See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Conversa Usuario:Estevoaei - Wikipedia

Conversa Usuario:Estevoaei

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Estevoaei☛ ☏ pa o que queiras...

Arquivo de mensaxes antigas:
desde agosto do 2007

Índice

[editar] Perfecto Feijoo

  • Bravo polo artigo!!!! A ver se atopo algo máis para lle engadir. Saúdos.--Alma (fálame eiquí) 19:48, 10 febreiro 2008 (UTC)

Ola Estevo. Gústanme as críticas, así que non te preocupes por iso. Si, efectivamente tes razón en que moitos artigos tradúcense da wiki española, mais iso non é motivo para fomentalo aínda máis e menos ligando cara artigos mediocres ou malos (ou cando menos non demasiado bos). Cando se pon un link na páxina adoita ser cara unha páxina que ten moita e boa información da que tirar un bo artigo. Ese non era o caso, creo, dos artigos dos que eliminei a ligazón. E o de Anatoli Karpov non sabía que existía o artigo, simplemente mudara o y polo i sen saber que xa existía, a cadrou a coincidencia. Un saúdo. AlberteSi, digame? 21:11, 10 febreiro 2008 (UTC)

[editar] Anulación de votos

Ola, Estevoaei. Recuperei a anulación de voto da votación sobre Wikipedia:Normas antimonicreques. Non é un caso de vandalismo, porque con iso non se está danando a integridade da wikipedia, senón precisamente protexéndoa conforme o que sinalan as regras de Wikipedia. Non se está con iso excluíndo ningunha edición, ningún traballo nin ningunha persoa. Só corrixín e reencamiñei un comportamento que non é ético nos procesos de consenso e votación, e que está perfectamente tipificado nas normas wiki. Agardo que entendas a decisión. Creo que se a analizas con calma te decatarás de que é a correcta. Un saudiño. --Xabier Cid 08:21, 12 febreiro 2008 (UTC)

Ola, Estevoaei. Agardo que coas miñas últimas explicacións se aclarasen algo máis as cousas. Pero quero comentarche ademais algúns detalles a teor do que dixeches na páxina de Bloqueos e proteccións. En primeiro lugar, e como xa expliquei, non lle chamei nada a ninguén, senón que tentei corrixir un comportamento que está perfectamente tipificado nas normas da wikipedia. Levar unha acción sobre unha edición (neste caso sobre un voto) ao terreo persoal non parece axeitado. Por outra parte, non desviei comentarios: un editor estaba facendo inadvertidamente edicións nunha páxina pechada, o que é incorrecto. Non estaba votando, estaba comentando esa votación. Pola mesma razón, non trasladei a explicación que fixeches da reversión da anulación. Actuei correctamente conforme as normas do wiki e non se lle causou ningún dano ao proxecto, posto que todos os comentarios están aí. Finalmente, creo que existe unha sutil diferenza entre unha advertencia e unha ameaza. Parte da función dos administradores (así o entendo eu) é actuar de maneira que se reduzan ao mínimo posible os bloqueos e outro tipo de sancións. Quizais outra xente crea que o que ten que facer un administrador é aplicar as normas do wiki; porén, creo que hai marxe pra intentar corrixir os erros antes de que estes sexan irresolubles. Lamento fondamente que non se entenda así. Agardo tamén que comprendas o erróneo de determinados comportamentos relacionados co consenso e as votacións. En todo caso, é parte do meu labor darche calquera tipo de explicación que me solicites. Un saudiño. --Xabier Cid 17:44, 12 febreiro 2008 (UTC)

[editar] cea

Non puiden ir á cea porque fun con miña nai e meu irmán a Vigo e pasamos alí toda a tarde (espero que outra vez poida ser). Teño ganas de seguir cooperando pero agora estou en época de exames e teño que estudiar, gustaríame facer artículos sobre o manga e anime Naruto, pero non sei alguén o leerá en Galego en vez de ir a outra Wikipedia, crees que sería unha boa idea facelo?--Kekoroto 15:19, 12 febreiro 2008 (UTC)

