Lord Voldemort
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Personaxe de Harry Potter | |
Lord Voldemort | |
---|---|
Data de nacemento | 31 de decembro de 1926 |
Data de falecemento | xuño de 1998 |
Xénero | Masculino |
Cor de pelo | Negro, máis tarde, calvo |
Cor de ollos | Vermello |
Cor de pel | Branca |
Casa | Slytherin |
Tipo de sangue | Mestizo |
Particularidade | Herdeiro de Salazar Slytherin |
Afiliación | Líder dos mortífagos |
Primeira aparición | Harry Potter e a pedra filosofal |
Lord Voldemort é un personaxe de ficción e o antagonista principal da serie de libros de Harry Potter.
Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama ou do argumento.
O seu verdadeiro nome é Tom Sorvolo Ryddle, anagrama de "Soy Lord Voldemort" (Tom Marvolo Riddle na versión en inglés, que é anagrama de "I am Lord Voldemort"). Ryddle era un mestizo (fillo de pai muggle, Tom Ryddle, e nai bruxa, Merope Gaunt). Este último dato ocúltao a algúns dos seus mortífagos, como se dá entender en Harry Potter e a Orde do Fénix. A pesar de que o seu pai sexa un muggle, el é descendente de Salazar Slytherin, do cal se sente moi orgulloso. A súa nai morreu ó dar a luz, e el foi enviado a un orfanato muggle.
O principal inimigo de Voldemort é o protagonista principal dos libros Harry James Potter que, de acordo cunha profecía, é o igual de Voldemort. Moitos na comunidade máxica temen tanto a Voldemort que se refiren a el coma O-Que-Non-Debe-Ser-Nomeado ou Quen-Ti-Sabes. Mesmo os seus seguidores (os mortífagos) temen tanto a Voldemort que o chaman O Señor Tenebroso. No sétimo libro, tamén se refiren a el como Xefe Mortífago.
Posteriormente ingresou no Colexio Hogwarts de Maxia e Feiticería, onde foi coñecido coma o alumno máis intelixente que estudara no colexio. Desgraciadamente, Tom Ryddle deixouse seducir polo poder das artes escuras, convertíndose en Lord Voldemort, un mago de poder sen precedentes (o único mago a quen teme é Albus Dumbledore).
Na versión cinematográfica é interpretado por Ralph Fiennes.
Índice |
[editar] Traxectoria vital do personaxe
[editar] Estado físico
Fisicamente, Voldemort é descrito coma un ser alto, pálido coma un morto, con ollos vermellos con pupilas verticais, orificios nasais coma os dunha serpe, mans de dedos anormalmente longos, cunha boca sen beizos e unha voz fría e aguda, susurrante. A cotío está acompañado polo seu familiar (animais de compaña dos magos) chamada Nagini, unha enorme serpe velenosa que é un dos seus Horcrux, e é o único ser, que segundo parece, quere.
[editar] Metas
Voldemort, o heredeiro de Slytherin, desde sempre aspiraba á inmortalidade, á dominación do mundo máxico e á limpeza do sangue, xa que el cría que só os magos e bruxas de sangue puro deberían existir no mundo máxico e deixar fóra del aos muggles (aínda levando sangue muggle nas súas veas), pero encontrou un obstáculo para os seus fins e ese foi Harry Potter quen, sendo apenas un bebé, foi quen de derrotalo e arrebatarlle os seus poderes desvanecendo o seu corpo, reducindo a súa existencia a algo sen apenas vida que non se podía valer de si mesmo, tiña que ser axudado por outra persoa ou animal. Para adoptar forma física debíase meter dentro do corpo de animais ou de persoas (o profesor Quirrell).
[editar] Primeira guerra
Durante algúns anos Voldemort dominou o mundo dos magos, sumíndoo na escuridade e o terror e valéndose dun grupo de magos subordinados (mortífagos) e de criaturas abominables coma os dementores, homes lobo, inferis e xigantes. Nos seus tempos de gloria o seu sinal era a Marca Tenebrosa.
Non obstante, Voldemort enterouse a través dunha profecía de que un neno ía representar un obstáculo para o seu rápido ascenso ó poder; o neno que elixe como representante desta profecía resulta ser Harry Potter, aínda que tamén podía ter elixido a Neville Longbottom, xa que ambos cumprían o que se predicía (nados ó morrer o séptimo mes, e fillos de membros da Orde do Fénix, que o derrotaran tres veces). Se a súa decisión fose a contraria, Neville tería sufrido todo o que Harry, que daquela tiña un ano.
