadas con Galicia |
||