[editar] Ramón Valcarce

Ola, Estevoaei. Pechei a votación sobre este artigo porque existen determinados casos onde non procede votar o borrado. Hai casos nos que se debe optar polo borrado rápido (insultos, textos noutros idiomas, autopromoción, etc.). E hai outros casos onde hai que optar pola fusión. Existen dous artigos sobre o mesmo, e o que hai que facer é aproveitar os contidos dos dous e manter os historiais dos dous. Bótalle un ollo. Un saudiño. --Xabier Cid 09:36, 13 febreiro 2008 (UTC)

Desculpa. Nin sequera o que dixen antes era certo. O artigo que sinalabas ti para marcar debe ser borrado directamente, por ser un duplicado exacto de outro e un título erróneo. Pero é que ademais Ramón Valcarce tamén debía ser fusionado con Moncho Valcarce, que tamén existía. Fixen todo isto, pois. Parabéns polo curre, en todo caso. Un saudiño --Xabier Cid 09:47, 13 febreiro 2008 (UTC)

[editar] Cangas

Pola miña parte non hai problema, estou de acordo contigo--Hugo22 13:10, 15 febreiro 2008 (UTC)

[editar] Re:fotos

Ola Estevoaei. Na Galipedia non se contemplou a posibilidade de crear categorías de imaxes por usuarios. Pero hai outras dúas:

  • Podes crear subpáxinas á túa páxina de usuario, con ligazón na túa páxina de usuario, do tipo Usuario:Estevoaei/Galería de imaxes, que á súa vez poden conter ligazóns a subpáxinas, por exemplo, Usuario:Estevoaei/Galería de imaxes/Fotos excelentes.
  • Nesta ligazón tes todas as túas imaxes. Están ordenadas cronoloxicamente. Ás veces (raras veces) por problemas técnicos esta ligazón deixa de funcionar. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 17:59, 15 febreiro 2008 (UTC)

[editar] bot

Ola Estevoaei ! Veño de ver que lle fixeches a benvida a un bot. Habria que decirlle ao ksh:Metmaacher Klaaf:Purodha (nas suas linguas, ou supoño en ingles onde leva un nivel 3) que ten que propor o seu bot a votacios. Eu non falo ingles. Vin que na wiki francesa estuvo aprobado e pareceme que traballa ben. Saudos e pola sombra, como dis tu ElviraConversa con mi 10:50, 16 febreiro 2008 (UTC)

Amañado, ;) --Xabier Cid 19:30, 16 febreiro 2008 (UTC)

[editar] Taboleiro

A páxina Wikipedia:Taboleiro dos administradores non é para editar, aí simplemente aparece o texto das subseccións que ten á súa vez. O teu comentario de fusión dos artigos do Camiño de Santiago paseino á sección correspondente, ou sexa, Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios. O taboleiro funciona de xeito parecido á Taberna: en Wikipedia:A Taberna aparecen todas as mensaxes de todas as seccións que posúe, mais as devanditas mensaxes deben ir en cadansúa sección: propostas, técnica, axuda, xeral... Non sei se me expliquei, se non entendiches faimo saber e vólvocho explicar mellor. Un saúdo. --Toliño Fala aquí comigo 18:03, 20 febreiro 2008 (UTC)

[editar] Bleach

Xa vira o artigo Bleach cando busquei: Naruto por primeira vez para ver se añguén o fixera. Aínda así grazas pola información, pode que o corrixa un pouco, pero de momento teño exames no instituto e teño que estudar.--Kekoroto 16:10, 21 febreiro 2008 (UTC)

[editar] Ola! :)

Ola Estevoaei! Thank you so much for your warm welcome! I really appreciate it. Could you please help me make a small expansion to this PIP article's translation? This would really signify so much to me! ;) Thanks again, Estevoaei, all my best, C 06:10, 22 febreiro 2008 (UTC)

[editar] Imaxes Igrexafeita

Ola Estevoaei. As fotos da igrexa de Igrexafeita son autoría de César Galdo (eu) e quero que calquera as poida utilizar para o que queira. Un saúdo.

