See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Mangostaneira - Wikipedia

Mangostaneira

Na Galipedia, a wikipedia en galego.


Mangostaneiro
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Malpighiales
Familia: Clusiaceae
Xénero: Garcinia
Nome científico
Garcinia mangostona
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

A mangostaneira (Garcinia mangostana L.; Clusiaceae ou Gutiferae ou Hypericaceae) é unha árbore tropical perenne, de ata 25 m de altura, que produce unha froita comestíbel e moi aprezada denominada mangostán.

[editar] Características

A mangostaneira é unha árbore perenne de entre 7 a 25 metros cando é adulta. Posúe unha follaxe moi densa, sempre verde, de follas opostas, grandes con nervadura central, con forma elíptica ovaladas de ápice acuminado e curto. Para que unha mangostaneira dea froito maduro teñen que pasar cando menos 5 anos, pero máis normalmente entre 8 ou 10.

O froito, o mangostán é unha cápsula carnosa redonda, cun diámetro de entre 6 e 7 centímetros, con epiderme lisa semileñosa, coriácea moi carnosa de cor escura, como de berenxena, e uns 7 mm de espesor, con remanentes do estigma no ápice en forma de roseta, con tantas seccións como segmentos presenta o froito no seu interior. Ao outro extremo ten o cáliz persistente con cinco sépalos.

O mangostán non require fertilización para formarse: aparece dunha cor verde clara ou case branca na parte superior da árbore. O froito medra durante dous ou tres meses, ao tempo que o exocarpo escurece, aumentando de tamaño ata os 6-8 cm de diámetro exterior. A maduración é rápida e abrupta, en a penas 10 días, cando o froito pasa a unha cor morada ou púrpura. O exocarpo interno ten ácidos polifenólicos, incluídos xantonos e taninos, que aseguran a astrinxencia necesaria para liberar a froita de insectos, virus, bacterias, aves ou mamíferos ata estar madura. O endocarpo comestíbel é un arilo, cunha forma e tamaño semellante a unha mandarina, pero dunha cor branca inmaculada, zumenta, cun sabor exquisito. Ten normalmente cinco segmentos, a semellanza dos segmentos dos cítricos, dous maiores fecundados que encerran cadansúa semente e os outros tres sen sementes. Esta froita consómese directamente ao fresco cando alcanza a madurez.

A mangostaneira produce sementes perecedoiras, de vida curta e que deben permanecer húmidas ata a xerminación, que se produce rapidamente logo de seren separadas do froito e e morren axiña se quedan en seco.

[editar] Distribución

A mangostaneira é unha árbore tropical, que se cre orixinaria das illas Sunda e das Molucas. Debe medrar en condicións de alta temperatura, e por debaixo de 4ºC a planta morre. Prodúcese en Indonesia, Tailandia, Filipinas, Malaisia, Vietnam e Sri Lanka, se ben tamén existen cultivos noutras zonas do globo, como na cidade colombiana de Mariquita, ou na República Democrática do Congo.

A lenda di que a raíña Vitoria ofreceu unha recompensa a quen lle trouxera a froita máis fabulosa, e gañou a competición o mangostán. En Occidente é moi escaso o mangostán, a penas atopado en grandes superficies de distribución en fresco, e mais tamén en conserva e enlatado.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -