Mandarina
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A mandarina é un hesperidio, froito do mandarineiro. Pénsase que o seu nome se debe debe á súa orixe asiática e á cor dos traxes dos mandaríns da antiga China. A pel de cor amarela viva ou alaranxada é delgada, rugosa e facilmente separábel da polpa. Está dividida en 10 esgallos e o seu sabor é agradábel e doce.
Aínda que ten unha menor cantidade de vitamina C que outros cítricos, presenta máis cantidade de carotenoides na súa composición, o cal lle proporciona unha importante actividade antioxidante.
Os seus tipos son:
- Clementinas (Citrus reticulata): máis tardías, de menor tamaño e mellor calidade no gusto. Conteñen pebidas.
- Satsumas (Citrus unshiu): os máis precoces, cuns froitos de maior e peor calidade gustativa. Non teñen pebida.
- Outros: Híbridos, Ornamentais, mandarino cleopatra, Citroyer, etc.
A mandarina é coñecida polo seu efecto diurético, dixestivo e aumento na eficiencia física. Tamén está indicada nas hipertensións arteriais e na prevención da arterioesclerose.