[editar] Borrados e fusións

Ola, Estevoaei. Cando existen dous artigos con títulos distintos sobre o mesmo tema, non se propoñen para borrar. Márcanse coa etiqueta de Fusión, para que se fusionen os contidos (o que pode facer calquera editor) e para que se fusionen os historiais (traballo que lle corresponde a un administrador). Para calquera dúbida que teñas, conta comigo. Un saudiño. --Xabier Cid 12:10, 23 febreiro 2008 (UTC)

Ah, para marcar os artigos como fusión, bótalle un ollo a Wikipedia:Lista_de_mensaxes_predefinidas#Traslado. --Xabier Cid 12:37, 23 febreiro 2008 (UTC)

[editar] O nome da rosa

Amañado. Saudiños. --Xabier Cid 01:02, 26 febreiro 2008 (UTC)

Sorry. Non é a primeira vez que me queda atrás a páxina de conversa... Moitas grazas! Agora creo que está amañado --Xabier Cid 17:13, 26 febreiro 2008 (UTC)

[editar] Nomes de películas

Grazas polo consello. Coma me parecía que non había un acordo, pensaba en editar tal e coma se acordou aquí (http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:A_Taberna_%28pol%C3%ADticas%29#T.C3.ADtulos_de_obras_literarias_traducidos_ou_sen_traducir.3F) para as obras literarias, isto é, o título en galego e a continuación, entre parénteses, o título na lingua orixinal, pero se hai outro acordo para as películas, pois logo fágoo así. Saúdos, e grazas. --Iago 16:53, 26 febreiro 2008 (UTC)

[editar] Pedidos

Como supoño que entenderás que non estou afeito a que se me trate con distingos, bos ou malos, a situación actual fai que non vaia a editar na Galipedia polo que eses encargos van quedar aprazados polo momento sen tempo determinado de entrega. Como non pagaras por adiantado non tes dereito a indemnización algunha. Espero voltar a ser compatible coa crusada. Saúdos e ponte moreno. Lansbricae (Ti dirás) 21:20, 26 febreiro 2008 (UTC)

[editar] Mirkwood

Si, a min tamén me gusta máis "fraga" que "bosque", mais por desgraza, o señor Moisés R. Barcia, que traduciu a triloxía d'O Señor dos Aneis e mais O Hobbit, empregou consistentemente "Bosque Escuro", así que por coherencia, cómpre deixalo así, que se lle vai facer :). Hai que dicir que de todos os xeitos, a tradución da obra é verdadeiramente excelente, así que se lle perdoa haha.--Manudosde 17:29, 27 febreiro 2008 (UTC)

[editar] autovias estradas e demais

Moitas gracias Estevoaei ! Saquachemes dun apuro ! Co arranque tamen fun mover as outras wikis que levavan a AP-6 da francesa. Penso que comprendin, si ainda ves erro, non dudes en decirmelo e / ou corrixir. E pola sombra como dis tan ben ! ElviraConversa con mi 21:52, 27 febreiro 2008 (UTC)

[editar] RE:Castelo de Pambre

Ola, pouco podo aportar xa que pouco aprendín de nobreza... Tampouco son partidario de comentar edicións que incumpren a regra de que non se borren contidos (agás os vandálicos) sen pasar antes pola páxina de conversa xa que ademais de tratarse dunha norma da wiki consideroo unha falta de respeto cara ao traballo do anterior editor.

Neste caso concreto creo ter lido que o propietario do que falas autotitulouse conde e que popularmente era coñecido como tal, pero ise foi un fenómeno bastante habitual entre os nosos caciques de principios do século XX. Da trapallada de dúas guías que teño de castelos de Galicia nada se fala dos propietarios, polo que nada podo aportar a maiores.

Sobre desfacer a edición de borrado ou non creo que é pregunta para os administradores.

