See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Cantiga de amor - Wikipedia

Cantiga de amor

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Segundo o Arte de Trovar, as cantigas de amor caracterizábanse por seren "movidas a razón dele" (é dicir, desde unha perspectiva masculina), en contraposición ás cantigas de amigo, que eran movidas "a razón dela". Dito de outro xeito, as cantigas de amor son poemas nos que o poeta se dirixe en primeira persoa á súa dama (a senhor), a Deus ou ao mesmo Amor; ou reflexiona sobre o amor ou sobre a amada. O temá é, igual que nas cantigas de amigo, o sentimento amoroso, pero neste caso o protagonista é un home.

As cantigas de amor galego-portuguesas xorden por imitación da poesía trobadoresca provenzal dos séculos XII e XIV, mais contan con adaptacións ao contexto galego portugués e mais á época en que foron escritas (xa que a cançó provenzal é máis antiga que a nosa cantiga de amor), polo que non se trata dunha "mala copia" da lírica occitana (como se tendeu a afirmar durante anos). O corpus galego-portugués conta con 725 textos desta clase.

Índice

[editar] O amor cortés. As Orixes

Amor cortés na Provenza no Manuscrito do s. XIV da Biblioteca Nacional de París
Amor cortés na Provenza no Manuscrito do s. XIV da Biblioteca Nacional de París

O amor cortés, elemento vertebrador da cantiga de amor, consiste no traslado das relacións sociais feudais ao campo amoroso, de maneira que a senhor galega (midons, na Occitania) pasa a desenvolver o papel de señor feudal, mentres que o poeta tería que sufrir o rol de servo. Como pode verse, a muller aparece neste caso situada nun cume social, mentres que o home (o poeta) está nun estamento superior. Isto, evidentemente, atentaba contra calquer concepción social, posto que na Idade Media o poder económico das mulleres era practicamente nulo, se ben é certo que en territorios do Sur da Occitania as persoas de xénero feminino contaban cunha independencia económica superior á que tiñan o resto de mulleres do contorno europeo (podían herdar e manter os seus bens unha vez casadas). Aínda así, o seu poder socioeconómico non era superior ao dos homes.

A senhor, por outra parte, debía ser (ou normalmente era) unha muller casada. E o compositor, debido ao código do xénero, non podía ser o seu marido. Derivado disto, nalgunhas composicións occitanas chégase a declarar a incompatibilidade entre amor e matrimonio.

Por este motivo, tense discutido moito sobre a orixe do amor cortés, todas elas elaboradas desde a perspectiva provenzal. Existen tres teorías que tencionan explicar a súa aparición. Para algúns investigadores, o amor cortés tería como finalidade a crítica da institución matrimonial, o cal se pode pór en relación coa incompatibilidade entre o amor e o matrimonio antes exposta. Mais o poderío que a institución eclesiástica posuía naquela altura, convida a descartar esta hopótese. Outros estudosos, porén, consideran que o amor cortés é un trasunto das guerras albixenses, as cales foron realizadas para erradicar a herexía cátara. Así, o poeta representaría o perfecto cabaleiro albixense, a midons a seita cátara e, o marido desta, a Igrexa católica, posto que representa o impedimento da felicidade amorosa entre o poeta e a dama. Mais os preceptos cátaros refugaban de todo o que significase a alegría de vivir, pois pensaban que a alma só podía purificarse cun sufrimento extremo. Alén disto, refugaban os cátaros da ledicia amorosa, posto que para eles as relacións sexuais manchaban o espírito.

Amante medieval sendo izado nunha cesta (ilustración do Códex Manesse do século XIV
Amante medieval sendo izado nunha cesta (ilustración do Códex Manesse do século XIV

