Clase (bioloxía)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En bioloxía (botánica e zooloxía), grupo taxonómico que comprende varias ordes de plantas ou animais con moitos caracteres comúns.
Ao igual que ocorre con outros niveis na taxonomía dos Seres Vivos, e debido á enorme dificultade á hora de clasificar certas especies, varias Clases poden agruparse en Superclases, e os individuos dunha Clase poden organizarse en Subclases (e estes á súa vez en Infraclases).
Niveis de Clasificación (de xeral a concreto)
Filo |
[Subfilo]
[Infrafilo] |
[Superclase] |
Clase |
[Subclase] [Infraclase] |
[Superorde] |
Orde |
(os niveis obrigatorios marcáronse con fondo rosa)