Pese a non aportar nada contestei á túa mensaxe na miña páxina de conversa por non ser descortés. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 09:38, 28 febreiro 2008 (UTC)

[editar] arredor da cuestión nacional

Empregar a etiqueta de discordo na miña páxina de usuario para chamar a atención é unha falta de respecto. Rógolle se quere dialogar comigo que a retire. Despois procedetremos ó diálogo. se o diálogo cabe.--Lmbuga Commons - Galipedia 17:24, 28 febreiro 2008 (UTC)

  • Compréndote perfectamente. As nosas perspectivas e espectativas son diferentes como diferente é a nosa experiencia. Mais iso non é discutible, simplemente é a miña opinión e a túa opinión. O único discutible é se o bloqueo procede segundo as políticas, políticas que nin nomeei por evidentes. Se queres saber por min da miña visión da miña estadía na Galipedia (2 anos e medio -creo-) fágoo por correo, pero non vou intentar convencerte de nada, só comentarche as miñas experiencias. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 17:38, 28 febreiro 2008 (UTC)
  • Pois como ves, entendo que o diálogo sobre as miñas experiencias na Galipedia non cabe aquí (cousa que xa entrevía antes), son miñas e non quero publicalas, iso si, estou disposto a comentarchas por correo. Rógoche maior respecto--Lmbuga Commons - Galipedia 17:41, 28 febreiro 2008 (UTC)
Vou serche sincero (estou facendo 2 cousas a un tempo no ordenador, por necesidade laboral, e poida que ás veces tarde en responder), son habitualmente moi sincero. O que máis me molestou da túa primeira mensaxe non foi o marcador. O do marcador (a explicación que dás) comprendino á primeira, xa sabía que moi probablemente escribiras o marcador por hábito. O que me molestou en realidade foi o título da mensaxe, porque entendo que con apreciacións coma esa non lle fas precisamente un favor a Lansbricae nin á Galipedia. Lansbricae sabe -creo- a opinión que eu teño del. Si estou disposto a dicir aquí que o coñecín persoalmente e que podo argumentar que é unha excelente persoa (non digo que podo dicilo, digo que podo argumentalo, que é moito máis). Mesmo -e non pretendo ser irónico senón rirme un pouco de min mesmo e relativizar o que acontece na wiki- creo que actualmente ten máis posibilidades de ir ó ceo das que teño eu, pois eu case o duplico en idade e, ademais de ter tempo para cometer moitos erros, cometín moitos erros.
Quero dicir con isto que unha cousa é unha excelente persoa e outra que as actitudes e procedementos que esa persoa teña en contextos concretos sexan válidos. Ó bloquear na wiki non xulgamos as persoas, iso si, facemos unha valoración do proceder do usuario.
O bloqueo, evidentemente, téñoo moi claro. Como teño claro que se non retira a etiqueta da súa páxina de usuario entre hoxe e mañá lle cae outro (pois el xa está ó tanto do que ocorre). Iso si, estou disposto a escoitar e é posible que cambie de opinión se alguén me convence de que o mellor para a galipedia é actuar doutro xeito.
Antes de bloquealo por 2 horas -cousa que acabo de facer-, inda que non é preciso, pedinlle explicacións. se chega a dicir que o sentía e retirar as súas palabras, o bloqueo non tiña sentido, non o tería feito; pero non foi así e as explicacións foron totalmente insuficientes.
Coma ti, creo que é un usuario importante ou importantísimo na Galipedia. Ten moito que aportar e pode aportar moito, pero...(deixo sen rematar esta secuencia: non expreso en público a crítica por respecto, inda que o que ía dicir non afecta para nada á súa calidade persoal).
Desculpa se tardo en contactar contigo por correo, fareino, pero teño moito traballo, a 2ª avaliación está aí e ademais de corrixir teño deberes que facer en Cmmons e na Galipedia. Iso si, non o esquezo.
Grazas por desculparte, pero desculpa ti tamén a miña brusquidade (o terte tratado de vostede,...). A verdade é que odio establecer unha conversa cando o ton non é adecuado: encántame dialogar, pero non soporto discutir. Estou convencido de que se alguén cambiou de opinión algunha vez oíndome a min, cambiou por si só (o que máis mérito ten é o acto en si de cambiar), eu só puxen -se algunha vez alguén cambiou de postura ante algo-, como moito, unha pequena pedra no camiño das ideas: o protagonista, o que a min me impacta, é -para min- aquel que é capaz de cambiar e non o que convence.

