See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Trobadorismo - Wikipedia

Trobadorismo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Os trobadores medievais escribían en pergamiños, como por exemplo o pergamiño Vindel
Os trobadores medievais escribían en pergamiños, como por exemplo o pergamiño Vindel

O trobadorismo é a primeira manifestación literaria da lingua galega. O seu xurdimento ocorre no século XII. As súas orixes danse na Provenza, de onde se vai espallar por practicamente toda a Europa, por mor da cruzada contra a herexía albixense, que obriga a un éxodo masivo das xentes da Provenza ou Occitania. Apesar diso, a lírica medieval galego-portuguesa posúe características proprias e unha grande produtividade e número considerábel de autores conservados.

Índice

[editar] As Orixes do Trobadorismo Galego-Portugués

A máis antiga manifestación literaria galego-portuguesa que se ten noticia é “Ora faz ost´o senhor de Navarra”, escarnho político de Johan Soarez de Pavia, datada por volta de 1196 ou 1198. Ao ser esa cantiga a máis antiga rexistrada, data a crítica nestes anos o comezo da lírica medieval galego-portuguesa, se ben xa levaría algúns anos sendo cultivada. Danse como datas simbólicas da morte abrupta desta estética ben 1350, ano da redacción do testamento do Conde de Barcelos, ben 1354, ano en que morre este último mecenas. Tras esta época de esplendor prodúcese unha etapa de transición decadente coñecida como a Escola galego-castelá, que ten a súa representación en numerosos autores activos entre a segunda metade do século XIV e a primeira do XV, recollidos no Cancioneiro de Baena. Esta época é antesala dos Séculos Escuros da Galiza, así como do Quiñentismo en Portugal.

Esta poesía, de transmisión oral, creou ao seu redor un verdadeiro espectáculo trobadoresco (como sinalou un dos especialistas, Resende de Oliveira), pois eran cantigas musicadas (o cal supuña un duplo acto de creación), e contaban con varios axentes:

  • O trobador, poeta en romance, culto, creador de texto e música.
  • O xogral, traballador de extracción humilde, asalariado pero con formación.
  • O segrel, poeta da pequena nobreza que interpretaba as súas propias composicións (e figura algo polémica na crítica actual).
  • As soldadeiras, bailarinas da corte, moitas das cales tiñan fama de prostitutas.
  • E un público cortesán, receptor inmediato dos textos.

As cantigas eran manuscritas e coleccionadas nos chamados Cancioneiros (eran libros manuscritos tamén, feitos por encarga de nobres ou, máis tarde, humanistas, que reunían gran número de trobas). Coñécense catro grandes Cancioneiros, todos emparentados xeneticamente. E destes, tres son fundamentais: o "Cancioneiro de Ajuda", o "Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa" e o "Cancioneiro da Vaticana" (este dous últimos son coñecidos como os apógrafos italianos). Contamos tamén coa información que achegan seis documentos breves, entre os que cómpre destacar a Tavola colocciana, unha listaxe de autores e cantigas, e o Pergamiño Vindel, manuscrito que transmite as mesmas sete cantigas de amigo que de Martín Codax posúen os cancioneiros, pero musicadas.

[editar] Os Tipos de Cantigas

Dentro do Trobadorismo galego-portugués, as cantigas costuman a dividirse en:

  • Líricas: Cantigas de amor e cantigas de amigo
  • Satíricas: Cantigas de escarño e cantigas de maldizer

A cantiga máis antiga coñecida é a da Ribeiriña.

[editar] A Cantiga de Amor

Ver o artigo sobre a cantiga de amor

Neste tipo de cantiga, o eu-lírico é masculino, e el sempre canta as cualidades do seu amor, á quen el trata como superior (para el, ela é a suserana e el, o vasalo, reproducindo, polo tanto, o sistema xerárquico feudal). El canta a dor de amar e non ser correspondido (chamada de cuita), e é a súa amada a quen el se somete, e "presta servizo", e, por iso, espera beneficio (escrito ben nas trobas).

[editar] A Cantiga de Amigo

Ver o artigo sobre a cantiga de amigo

Este tipo de cantiga non xurdiu en Provenza como as outras, senón que tivo as súas orixes na Península Ibérica. É tamén composición de tipo amoroso, pero neste caso a voz emisora é feminina, pertence a unha dona virgo namorada, a cotío baixo a tutela materna, e pertencente a un mundo feminino e popular. O eu-lírico é unha [muller], pero os autores das cantigas de amigo eran os mesmos que cultivaban os outros xéneros, todos varóns na nosa lírica. Esta doncela namorada canta o seu amor polo amigo (amigo = namorado). Normalmente, ela lamenta nas cantigas a ausencia do amado, ou ben xustifica a súa tardanza ante as acusacións da nai. Estas mulleres están conectadas con aquelas das carxas mozárabes, mulleres do pobo, activas, decididas, que queren gozar o amor. Outra diferenza da cantiga de amor, é que nela non hai a relación Suserano versus Vasalo, ela é unha muller do pobo.

[editar] A Cantiga de Escarnho

Ver o artigo sobre a cantiga de escarnho

Na cantiga de escarnho -escarnio no galego actual-, o eu-lírico fai unha sátira a algunha persoa. Esa sátira era indirecta, chea de dobres sentidos, e o nome da persoa satirizada non era revelado.

[editar] A Cantiga de Mal Dizer

Ver o artigo sobre a cantiga de maldizer

Ao contrario da cantiga de escarnho, a cantiga de maldizer trai unha sátira directa e sen dobres sentidos. É común a agresión verbal á persoa satirizada, e moitas veces son utilizados vulgarismos, insultos e palabras obscenas. O nome da persoa satirizada pode ou non ser revelado.

Ben é certo que boa parte da crítica actual insiste en consideralas xénero unitario, por non haber diferenzas sistemáticas entre escarnho e mal dizer.

[editar] Trobadores, segreis e xograis

Don Dinís, rei de Portugal, foi un excelente trobador
Don Dinís, rei de Portugal, foi un excelente trobador

Na lírica galego-portuguesa podemos destacar:

Outros trobadores:

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns Externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -