Mosteiro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Mosteiro (homónimos).
Mosteiro, palabra que procede do grego monos (só), designa un grupo de construcións de residencia e práctica relixiosa de monxes ou monxas.
Índice |
[editar] Definición
O termo convento, do latín conventus que significa "asemblea", procede orixinalmente da asemblea romana onde os cidadáns se reunian para fins administrativos ou de xustiza (conventum iuridicum). Posteriormente pasouse a utilizar con sentido relixioso, relativamente ao monasticismo cando, para mellor servir e amar a Deus, os homes se retiraban do mundo, primeiro soiños, despois en grupos de monxes (comunidades relixiosas), para edificios concebidos para o efeito, os conventos. En termos xerais, ainda que convento sexa sinónimo de mosteiro (algunhas persoas pensan, erradamente, que os mosteiros se destinan a homes e os conventos, a mulleres), a palabra convento pode ser, especificamente utilizada para as ordes monásticas de vida activa, mentres que mosteiro se aplica, en xeral, a ordes contemplativas, vocacionadas para a clausura - mais tal diferenciación non presenta unanimidade existindo diversos posicionamentos doutrinais.
[editar] Os mosteiros de Oriente
[editar] Os mosteiros de Occidente
San Bieito, no Ocidente, foi o primeiro a crear a estrutura de un convento. Despois, ao traballo da Igrexa, xuntouse o das cruzadas desde o século XII nas Ordes militares, e o dos apostolados nas Ordes mendicantes. Os conventos, fose cal fose o estilo arquitectónico da sua construción, tiveron sempre unha traza fundamentalmente igual, debido ás exixencias da vida relixiosa en comunidade: a igrexa conventual co coro; o claustro onde abrian as salas en que se realizaban os outros actos de vida en comun; a sala do capítulo para as reunións solemnes de instrución e corrección onde normalmente tamén eran erguidos o refeitorio e a biblioteca; encima, a toda a volta, corrian os dormitorios, con celas individuais; ao redor do edificio, campo para recreo e cultivo.
A Igrexa, a través dos mosteiros, cumpriu un papel determinante na transición entre a antigüidade e o feudalismo, na consolidación do sistema feudal, cuxo control, seguindo a Le Golf: "pasa en todos os elementos esenciais pola igrexa, igrexa de celibatarios que dominan a produción económica, a medida do tempo, os lazos de parentesco, a ensinanza, a cultura, a arte, a asistencia e a caridade" [1]
O cristiano medieval fixo dos mosteiros uns dos centros mais beneficiados das súas actitudes piadosas co obxecto de procurar os seus servizos relixiosos para que actuaran como intermediarios entre Deus e os fieis. Reciben limosnas e doazóns a cambio de actuar como axentes redentores que interceden polos fieis na procura da salvación da súa alma.
Podemos falar logo de que o cristiano medieval buscou o mosteiro tanto na vida como na morte.
[editar] Os mosteiros en Galicia
Modelo:Artigoprincipal A aparación en Galicia da primeira comunidade bieita documéntase en datas moi tardías. A incorporación á Orde de Cluny foi promovida durante o reinado de Afonso VI (metade do século XII) e a finais deste século e principios do seguinte moitos dos mosteiros galeegos acolléronse a reforma do Císter. Durante toda a Idade Media os cenobios foron obxecto de interese da nobreza galega que vinculaba pola forza ao mosteiro coa súa linaxe e economía. En tempos dos Reis Católicos o Papa ordea a restruturación do entramado monacal de España. A partir de entón todos os mosteiros e conventos pasaron a depender dun mosteiro central pasando a formar parte da Congregación Cisterciense de Castela. No caso de Galicia os mosteiros masculinos pasaron a depender do Mosteiro de San Martiño Pinario e os de mulleres do Convento de San Paio de Antealtares.