por outra banda, encantado de que non esteamos de acordo, así se fai mundo: estou disposto a aprender. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 18:50, 28 febreiro 2008 (UTC)

[editar] Memoria e pasado

Ola, Estevoaei. Quería facerche un par de comentarios sobre a xestión da memoria. Non creo que ninguén queira agochar o que pasou en todos os meses anteriores. De feito hai un arquivo que se pode consultar, porque grazas ao sistema, nada do que se di se perde. Pero se un ten unha visión algo global da wikipedia sabe que as discusións entre colaboradores conseguen facer que outros editores, que podían ser valiosos ou mesmo fundamentais, se desanimen. Seguir a debater sobre cuestións do pasado só causa satisfacción parcial para o editor afectado, fastío no asministrador e, o que é máis importante, un rexeitamento fondo por parte do rest dos usuarios. Comentarios como eses vémolos, por desgraza, moi a miúdo. Por último, na wikipedia está recomendado o bo humor, a empatía, a calidez... pero non é a barra dun bar. A wikipedia é un traballo serio e entre persoas adultas, e a ironía e o sarcasmo non teñen lugar, ao igual que non o teñen no consello de administración dunha empresa ou no texto dunha enciclopedia en papel. Pero non é que o diga Lmbuga: eses son os principios da convivencia que rexen todos os proxectos de wikipedia. Un saudiño --Xabier Cid 17:54, 28 febreiro 2008 (UTC)

Claro, non estaba a falar de discusións xenéricas, senón de volver sempre a unha cuestión que está pasada. É aí onde se desanima a xente, sobre todo cando se berra, se insulta e se empregan as malas formas, que é cando os debates, en vez de ser ilustrativos e servir de aprendizaxe colectiva, se convirten en pelexas cíclicas sen saída. É verdade que discutir forma parte do traballo dos administradores, pero iso non quere dicir que se faga con gusto. Creo que os dous coincidimos sobre cando e como se debe usar o humor, :) --Xabier Cid 22:19, 28 febreiro 2008 (UTC)

[editar] "Os Atlánticos"

Da serie "Os Atlánticos" controlo bastante. Estiven a piques de crear un artigo cando se estreou (de feito, enviei unha ficha da serie a IMDb). Teño pensado crear artigos de todas as series de ficción galegas (teño en mente propoñer un redeseño das plantillas para as prducións audiovisuais e teatrais, fichas dos actores, etc.). "Pratos combinados" é a primeira serie destas características (anterior é "Os outros feirantes", pero é outro tipo de produción), a segunda é "A familia Pita", a terceira é "Mareas vivas", etc. Seguirei, máis ou menos unha orde. Se cadra, creo os artigos de todas as series que faltan e logo xa se irán ampliando. Iso si, do actor Xoel Fernández en concreto non teño moita información, pero da serie teño bastante. Un saúdo. --Uxío 21:30, 29 febreiro 2008 (UTC)

[editar] Urania Mella

Erro meu claro e absoluto. Esas cousas non é necesario que as comentes. Restaura directamente, e se tal di por que no resumo e ben chega. En fin, creo que vai sendo hora de ir prá cama... Un saudiño. --Xabier Cid 00:55, 2 marzo 2008 (UTC)

Como prefiras. Todo perfecto. Pero ao meu ver non hai ningunha situación enrarecida. Sobre algúns temas ti tes unha opinión e eu teño outra, pero iso non debe afectar o traballo normal da wikipedia, non? Un saudiño. --Xabier Cid 11:33, 2 marzo 2008 (UTC)

[editar] Vandalismo

Parabéns polo traballo que estás a facer contra o vandalismo! --Xabier Cid 13:29, 5 marzo 2008 (UTC)

[editar] Editar efemérides

Hola Estevoaei.

Podes engadir o que consideres oportuno dende a páxina Wikipedia:Efemérides Destacadas/5 de marzo. Tamén podes revisar as que están por chegar en Wikipedia:Efemérides Destacadas, non vaia a ser que se nos escapase algunha máis.