[editar] Derrota
Decidido a eliminar a ameaza, Voldemort acode á casa dos Potter e mata ós pais de Harry, empezando polo seu pai, pero cando lanza ó neno a maldición asasina Avada Kedavra, esta rebota contra el debido a que a nai, Lily Potter, morrera sacrificando a súa vida por el, e dándolle así unha protección que Voldemort non pensou e non puido vencer. Así, Voldemort queda peor que morto: perde o seu corpo e todos os seus poderes e é obrigado a fuxir e agocharse nas sombras.
Pasou once anos escondido en distintos bosques, pero principalmente nun de Albania. Alí coñecerá ó profesor Quirrell, que ensina Estudos sobre Muggles en Hogwarts (no ano que Harry estuda primeiro, el cambia a Defensa contra as Artes Escuras). Conséguelle atraer ó seu bando e Quirrell lévao a Hogwarts, onde Harry Potter empeza a estudar. Voldemort neste momento vive coma un parásito no corpo do profesor Quirrell. Logra manter esta unión bebendo sangue de unicornio, que garante a inmortalidade a un alto custo mentres espera recuperar o seu corpo, e durante o primeiro ano de Harry Potter en Hogwarts intenta robar a pedra filosofal (baixo a custodia de Albus Dumbledore) coa intención de gañar forma corpórea outra vez. Harry logra detelo no seu intento.
[editar] Segunda guerra
Despois de recuperar algunhas forzas, Voldemort consegue armar un plan para volver posuír un corpo propio, utilizando un conxuro chamado Óso, Carne e Sangue e servíndose de Harry Potter ó finalizar o Torneo dos Tres Magos (ano no que Harry cursa o seu cuarto ano. Harry, por medio de Barty Crouch fillo(que é un mortífago), que á súa vez a través da poción multixugos tomara a imaxe de Ollotolo Moody, é enganado para caer nas mans de Voldemort. Harry e Voldemort enfróntanse nun duelo que remata grazas a un efecto das súas varitas máxicas, chamado Priori Incantatem.
No quinto libro ó estar oficialmente de volta, creando terror no mundo dos magos, ten un enfrontamento con Albus Dumbledore tralo que finalmente fuxe.
No sexto libro da saga, descóbrese que Lord Voldemort sobreviviu ó encontro con Harry Potter, cando lle rebotou a súa propia maldición, grazas a que dividira a súa alma en sete fragmentos almacenados nuns obxectos coñecidos como Horcrux (que deben ser destruídos para poder matalo totalmente).
No derradeiro libro a guerra continúa, Voldemort asasina a Ollotolo Moody e despois, mediante o asasinato de Rufus Scrimgeour (Ministro de Maxia) pon a un novo Ministro títere, Pius Ticknesse, o cal está controlado mediante a maldición Imperius.
Máis adiante no libro, Voldemort vai á busca da varita máis poderosa que existe, para así poder destruír a Harry Potter. A devandita varita estaba en posesión de Albus Dumbledore, quen a conseguira de Gellert Grindewald, un mago tenebroso que fora derrotado por Dumbledore hai moitos anos. Deste xeito, profanando a tumba de Albus Dumbledore, Voldemort obtén esta varita, que para a súa sorpresa, non actuou como agardaba ao non incrementarlle os seus poderes nin dotalo das habilidades que desexaba. En vista disto, decide asasinar a Severus Snape (xa que Voldemort consideraba que era o dono lexítimo da varita, dado que este asesinara a Dumbledore) pero o amo da varita é en realidade Draco Malfoy, ó cal Harry desarmou nunha ocasión (cando foi acurralado na mansión dos Malfoy), polo tanto agora pertenece a Harry.
Ó final da saga, na batalla que ten lugar entre Harry e Voldemort, este trata de destruír a Harry coa varita que penaba que lle daría o poder absoluto, pero a varita recoñece que Harry é o seu dono lexítimo e devolve a maldición asasina, facéndoa rebotar contra Voldemort e causando a súa morte (para esta parte deducimos que xa os Horrocruces foran elimindos e que Vordemort era un mago calquera).
[editar] Significado do seu nome
- Lord: É un título de honor que se lles dá en Inglaterra ás persoas da nobreza.
- Voldemort: Esta palabra asóciase coa frase francesa "vol de mort" que ten varios significados, sendo o máis común, "voluntade da morte", e tamén "voo da morte" ou sexa "fuxida da morte".
