See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Bestas fantásticas e onde dar con elas - Wikipedia

Bestas fantásticas e onde dar con elas

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Bestas fantásticas e onde dar con elas é o título dun libro escrito por J. K. Rowling, que actúa como complemento á saga de Harry Potter (que tamén foi escrita por ela), ao igual que O quidditch a través dos tempos. A versión en castelán foi publicada en 2001 pola editorial Salamandra.

Este libro inclúe un prólogo escrito (supostamente) por Albus Dumbledore. Para narrar este libro, Rowling usa o pseudónimo de Newt Scamander, que é o que conta toda a información que vén no libro sobre as bestas fantásticas. O libro conta con pouco argumento, pero contén moita información para os lectores (posúe cousas normais que aparecerían en calquera libro que teña un alumno de Hogwarts). O volume fala de distintas bestas e animais que poderían ser estudados na clase impartida por Rubeus Hagrid, Coidado de Criaturas Máxicas.

Índice

[editar] O libro ficticio

Este libro pretende ser a copia do texto dun libro que é propiedade de Harry Potter e que está escrito por Newt Scamander, un famoso zoólogo máxico. Nas novelas de Harry Potter a zooloxía máxica é o estudo das criaturas máxicas.

Albus Dumbledore escribe o prólogo do libro e explica ao lector o propósito da edición especial do libro, a fundación benéfica de Comic Relief. Ao final, cóntanos aos muggles (a xente non ten poderes máxicos) que: «... as divertidas criaturas descritas deseguido son de ficción e non nos poden facer dano algún». Para a comunidade máxica di: «Draco dormiens nunquam titillandus», que é o lema de Hogwarts e que en latín é algo así como: Nunca lle fagas cóxegas a un dragón que dorme. É un lema moi apropiado para un libro sobre bestas fantásticas.

Este libro contén a historia da zooloxía máxica e describe 75 especies máxicas que se poden atopar no mundo. A meirande parte da información do libro foi recolectada por Scamander durante observacións feitas tras moitos anos de viaxes polos cinco continentes. O autor ficticio toma nota de que a primeira edición foi encargada en 1918 polo Sr. Augustus Worme. Sen embargo non foi publicado ata 1927. Agora está na súa 52ª edición.

Bestas fantásticas e onde dar con elas é un libro de texto requirido para os alumnos de primeiro ano en Hogwarts, sendo un libro de texto aprobado dende a súa primeira publicación. Non está claro por que o precisan os alumnos de primeiro ano, así como por que os estudantes non cursan a materia de Coidado de Criaturas Máxicas ata o seu terceiro ano. Sen embargo pode ser como unha enciclopedia para as criaturas escuras estudadas en Defensa contra as Artes Escuras. Na introducción do libro, Albus Dumbledore comenta que serve como unha excelente referencia para os magos ademais do seu uso en Hogwarts.

Hai que resaltar os numerosos bosquexos e comentarios que o libro contén, feitos por Harry e Ron (e un de Hermione. Baseándose nalgúns dos seus comentarios, estaban escribindo ao redor do tempo no que se desenrola o cuarto libro. Estes bosquexos dan información extra para os fans da saga, por exemplo unha das bestas que se mostran no libro ten un comentario que confirma que Hogwarts está localizado en Escocia.

Integrado no debuxo da portada do libro aparece a marca dun arañazo feito por algún animal.

[editar] Newt Scamander

Newton "Newt" Artemis Fido Scamander naceu no ano 1897 e é o autor ficticio de Bestas fantásticas e onde dar con elas. Segundo a sección do libro "Sobre o autor", Scamander convértese nun zoólogo máxico polo seu grande interese nas bestas fantásticas e polos ánimos que lle deu súa nai, unha entusiasta criadora de hipogrifos.

Despois de graduarse en Hogwarts, Scamander entrou a traballar no Ministerio de Maxia, no Departamento para a Regulación e Control de Criaturas Máxicas. A súa carreira incluíu unha breve restricción da "Oficina de traslados dos elfos domésticos", a creación do "Rexistro de homes lobo" en 1947, e moitas cousas máis. A súas contribucións para a zooloxía máxica convertérono nun membro da Orde de Merlín de segunda clase en 1979.

Agora está retirado e vive en Dorset coa súa esposa Porpentina e as súas mascotas, tres Kneazles: Hoppy, Milly e Mauler.

Aínda que J. K. Rowling nunca agachou o factor de que ela é a autora deste libro, "Newt Scamander" pode ser, non obstante, considerado coma un pseudónimo seu. Isto é tecnicamente demostrado por "el" na portada do libro, na que está o dito nome que figura como autor.

Na versión fílmica Harry Potter e o preso de Azkaban, o nome de Newt Scamander aparece no Mapa do Merodeador.

[editar] Curiosidades

  • Comic Relief pediulle con poucas esperanzas a J. K. Rowling que escribise un conto curto de Harry para destinar os beneficios á asociación. Como a ela se lle dá mal escribir contos curtos, pensou que era mellor escribir non un libro, señón dous.
  • Este libro foi mencionado en varias ocasións nas novelas de Harry Potter.
  • A J. K. Rowling sempre lle gustou debuxar. Xa que non publicaran os bocetos que tiña para ilustrar Harry Potter e a pedra filosofal, dado que a editorial opuxérase, nesta ocasión debuxou ela tódalas ilustracións que aparecen no interior.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazón externa


Serie Harry Potter, de J. K. Rowling

A pedra filosofal libro filme videoxogo
A Cámara dos Segredos libro filme videoxogo
O preso de Azkaban libro filme videoxogo
O Cáliz de fogo libro filme videoxogo
A Orde do Fénix libro filme videoxogo
O misterio do príncipe libro filme  
As reliquias da morte libro filme  

Outros libros Outros videoxogos
Bestas fantásticas e onde dar con elas Harry Potter: o mundial de quidditch
O quidditch a través dos tempos  
Os contos de Beedle o Bardo  
Personaxes principais de Harry Potter

Harry - Ron - Hermione - Dumbledore - Voldemort - Snape - Hagrid - McGonagall - Flitwick - Sprout - Sirius -
James e Lily Potter - Familia Dursley
- Lucius - Narcisa - Draco - Bellatrix - Quirrell - Lockhart - Lupin - Ollotolo - Umbridge - Slughorn - Neville - Ginny - Luna - Fred e George - Dobby - Señora Weasley - Señor Weasley - Tonks


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -