See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Convento de San Paio de Antealtares - Wikipedia

Convento de San Paio de Antealtares

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

San Paio de Antealtares é un convento do século IX de monxas beneditinas de clausura.

Vista desde a rúa da Conga
Vista desde a rúa da Conga
Fachada que da a Praza da Quintana
Fachada que da a Praza da Quintana
Fachada que da a Vía Sacra
Fachada que da a Vía Sacra
Detalle da porta dos Carros. Representa a fuxida a Exipto
Detalle da porta dos Carros. Representa a fuxida a Exipto

Índice

[editar] Situación

Sitúase no casco vello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña, frente a cabeceira da catedral de Santiago de Compostela, pechando a Praza da Quintana.

[editar] Historia

[editar] O mosteiro primitivo

O primeiro mosteiro foi fundado por volta do 830 por Afonso II o Casto e ocupáronno unha ducia de monxes bieitos comunidade que tiña como misión atender e manter o culto ás reliquias do apóstolo Santiago o Maior. A esta primeira comunidade entregou o rei un pequeno couto que pouco despois ampliou ata chegar ás 3 millas desde a igrexa de Santiago. Levantouse o mosteiro ao leste do mausoleo romano onde se atoparon os restos apostólicos, en fronte da súa porta de acceso, o que fixo que o mosteiro recibise a denominación de Antealtares. Ningún vestixo ten chegado ata os nosos días daquela primeira construción xa que desde o século IX ao XI estivo contiguo ao testeiro da igrexa de Santiago, no lugar que ocupou a cabeceira do templo románico da catedral que sustituíu á antiga igrexa.

En 1077, o abade Faxildo e o bispo Diego Páez chegaron, na Concordia de Antealtares, a un acordo sobre o novo emprazamento do mosteiro, que se situaba diante dos tres altares, na honra do Salvador, de San Pedro e de San Xoán. Neste mosteiro disque compuxo o bispo San Pedro de Mezonzo o himno "Salve Regina". Nos anos de decadencia, os monxes bieitos abandonáronno case en ruínas (derrubouse en 1256) e instaláronse en San Martiño Pinario.

[editar] O Estudio de Gramática

O 4 de setembro de 1495 outorgánse as escrituras de doazón de tódalas dependencias do mosteiro agás a igrexa para que Lopo Gómez de Marzoa funde nel un colexio para estudantes pobres, o coñecido como Estudio de Gramática, xérmolo da Universidade de Santiago de Compostela.

En 1499 foi ocupado por unha comunidade de monxas bieitas de clausura, que nel permanece até hoxe.

[editar] Drescrición

[editar] A igrexa

A construción da igrexa, encetada en 1700, durou nove anos e iniciouna Frei Gabriel de Casas, iniciándose no ano 1699 coa demolición da anteior iglesia. No 1703 a comunidade benedictina retira a súa confianza o arquitecto (pola lentitude das obras), sendo Pedro garcía quen continúe as obras, seguindo as trazas xa iniciadas. O novo templo inaugurarase solemnemente no ano 1707.

A fachada é sinxela pero monumental e mostra a San Paio mártir. A planta é de cruz grega e está recoberta con bóvedas de canón con casetóns. A cúpula elévase sobre pechinas moi decoradas e remata nunha lanterna que ilumina o interior.

[editar] Imaxinería

O retablo maior é obra de Francisco Castro Canseco (1714) e nel aparecen tres santos, San Bieito, San Plácido e San Mauro e tres santas, Santa Escolástica, Santa Xertrudis e Santa Francisca Romana, conducindo a imaxe de San Paio, arrodeado por Santiago e San Fernando montados a cabalo (inspiados no baldaquino catedralicio). O conxunto complétase cunha Asunción da Virxe, acompañada polos apóstolos Pedro e Paulo. O órgao, construído en 1782 polo mestre Alberto de la Peña, foi restaurado recentemente.

[editar] O convento actual

Do mosteiro primitivo só se conservan uns capiteis e unha ara de mármore branco. O actual comezouse a construir no século XVI e rematouse só en 1793. A renovación comezouse aló polo ano 1600 encargándoselle a Mateo López a traza da zona occidental, cara a Praza da Quintana, construíndose un lenzo monumental e austero. No 1641 Jácome Fernández Fillo remata parte deste lado trazado por Bartolomé Fernández Lechuga. Entre 1653 e 1657 construirase un pasadizo que enlaza esta parte coa igrexa.

A fachada que dá á Praza da Quintana, é sobria e utiliza exclusivamente liñas rectas. A súa monumentalidade provocou os ciumes do arcebispado e foi a principal causa da remodelación da cabeceira románica da Catedral, obra que deu como resultado o aspecto que posúe actualmente.

A fachada que dá á Vía Sacra, obra de Melchor de Velasco comezada cara o ano 1658, presenta unha portada, a Portería, enmarcada nun arco de medio punto baixo un friso de triglifos e metopas entre dúas xigantes columnas dóricas. Na parte superior sitúase un frontón curvo partido cun escudo imperial. Todo iso realizado en claro estilo clasicista.

A partir de 1744 construirase o espazo ao longo da Vía Sacra que vai desde a portería hasta a chamada Porta dos Carros, no que destaca o conxunto de chemineas que rematan o edificio e a estrutura da Porta dos Carros. Ésta é froito de dúas etapas e trazas ben distintas; a primeira relacionada con Fernando de Casas Novoa, e unha segunda, na que a partir de 1749 Lucas Ferro Caaveiro aumentaralle a altura cun mirador sobre a balaustrada.

A porta presenta unha escea da Fuxida a Exipto relacionada co facer de Francisco de Lens.

[editar] Situación actual

Na actualidade atópase en bo estado de conservación.

Desde a igrexa pódese aceder ao Museo de Arte Sacro de Antealtares, inaugurado en 1873 e que ofrece unha colección de obxectos litúrxicos.

A mais, hoxe en día pódense mercar nel doces elaborados polas monxas que o habitan.

[editar] Véxase tamén

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -