Conversa Usuario:Iago Pillado
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Iago Pillado
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibir mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses, etc. |
||
Na Guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos da políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki - é realmente doado contribuír. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo.
Índice |
[editar] Benvida
Boa estadía e bó traballo Lansbricae (Ti dirás) 21:44, 1 xullo 2007 (UTC)
[editar] Correción
Feito. O nome era diferente metino entre [[]] corchetes e xa tes o enlace ao artigo, se quixeses deixar o nome como está por ser os dous válidos podes redirixir: Poñerias entre corchetes Nome do artigo|Nome que queres que apareza no teu artigo. Espero ter sido claro, podes seguir as miñas modificacións no historial para comprobar o feito, comparando edicións. Espero ter sido de axuda e senón segue a preguntar , un saúdo e de novo benvida. P.D. Tódolos artigos son modificables se era o só ao que referías. Lansbricae (Ti dirás) 22:04, 1 xullo 2007 (UTC)
[editar] Cambio de nome
Podes facelo movendo a páxina coapestana mover a cuarta por arriba e motivando o cambio. Do memso modo cambiamos o nome no artigo de Durruti para que non quede mal. A páxina que crearas queda coma unha redireción ao artigo sen hache, despois poderíase pedir borralo a algún administrador ou deixalo para facilitar a busca do autor. Un saúdo. (pd. non esquezas asinar as túas mensaxes. podes facelo coa pestana que semella unha sinatura cara ao medio das pestanas de edición. Lansbricae (Ti dirás) 22:14, 1 xullo 2007 (UTC)
[editar] Mudar-lle o nome a un artigo
- Olá, Iago. Se te equivocas co nome dun artigo, pode-lo mover clicando na pestana "mover" da parte superior da páxina. O que sucede así é que se crea a páxina nova, a boa, e a anterior "redirecciona" para a nova. Para ver o código que se crea asi, edita Hans Magnus Henzensberger. Desta maneira non é preciso repetir o mesmo texto en varios artigos. Tes máis axuda en Wikipedia:Axuda. Un saúdo. --Xosé (✉) 22:20, 1 xullo 2007 (UTC)
- Podes consultar as modificacións máis recentes tal e como se recollen no historial da páxina de Enzensberger] e verás como se poden facer varias cousas como engadir fotos, colocar nunha categoría, etc. --Xosé (✉) 23:03, 1 xullo 2007 (UTC)
[editar] Usuario
Ola, neso non te podo axudar, non teño nin idea, terías que falar con algún dos Administradores. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 22:00, 17 agosto 2007 (UTC)
- Ola Iago. Podes solicitar o cambio de nome de usuario en Wikipedia:Taboleiro dos administradores indicando cal é o novo nome de usuario que queres utilizar, no caso de que estea libre non hai problema en facer a mudanza. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:46, 17 agosto 2007 (UTC)
Grazas, así o farei. Saúdos
[editar] Imaxe sen orixe
|
Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Retrato de Roman Vishniac.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.
Tódalas imaxes subidas á Galipedia procedentes de páxinas web teñen que ter unha licenza e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta.
Na orixe (páxina da que procede a imaxe) debe indicarse con exactitude a licenza con que a imaxe debe ser compartida na Galipedia. En caso contrario a imaxe será borrada.
Agradecémosche que indiques nos datos da imaxe o lugar preciso da páxina de orixe en que se fai mención exacta da licenza con que a imaxe se comparte na Galipedia. Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí
Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes
-
- Nota: A lexislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna) indica que non é preciso ningún requisito para que calquera obra teña copyright. Polo tanto só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen explícitamente que as imaxes están no dominio público, permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial e indiquen a licenza con que poden ser compartidas.
Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 10:41, 2 xaneiro 2008 (UTC)
-
- Ola Iago Pillado, borrei a imaxe. A imaxe era unha violación dos dereitos de autor. É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte se debe a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo ou pintor (non do individuo obxecto da foto ou pintura) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten copyright, e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos de aqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público y permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.
- Ola Iago Pillado, borrei a imaxe. A imaxe era unha violación dos dereitos de autor. É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte se debe a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo ou pintor (non do individuo obxecto da foto ou pintura) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten copyright, e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos de aqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público y permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.
- Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámos a Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con copyright) ten tamén copyright e non se pode subir (Véxase Commons:Commons:Obras derivadas)
- A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 17:14, 5 xaneiro 2008 (UTC)
[editar] Imaxes
Ola Iago! Penso que os datos son suficientes, mais o mellor e preferible é engadilos no cadro (podes facelo á hora de cargar a imaxe, ou tamén posteriormente editando a imaxe):
{{Information| |Description= Nome da foto |Source= Feita por min |Date= xx/yy/zzzz |Author= [[User:Iago Pillado]] |Permission= (a licenza que sexa) |other_versions= }}
E a maiores engades o modelo da licenza, que xa tes engadido na imaxe. E si, as imaxes pódenas usar calquera, e polo tanto calquera pode engadir imaxes ós artigos, incluíndo a túa. Un saúdo. AlberteSi, digame? 17:56, 20 febreiro 2008 (UTC)
Si, baixo o epígrafe Resumo é onde debe ir. Un saúdo. AlberteSi, digame? 19:28, 20 febreiro 2008 (UTC)
-
-
- Albert ten razón, os datos son suficientes. Engadinlle a caixa de datos a Imaxe:Escultura de homenaxe a Luís Pimentel na Praza Maior de Lugo.jpg. Se a editas, poderás ter unha idea de como cumprimentar imaxes de orixe semellante que subas.
Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 17:44, 21 febreiro 2008 (UTC)
- Albert ten razón, os datos son suficientes. Engadinlle a caixa de datos a Imaxe:Escultura de homenaxe a Luís Pimentel na Praza Maior de Lugo.jpg. Se a editas, poderás ter unha idea de como cumprimentar imaxes de orixe semellante que subas.
-
Moitas grazas pola axuda, que ando algo verde nestas cousas. Apertas. --Iago 20:38, 21 febreiro 2008 (UTC)
[editar] Título de películas
Píllasme fóra de xogo. Non lembro políticas ó respecto: nunca traballei ese tema. Quizais o preferible é que fagas unha pregunta na Taberna, por se alguén lembra algo. Eu pareime a mirar Categoría:Películas, pero non cheguei a ningunha conclusión. Poida que a cousa estea sen decidir.
Persoalmente, penso que o título debe poñerse na lingua orixinal, pero non me dou conta de se hai políticas ó respecto. Penso iso porque é o máis común en Categoría:Películas, porque as traducións dos títulos non son sempre literais, e porque é imposible controlar cales son as películas traducidas e que título teñen. De haber un título galego, creo que se debe redirixir ó título orixinal.
Así a todo, a miña é unha opinión. Non lembro nada escrito ó respecto. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 21:08, 25 febreiro 2008 (UTC)
-
- Localcei algo sobre o tema:
- - Wikipedia:A Taberna (políticas)#Títulos de películas
- - Wikipedia:A Taberna (axuda)/Arquivo/Marzo 2006#Títulos de libros, algo se fala das películas.
- Non dei con máis información --Lmbuga Commons - Galipedia 21:19, 25 febreiro 2008 (UTC)
- Boas, Iago!
persoalmente, cando teño algún problema relativo ó cine, consúltoo con Usuario:Uxío; recoméndocho encarecidamente.
respecto ó dos títulos, ponse en galego cando existe a tradución ó galego (podes ver o artigo Lista de estreas de cine en lingua galega), se non, ponse o título orixinal.
Lémonos! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 16:46, 26 febreiro 2008 (UTC)
[editar] Wikipedia:Imaxe da Semana/Propostas
Fan falla imaxes da semana. Propuxen unha imaxe túa. Prégoche que mires se algunha das outras che parece merecente. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:33, 15 abril 2008 (UTC)
- Xa que respondiches a miña mesaxe, atrévome a facerche un comentario (ó cal non é preciso que lle fagas caso, estás no teu dereito de facer como queiras). Creo que sería máis doado que eu propuxese imaxes túas ou que as apoiase se cando menos tivesen un tamaño de 1600x1200 píxeles (podes comprimilas algo). Quizais a túa conexión a internet dificulte que subas imaxes dese tamaño. Eu son remiso a propor imaxes de menor tamaño para imaxe do día. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 18:49, 16 abril 2008 (UTC)
[editar] Wikipedia:Imaxe da Semana/Propostas
Faltouche un paso para propola. Ademais do que fixeches tiñas que facer o que eu fixen en Wikipedia:Imaxe da Semana/Votacións. Se les detidamente Wikipedia:Imaxe da Semana/Propostas#Como engadir unha candidatura a Imaxe da Semana, está explicado.