[editar] O nome de Voldemort
Na versión española, o nome que se lle deu a Voldemort cando era mozo foi Tom Sorvolo Ryddle. No segundo libro, Harry Potter e a Cámara dos Segredos, explica que a apelación de «Lord Voldemort» é derivada do anagrama do seu nome:
- TOM SORVOLO RYDDLE → SOY LORD VOLDEMORT
Nas versións do libro en cada idioma traduciron o seu antigo nome das seguintes maneiras:
Lingua | Nome verdadeiro | Anagrama | Traducións |
---|---|---|---|
Inglés | TOM MARVOLO RIDDLE | I AM LORD VOLDEMORT | Eu son Lord Voldemort |
Alemán | TOM VORLOST RIDDLE | IST LORD VOLDEMORT | É Lord Voldemort |
Vasco | TOM NARIVOLOZ RIDDLE | LORD VOLDEMORT NAIZ | Je suis Lord Voldemort |
Catalán | TOD MORVOSC RODLEL | SÓC LORD VOLDEMORT | Eu son Lord Voldemort |
Dinamarqués | ROMEO G DETLEV JR | JEG ER VOLDEMORT | Eu son Voldemort |
Español | TOM SORVOLO RYDDLE | SOY LORD VOLDEMORT | Son Lord Voldemort |
Estoniano | TOM MARVOLON RIDDLE | MINA LORD VOLDEMORT | Eu, Lord Voldemort |
Finlandés | TOM LOMEN VALEDRO | MA OLEN VOLDEMORT | Eu son Voldemort |
Francés | TOM ELVIS JEDUSOR | JE SUIS VOLDEMORT | Eu son Voldemort |
Grego | ANTON MORVOL HERT | ARCHON VOLDEMORT | Lord Voldemort |
Hebreo | TOM VANDROLO RIDDLE | ANI LORD VOLDEMORT | Eu son Lord Voldemort |
Húngaro | TOM ROWLE DENEM | NEVEM VOLDEMORT | O meu nome é Voldemort |
Islandés | TREVOR DELGOME | EG ER VOLDEMORT | Eu son Voldemort |
Italiano | TOM ORVOLOSON RIDDLE | SON IO LORD VOLDEMORT | Euson Lord Voldemort |
Holandés | MARTEN ASMODOM VILIJN | MIJN NAAM IS VOLDEMORT | O meu nome é Voldemort |
Noruegués | TOM DREDOLO VENSTER | VOLDEMORT DEN STORE | Voldemort o fantástico |
Portugués (Brasileño) | TOM SERVOLO RIDDLE | EIS LORD VOLDEMORT | Aquí Lord Voldemort |
Ruso | TOM D. DVOLLODER REBUS | LORD SUDEB VOLDEMORT | Señor do destino, Voldemort |
Eslovaco | TOM MARVOLOSO RIDDLE | A SOM I LORD VOLDEMORT | E eu son tamén Lord Voldemort |
Esloveno | MARK NEELSTIN | MRLAKENSTEIN | Neste caso o nome foi cambiado para facer referencia a Frankenstein. |
Sueco | TOM GUS MERVOLO DOLDER | EGO SUM LORD VOLDEMORT | Eu son Lord Voldemort |
Checo | TOM ROJVOL RADDLE | JÁ LORD VOLDEMORT | Eu, Lord Voldemort |
Turco | TOM MARVOLDO RIDDLE | ADIM LORD VOLDEMORT | O meu nome Lord Voldemort |
Ucraniano | TOM YARVOLOD REDL | YA LORD VOLDEMORT | Eu, Lord Voldemort |
[editar] Datos curiosos
Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama ou do argumento.
- Fala a lingua "Pársel" (a que falan as serpes), e, segundo Snape, Voldemort é experto en Legilimancia (a arte de poder penetrar na mente doutras persoas).
- A súa varita é de madeira de tejo de 31 centímetros e cun núcleo de pluma do fénix de Dumbledore, Fawkes.
- Rexeita aos sangue sucio (que teñen os dous pais non máxicos, muggles; ou que polo menos un o é), cando el mesmo é un deles ao ter o sangue mestizo (nai meiga, Mérope Gaunt, e pai muggle, Tom Ryddle).
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
Serie Harry Potter, de J. K. Rowling | |||
---|---|---|---|
|
|||
A pedra filosofal | libro | filme | videoxogo |
A Cámara dos Segredos | libro | filme | videoxogo |
O preso de Azkaban | libro | filme | videoxogo |
O Cáliz de fogo | libro | filme | videoxogo |
A Orde do Fénix | libro | filme | videoxogo |
O misterio do príncipe | libro | filme | |
As reliquias da morte | libro | filme | |
|
|||
Outros libros | Outros videoxogos | ||
Bestas fantásticas e onde dar con elas | Harry Potter: o mundial de quidditch | ||
O quidditch a través dos tempos | |||
Os contos de Beedle o Bardo |
Personaxes principais de Harry Potter
Harry - Ron - Hermione - Dumbledore - Voldemort - Snape - Hagrid - McGonagall - Flitwick - Sprout - Sirius - |