Comarca dos Ancares
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
Ollar a conversa:Comarca dos Ancares
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.
Os Ancares é unha comarca que toma o nome da serra que está situada na parte máis oriental da Galiza, nos límites con Asturias e Castela e León. É unha zona montañosa que forma parte das serras orientais, que tamén inclúen a comarca da Fonsagrada (ao N) e O Courel (ao S). Os Ancares teñen 12.480 habitantes (datos de 2007), e uns 907 Km2, por tanto posúen unha baixa densidade poboacional.
Os concellos que conforman Os Ancares galegos son Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro. Nos Ancares hai importantes masas forestais de carballo e bidueiro, acompañados de abeleiras, cancereixos, acivros, pradairos e teixos. Tamén hai mato abondo, como é o caso das uceiras e piornais predominantes. A súa especial situación xeográfica fai que haxa especies ausentes no resto da Galiza, como é o caso do oso pardo, en vías de extinción, e a vulnerábel pita do monte.
[editar] Véxase tamén
Galicia | Comarcas de Galicia | |
---|---|
A Baixa Limia | A Barcala | A Coruña | A Fonsagrada | A Limia | A Mariña Central | A Mariña Occidental | A Mariña Oriental | A Paradanta | A Ulloa | Allariz - Maceda | Arzúa | Bergantiños | Betanzos | Caldas | Chantada | Ferrol | Fisterra | Lugo | Meira | Muros | Noia | O Baixo Miño | O Barbanza | O Carballiño | O Condado | O Deza | O Eume | O Morrazo | O Ribeiro | O Salnés | O Sar | Ordes | Ortegal | Os Ancares | Ourense | Pontevedra | Quiroga | Santiago | Sarria | Tabeirós - Terra de Montes | Terra Chá | Terra de Caldelas | Terra de Celanova | Terra de Lemos | Terra de Melide | Terra de Soneira | Terra de Trives | Valdeorras | Verín | Viana | Vigo | Xallas |