No entanto, a terceira das teorías da orixe do amor cortés é a que ten máis aceptación hoxe en día. Trátase da concepción deste como xogo poético. Na fortemente estamentada sociedade medieval, o destino das persoas estaba predeterminado desde o momento do seu nacemento. No caso dos homes, se unha parella tiña máis de dous fillos, o primoxénito estaba destinado ás armas, o segundo á clerecía e, os restantes, normalmente eran envíados á casa do señor feudal correspondente, coa finalidade formárense intelectalmente e mais nas armas, coa finalidade de que puidesen gañar nun futuro os seus territorios. Estes últimos, debían ser célibes ata o momento do seu matrimonio. Mais non debía ser doada a convivencia na casa señorial entre todos os homes novos e solteiros que nela convivían. Por este motivo, o señor feudal debía buscarlles un entretemento que fomentase de "forma sá" a competitividade entre estes. De aí xurdiría o amor cortés, que sería un xogo poético no que os poetas mozos "rivalizan" polo amor da dama. Evidentemente, todas as situacións derivadas deste xogo normalmente eran irreais (o poeta non tiña porque estar namorado da midons).

[editar] Os graos polos que atravesa o poeta

Dentro deste xogo literario do amor cortés, os poetas pasarían por diferentes fases no seu camiño cara á conquista da dama, os cales poderían ser esquematizados do seguinte xeito:

  • Fenhedor: o poeta sospira polo amor da dama, mais nen sequera é quen de dirixirlle a palabra.
  • Precador: o poeta atrévese a demandarlle á dama o seu amor, mais sen obter éxito.
  • Entendedor: neste grao, o poeta xa ten unha relación amorosa coa dama, mais aínda non chegou a ter relacións sexuais con ela.
  • Dudro: o poeta ten unha relación amorosa coa dama, chegando a ter relacións sexuais con ela.

No caso galego-portugués, os poetas nunca chegan ao grao de dudro, e os estudosos discuten se os compositores galegos ficaron na fase de precador ou se, nalgúns casos, pasaron á de entendedor.

[editar] A idealización da muller. A coita e a morte de amor

En todas as cantigas de amor galego-portuguesas, a descrición da senhor é máis ben abstracta. Isto é debido a que, normalmente, o código da lírica amorosa trobadoresca exixía que a senhor fose unha muller ideal. Derivado disto, as poucas alusións que achemos ás calidades físicas ou psicolóxicas da muller serán moi xerais (molher de cos ben talhado, o sen,...). Mais isto non é sempre así. Achamos compocións en que esta regra non se cumpre. Así, nunha catiga de Joan Garcia de Gilhade, o autor fai referencia á fermosura dos ollos da dama, ou noutra de Vidal, Judeu de Elvas achamos alusións ao peito branco da senhor.

Como consecuencia desta idealización, un dos recursos máis recorrentes neste xénero é o da coita de amor, o cal consiste, a grosso modo, no sufrimento que este sentimento provoca no poeta.

A coita representa, como xa se ten dito en estudos relacionados co tema, unha situación análoga ao sadomasoquismo. O poeta non só sufre, senón que é consciente de que ten que soportar a súa dor para sempre, posto que o amor da dama nunca (ou escasa veces) será correspondido. Achamos, aínda así, excepcións a isto, posto que Joan Mendiz de Briteiros escribiu unha cantiga en que poeta afirma que deixará de servir a dama porque está farto de que o faga padecer. Da ecuación amor=vasalaxe do amor cortés obtemos com resultado a ecuación amor=condena. O suxeito lírico, daquela, obrigado polo código tribadoresco a serlle fiel á dama, queda condenado a non obter nunca o ben da senhor, e a vivir continuamente nun estado de sufrimento. Tanto é así, que incluso temos algunha composición en que o poeta desexa que a dama "reciba a coita que el recebe", tal e como encontramos nunha cantiga dun dos máis destacados trobadores galegos, Paio Gómez Charinho, na cal o suxeito lírico acaba afirmando:

"Se eu pudesse coita dar,

a quen me coita deu".

Derivado desta situación de desesperación do suxeito lírico, este chega normalmente a morrer de amor. A morte de amor, outro dos recursos típicos deste xénero. O poeta consómese polo amor non correspondido, o cal o leva á morte. A maioría dos compositores de cantigas de amor utilizaron este recurso, mais moitos abusaron del ata o límite. Este é o caso, por exemplo, de Roi Queimado, cuxo uso excesivo deste recurso o levou a ser obxecto das burlas dos seus compañeiros en moitas cantigas satíricas.

[editar] Ligazóns externas

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -