Pelé
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pelé | |||
---|---|---|---|
![]() |
|||
Nome completo: | Edison Arantes do Nascimiento | ||
Alcume: | O Rei, A Perla Negra | ||
Data de nacemento: | 23 de outubro de 1940 | ||
Lugar de nacemento: | Três Corações, Brasil | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Nacionalidade: | ![]() |
||
Clube actual: | |||
Posición: | Dianteiro Centro, Segundo Dianteiro | ||
Altura: | metros | ||
Partidos internacionais: | 92 | ||
Goles: | 77 (selección), 1124 (Santos FC), 65 (Cosmos) | ||
Ano do debut: | 1956 | ||
Clube do debut: | Santos FC | ||
Ano do retiro: | 1977 | ||
Clube do retiro: | Cosmos |
Edison Arantes do Nascimento[1], brasileiro coñecido mundialmente como "Pelé", está considerado "O Rei" do fútbol. Entre el e Diego Armando Maradona está o debate sobor quen é o mellor de tódolos tempos.
Nado en Tres Coracoes, o 23 de outubro de 1940, debutou na primeira división con só 15 anos. Dez meses despois foi convocado por vez primeira coa selección de Brasil. O mundo enteiro comezaría a admiralo pouco despois, cando gañou o Mundial de 1958, en Suecia. Na final Pelé fixo dous goles. No seguinte mundial, en Chile, no ano 1962 voltaría a consegui-lo título de campión. En talvez o cumio da súa carreira foi o Mundial de México, en 1970. Tras un campionato incríble, liderando un equipo considerado coma o mellor que xamáis pisou un campo, a final voltou a ser o seu mellor partido. Do 4-1 co que gañou a Italia, Pelé marcou un gol e pasou outros dous.
- O seu palmarés
Co Santos Futebol Clube, da cidade de Santos, Brasil:
- 2 Copas Intercontinentais
- 2 Copas Libertadores
- 11 campeonatos do Estado de Sao Paulo
Coa selección:
En total Pelé marcou 1284 goles en 1363 partidos.
[editar] Notas
- ↑ Nome conforme certificación de nacemento (n.º 7095, folla 123, libro 21-A do rexistro civil de Três Corações).