Saudos, e grazas polo aviso Miguel.lima 16:56, 5 marzo 2008 (UTC)

aaaaaamigo. Pois non o sabía. Resulta que estabas máis enterado ti ca min. :P Miguel.lima 17:04, 5 marzo 2008 (UTC)
ben... parece que cheguei tarde. De feito, xa nin sequera é mércores... :) Un saúdo.--Xabier Cid 00:46, 6 marzo 2008 (UTC)

[editar] Soñeiro

Estevevoaei: Grazas polas modificiacións, está todo ben. Corrixirei outros artigos en base ao mesmo esquema. Usuario:Manuel Pérez Lorenzo

  • Grazas polos parabéns, a verdade é que cando comecei a colaborar pensaba que era importante ter moitos artigos o máis rapidamente posible, agora doume de conta que non serve de nada chegar a por exemplo 100.000 artigos se estes non teñen unha calidade mínima, non axuda para nada a propagar o interese na Galipedia pero ter 100.000 artigos cunha calidade comparable ou mellor que as principais wikipedias iso é facer da Galipedia un instrumento útil para o galego e para os que a consulten. O reto é difícil pero paga a pena. --Arco de Rayne 12:01, 8 marzo 2008 (UTC)

[editar] Nájera

Vou empezar a facer os artigos relacionaados coa páxina que me dixeches, pero, por favor, pídoche que os botes unha ollada, porque o meu galego é moi malo. --Chabi 15:25, 10 marzo 2008 (UTC)

[editar] Parroquias de Narón

Grazas Estevoaei, gustoume a parroquia á que me dirixiches. Agora mesmo teño a cámara estragada, creo que caeu, non sei se amañala ou mercar unha mellor.--PepedoCouto 16:26, 10 marzo 2008 (UTC)

[editar] Karpin

Pois non estou moi de acordo. As altas e baixas perpoden ser cómodas cando levas dúas temporadas, pero cando leves sete xa se perde a lista de ciclistas, e hai que buscar quen foi alta en 2007 que non se deu de baixa en 2009. :) Quizais de poida crear un artigo coas temporadas pasadas, pero creo que polo de agora non é moi necesario. Un saudiño. --Xabier Cid 23:24, 12 marzo 2008 (UTC)

[editar] Semana da Calidade

  • Fixeches un traballo caralludo, moi bo. Eu esta semana non puiden facer o que me propuxera xa que estiven enfermo e aínda non estou ao 100‰. --Arco de Rayne 16:11, 13 marzo 2008 (UTC)

[editar] Vandalismos reiterados

Ola Estevoaei! Penso que os vandalismos foron o suficientemente reiterados e ademais foi suficientemente consciente de ir recuperando o texto a canda se desfacía a edición que considerei un mes como unha opcón válida (creo que non é ningunha esaxeración, certamente). Para aclarar aínda máis a idoneidade do bloqueo aínda foi quen de rexistrarse e seguir co teima. Por certo, que o texto non ten por que ser verdade, e se o fora sería grave posto que dá un nome e o alcume dunha familia e o lugar onde viven, o texto é claramente inapropiado e aínda por riba... está en castelán :) Agardo terche aclarado a dúbida sobre o bloqueo. AlberteSi, digame? 21:01, 14 marzo 2008 (UTC)

[editar] Álvar Páez

Por agora fixen a desambiguación, vai ser difícil atopar algo destes dous se non é en monografías, se podo paso pola biblioteca e vexo que podo encontrar. Un saúdo e agardo volver a colaborar como antes, pero entre o pouco tempo que teño e que cada vez que paso por aquí hai unha nova pelexa...