Variei un pouco a imaxe. Parecíame moi torta para ser imaxe do día e tiña doada solución. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 18:11, 22 abril 2008 (UTC)
Porsuposto amigo, podes poer miña imaxe no portal, Saudos de México —Marrovi 21:04, 22 abril 2008 (UTC)
[editar] Casas de indianos
Ola, Iago. Puxen as coordenadas de localización de dúas das casas, para que se podan localizar por exemplo por Google Earth. Da outra teño unha dúbida da posición. Cando pase por alí a próxima volta, mirarei a ver. As que puxen eu son relacionadas con Ribadeo (as que subiches ti son do concello de Barreiros). Un saúdo.--Agremon(contacto) 19:32, 23 abril 2008 (UTC)
[editar] Datas das imaxes
Penso que eses datos, os das datas, son pouco relevantes. Podes tirar unha foto no 2003 e subila no 2008. A data coa que colocas a imaxe no dominio público é a do 2008. Sinceramente non lle vexo problema á imaxe, inda que na data puxera 2008.
Creo que é unha das poucas veces en que alguén me manifesta que se preocupa por algo que nunca cheguei a imaxinar que puidese preocupar. Actualiza a data da cámara e xa non terás ese problema (é o único que podo dicir). A imaxe ten oos datos que se esixen correctos (licenza, orixe e autor), polo que non ten problemas. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 17:40, 27 abril 2008 (UTC)
- Ola Iago, a imaxe anarquista é interesante. É difícil achar unha imaxe para un artigo como Anarquismo. Se podes facer unha mellor, agradeceríacho. --Lmbuga Commons - Galipedia 17:41, 29 abril 2008 (UTC)
[editar] anarquismo
ola Iago; pasado mañá celébrase en Pontevedra unha manifestación convocada pola CNT para celebrar o 1º de Maio. Invítote a vir e tirar fotos para o artigo. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 18:00, 29 abril 2008 (UTC)
[editar] Novo Emden
Noraboa, Iago, por crea-lo artigo. Tíñao entre os meus proxectos porque o certo é que foi toda unha HISTORIA da postguerra do Grove e ben mereceía aparecer na Galipedia. Pero... (sempre hai peros) eu sería respectuoso co nome do barco en castelán (Nuevo Emden), aínda que ben sei que na escasa bibliografía existente adoitan traducilo por "Novo". Outra observación é sobre a cita que transcribes de Juan Aguiño. Eu non teño o libro pero lembro que o orixinal (escrito por el mesmo á man) estaba en castelán, e de ser así, creo que as citas, entrecomilladas, deberían respecta-lo orixinal. Aínda así, no caso de traducir, observo que se mesturan formas normativas ou non, como "éramos" e "avogabamos"; "pedíamos" e "pediamos". Se así estivese no orixinal que copias, acabouse a discusión, pero compróbao, non sexa un erro ó copiar. Repito, en calquera caso, a miña noraboa. ¿Sabías que o barco aínda existe, alá arrumbado en Miami, e que queren traelo acá? Pedro --Lameiro (conversa) 12:57, 12 xuño 2008 (UTC)
- Iago, bótalle un vistazo ó Novo Emden, no que lle engadín máis información. Mágoa que non teñamos imaxes que poñer. Igual fago un mapiña co itinerario da longa viaxe. Verás que deixei a cita en galego (tes razón en que non desvirtúa a cita o facelo traducido) aínda que engado que é unha tradución. Xa me contarás se ves algún erro, algun dato inconexo ou se che ocorre algo máis. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:24, 13 xuño 2008 (UTC)
- Grazas. Alégrame que che guste o resultado. Estou totalmente de acordo co que dis sobre crear e profundar sobre temas máis nosos, pero isto hai que dicilo coa boca pequena, que se non nos aplicarán o marcador "galeguizar e desgaleguizar" ;-). Unha aperta, Pedro --Lameiro (conversa) 21:15, 14 xuño 2008 (UTC)