Lingua asturiana
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Asturiano | |
---|---|
Falado en: | Asturias |
Estado: | España |
Número de falantes: | 550.000 (100.000 de lingua materna) |
Lugar polo número: | Non está ente as 100 máis faladas |
Clasificación xenética: | Indoeuropeo linguas románicas |
Estatus oficial | |
Llingua Oficial en: | |
Código | |
ISO 639-2 | ast |
A lingua asturiana é unha lingua romance pertencente ao subgrupo asturleonés, e derivada directamente do latín. É unha lingua próxima filoxeneticamente ao galego debido a certas características comúns como a conservación do F inicial latino.
Outro dos nomes utilizados tradicionalmente para esta lingua é o de bable, pero en realidade trátase dun heteroglotónimo despectivo procedente da locución "bla, bla". A normalización da lingua lévase a cabo na Academia de la Llingua Asturiana.
Índice |
[editar] Denominacións
Ás veces tamén se fala de astur-leonés, mais esta denominación acostuma usarse para o grupo conxunto do leonés, asturiano e mirandés.
[editar] Familia lingüística
Forma parte do subrgrupo ibero-románico nomeado asturleonés. Este está composto polas seguintes falas:
[editar] Afiliación lingüística
Indoeuropea, itálica, romance, iberorromance.
[editar] Falantes
Segundo o estudo "Los Asturianos y la Lengua Asturiana. Estudio Sociolingüístico para el Principado de Asturias", (Oviedo, 1994), do profesor da Universidaade do País Vasco Francisco Llera Ramo, en Asturias habería 100.000 falantes nativos, ós cales hai que engadir 450.000 máis que usan o asturiano como segunda lingua, podendo falalo e entendelo. Nese estudo cóntanse uns 50.000 falantes de asturiano central, 30.000 de occidental e 20.000 de oriental.
[editar] Extensión
O dominio do asturiano esténdese per todo o territorio, se ben na franxa máis occidental de Asturias se fala galego de Asturias, aínda que o goberno asturiano e a Academia de la Llingua Asturiana prefire denominalo gallego-asturiano e creou unhas normas asturianizantes.
[editar] Vogais
O sistema vocálico do asturiano distingue cinco fonemas, con tres graos de abertura (mínima, media e máxima) e tres posicións de articulación (central, anterior e posterior).
anteriores (palatais) | centrais | posteriores (velares) | |
vogais pechadas (apertura mínima) | i | - | u |
vogais medias (apertura media) | e | - | ? |
vogais abertas (apertura máxima) | - | a | - |
[editar] Consoantes
labiais | dentais | alveolares | palatais | velares | |
oclusivas xordas | p | t | - | ? | k |
oclusivas sonoras | b | d | - | ? | g |
fricativas | f | ? | s | ? | - |
nasais | m | - | n | ? | - |
laterais | - | - | l | ? | - |
vibrantes | - | - | ? / r | - | - |
[editar] Ligazóns externas
Linguas e variedades románicas |
---|
aragonés | arromanés | asturleonés (incluído o mirandés) | borgoñón | castelán (incluído o ladino) | catalán | dálmata* | emiliano-romagnolo | francés | francoprovenzal | friuliano | galego (incluído a fala de Estremadura) | galó | istriarromanés | italiano | ladino | lorrenés | ligur | lombardo | mozárabe* | occitano | megleno-arromanés | napolitano | normando | picardo | piemontés | poitevino-saintongeais | portugués | retorrománico | romanés | sardo | siciliano | valón | véneto |
* lingua extinguida |