O quidditch a través dos tempos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O quidditch a través dos tempos é o título dun libro escrito pola británica J. K. Rowling, que actúa como complemento á saga de Harry Potter (que tamén foi escrita por ela), ao igual que Bestas fantásticas e onde dar con elas. A versión en castelán foi publicada en 2001 pola editorial Salamandra.
O libro trata sobre a historia do quidditch, deporte máxico que practican os bruxos e meigas. Este libro é mencionado ao longo das novelas de Harry Potter como un libro da biblioteca de Hogwarts. As vendas do libro van dirixidas á fundación Comic Relief, e contén ilustracións de J. K. Rowling.
Índice |
[editar] O libro ficticio
Dentro do mundo ficticio de Harry Potter, O quidditch a través dos tempos, é un libro que está escrito por Kennilworthy Whisp, un experto e fanático do quidditch.
O libro conta a historia do quidditch dende os seus incios, así como a dos primeiros xogos que se practicaban cunha vasoira. Segundo Madam Pince, a libreira da biblioteca de Hogwarts, a copia do libro que está na biblioteca é: «rasgado, babeado por riba del e xeralmente maltratado case a diario». Harry Potter disfrutou lendo este libro. Cando Severus Snape pillou a Harry fóra da escola con este libro en Harry Potter e a pedra filosofal, Snape inventou a regra de que non estaba permitido levar os libros da biblioteca ó exterior, e quitoullo das mans quitando, ademais, 5 puntos a Gryffindor.
[editar] O libro real
O libro real foi escrito por J. K. Rowling, aínda que o nome de Kennilworthy Whisp aparece na portada do libro e ás veces tómase como co-autor do mesmo. As recaudacións que se obtiveron coa venda do libro foron parar á fundación Comic Relief como as do seu compañeiro, Bestas fantásticas e onde dar con elas.
Aínda que Harry ten este libro durante o seu primeiro ano (1991-1992), hai nomeado un evento que ocorreu en 1994.
[editar] Capítulos do libro
Á esquerda están os títulos dos capítulos en castelán, e á dereita o seu correspontente título en galego:
- Prólogo
- La evolución de la escoba voladora
- Antiguos juegos de escobas voladoras
- El juego del pantano Queerditch
- La aparición de la snitch dorada
- Precauciones anti-muggles
- Cambios en el quidditch a partir del siglo XIV: Campo; Pelotas; Jugadores; Reglas; Árbitros
- Equipos de quidditch de Gran Bretaña e Irlanda
- La expansión del quidditch por el mundo
- El desarrollo de la escoba de carreras
- El quidditch en la actualidad
- Prólogo
- A evolución da vasoira voladora
- Antigos xogos de vasoiras voladoras
- O xogo do pantano Queerditch
- A aparición da snitch dourada
- Precaucións anti-muggles
- Cambios no quidditch a partir do século XIV: Campo; Pelotas; Xogadores; Regras; Árbitros
- Equipos de quidditch de Gran Bretaña e Irlanda
- A expansión do quidditch polo mundo
- O desenvolvemento da vasoira de carreiras
- O quidditch na actualidade
[editar] Curiosidades
- Comic Relief pediulle con poucas esperanzas a J. K. Rowling que escribise un conto curto de Harry para destinar os beneficios á asociación. Como a ela se lle dá mal escribir contos curtos, pensou que era mellor escribir non un libro, señón dous.
- Este libro foi mencionado nas novelas de Harry Potter e lido polo propio Harry.
- A J. K. Rowling sempre lle gustou debuxar. Xa que non publicaran os bocetos que tiña para ilustrar Harry Potter e a pedra filosofal, dado que a editorial opuxérase, nesta ocasión debuxou ela tódalas ilustracións que aparecen no interior.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazón externa
- Entrevista coa autora sobre o libro (en inglés)
Serie Harry Potter, de J. K. Rowling | |||
---|---|---|---|
|
|||
A pedra filosofal | libro | filme | videoxogo |
A Cámara dos Segredos | libro | filme | videoxogo |
O preso de Azkaban | libro | filme | videoxogo |
O Cáliz de fogo | libro | filme | videoxogo |
A Orde do Fénix | libro | filme | videoxogo |
O misterio do príncipe | libro | filme | |
As reliquias da morte | libro | filme | |
|
|||
Outros libros | Outros videoxogos | ||
Bestas fantásticas e onde dar con elas | Harry Potter: o mundial de quidditch | ||
O quidditch a través dos tempos | |||
Os contos de Beedle o Bardo |
Personaxes principais de Harry Potter
Harry - Ron - Hermione - Dumbledore - Voldemort - Snape - Hagrid - McGonagall - Flitwick - Sprout - Sirius - |