--emilio juanatey(talk) 16:06, 17 marzo 2008 (UTC)

[editar] Lugares das Parroquias de Narón

Grazas Estevoaei, xa empecei coas caixas. Ainda dan choio! Sobre todo transformar a primeira.--PepedoCouto 18:00, 26 marzo 2008 (UTC)

Listas de vexiloloxía Pois si, desde aquela explicación está aí. Mais non sei como quitala.--PepedoCouto 19:40, 28 marzo 2008 (UTC)

[editar] Commons:Image:Hantelac.jpg

Ola Estevo. Marcáronche esta imaxe para borrar, pois nun despiste retirácheslle a licenza. É preferible que lla coloques ti de novo e non que o faga eu. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 18:46, 27 marzo 2008 (UTC)

[editar] Imaxe e triatlón

A imaxe está borrada. O dos triatletas, xa veremos a ver que fotos fas. Eu estiven no debú da selección galega en Estoril, pero todas as fotos que fixen foron prá miña empresa, damn it! Que envexa estares en Pontevedra! --Xabier Cid 20:24, 5 abril 2008 (UTC)

[editar] Re:Kim Ki-duk

Ola, Estevo! Que tal? Boteille un ollo ao teu artigo (por certo, vin que hai uns detalliños sen traducir do castelán, non toquei nada por se o tes da túa man así). Non me consta ningún título con estrea en galego (o que, como sempre digo, non garante que non exista tal). Pero fixeime que ti traduciches os títulos das películas como Primavera, verano, otoño, invierno... y primavera ou Hierro 3. O máis probable é que se esas películas chegan a ter a súa versión en galego -oxalá que así sexa-, é que eses sexan os títulos que teñan (sobre todo se a dobraxe ou o subtitulado está encargado pola TVG), pero non é seguro nin que se cheguen a existir esas versións no noso idioma e, de facerse, que eses sexan os títulos. Eu considero que os títulos, se non existen en galego, non deben figurar así, xa que leva a confusións. Tomo como exemplo a película pola que querías empezar, Hierro 3 (Bin-jip): O título do artigo sería Bin-jip, ata non dispoñer dun título oficial en galego. Logo, no artigo, especificaría o significado do título orixinal (creo que este vén sendo "Casas baleiras") e, tamén apuntaría o título co que se estreou a película oficialmente en Galicia, que non é outro que o título en castelán, Hierro 3. O día en que se faga unha versión oficial en galego o título do artigo pasaría a ser o do título galego, a especificación sobre o significado do título orixinal manteríase sempre que o significado do título galego non se correspondese co título orixinal e o apunte do título en castelán podería desaparecer ao existir un título oficial en galego. Isto, máis ou menos, é o que eu vexo máis correcto. Lamento, unha vez máis, non ser de máis axuda co dos títulos, pero agardo que atopases interesante este parágrafo. Para calquera cousa, aquí estou. Un saúdo.--Uxío 22:14, 6 abril 2008 (UTC)

[editar] Re: Lista de estreas de cine en lingua galega

Ola! O tipo de táboa que suxires paréceme moito máis práctico có que se vén empregando no artigo do que estamos a falar. De feito, hoxe mesmo hoxe púxenme a barrenar en como se podería distinguir mellor a versión de cada filme en galego (dobrada, orixinal ou subtitulada), e non daba con ningunha solución que me convencese: Ti acabas de facelo. Moitas grazas. Xa fixen unha proba para aprender a usar este novo modelo de táboa correctamente. En canto poida, comezo o traslado do artigo a este novo estilo. Tamén teño pensado mudar o artigo a un novo título, xa que no artigo inclúo varios telefilmes, nunca emitidos en cines. Vou recorrer ao Dicionario e á Gramática para dar coa opción máis correcta posible. Se cadra, creo o novo título e vou pasando os datos que hai agora ao novo formato e manteño o título vello coa táboa tal e como está ata que o teña trasladado por completo e xa se poida borrar todo. Grazas. Xa sabes, calquera comentario ao respecto, aquí hei estar para ler. Un saúdo. --Uxío 18:09, 13 abril 2008 (UTC)

  • PD: Esquecíame dunha cousa: Xa ves que no artigo, tal e como está agora, hai unha táboa para cada inicial, para así, poder seguir desde o indice un determinado grupo de películas; isto queda bastante mal para o artigo completo. Hai algunha forma de crear unha soa táboa e marcar, aínda así, un índice alfabético? Se non, penso que tampouco é moi importante manter o índice, xa que a lista componse alfabéticamente. Que che parece?--Uxío 18:19, 13 abril 2008 (UTC)
    • PD2: Outra cousa: Que se pode facer coas producións que teñen varios directores? Porque, tal e como está redactada agora esa sección, na nova táboa só atoparía o primeiro director acreditado, se se queren buscar os películas a través da categoría "Dirección"...--Uxío 18:38, 13 abril 2008 (UTC)
  • Ola, Estevo!

Pois, en principio, para os títulos que teñan máis dun director, poñerei todos os directores na orde na que aparecen en IMDb e, se se queren buscar alfabéticamente por director, detectarán o primeiro, que adoita ser o director de referencia (como ocorre, por exemplo, en Foise co vento) aínda que non sempre é asi. Un saúdo.--Uxío 11:40, 15 abril 2008 (UTC)

  • Grazas, Estevo. A ver se me poño a fozar nese programa que me recomendas. Saúdos.

--Uxío 09:05, 18 abril 2008 (UTC)

    • Outra cousa, un pouco máis á marxe do tema pero a raíz del:

Saberías dunha táboa das características desta que me amosaches para mudar os datos das películas pero fóra da Wikipedia? É que me viña de marabilla para organizar certos datos meus: Organizar as miñas películas, discos, libros... e outras cousas, todas elas, asuntos persoais. Sexa cal sexa a resposta, grazas por anticipado.--Uxío 21:11, 15 abril 2008 (UTC)

[editar] Novela Negra

Ola!

Vexo que estás traballando neste artigo. Non tés a sensación de que se confundíu con novela policíaca? Ao inicio descríbese en que se distingue da policíaca convencional e , non sei, acabo de engadir a Domingo Villar na lista de novela negra galega e de paso iniciar o artigo de Camilleri, e teño a sensación que nin un nin outro son novela negra. A lectura fáiseme moi divertida con detalles humorísticos (sobre todo en Camilleri) e os protagonistas non parecen derrotados. Un saúdo. Súalaxe 21:25, 15 abril 2008 (UTC)

[editar] Charlas en Ordes

Hai novidades sobre o tema das charlas en Ordes. -- Sobreira (parlez) 21:57, 15 abril 2008 (UTC)

Hola Estevoaei,

Perdona por no escribir en galego, desgraciadamente no sé :-( Soy el autor de la página en castellano Luis Sánchez-Harguindey. Acabo de descubrir con inmenso agrado que has traducido esta página al gallego y solamente quería agradecertelo enormemente, por tu trabajo y por tu enorme ayuda. Él estaba orgullosísimo de su tierra y él te lo habría agradecido tanto o más que yo mismo.

¡Gracias infinitas por tu trabajo!. Me he permitido añadir algunos datos más para que estuviera en consonancia con la página en castellano.

Manuel.

[editar] Imaxe:Galiciamierda.jpg

Borrei esta imaxe por copyvio. A licenza da páxina http://aregueifa.net/index.php?option=com_content&task=view&id=84 é http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/2.5/deed.gl, polo que non é compatible coa Galipedia, nin con Commons. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:48, 15 abril 2008 (UTC)

  • O mesmo para Imaxe:EW.jpg. A licenza Crwative Commons non permite o uso comercial. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:51, 15 abril 2008 (UTC)

[editar] proposta de borrado

Ola Estevoaei ! Perdoa pero non dou comprendido o que propos eiqui : Wikipedia:Votacións para borrar#15 de abril de 2008 ¿?. A ver si podes aclararme ? Gracias e ... pola sombra ! ElviraConversa con mi 11:02, 16 abril 2008 (UTC)

Non sei que chapuza fixeches (lol). Vale, gracias ElviraConversa con mi 16:04, 16 abril 2008 (UTC)

[editar] Wade Matthews

Algo fixen, da para comezar e pouco mais. Ultimamente non é que non queira colaborar, é que paso demasiadas horas diante do computador traballando e cando teño tempo libre non me apetece nen ler o correo. Cando estexa mais libre teño xa alguns proxectos de artigos, a verse coincidimos. Un saúdo!

P.D. E a ver se podo ir á próxima xuntanza e tomamos unha caña! --emilio juanatey(talk) 22:18, 19 abril 2008 (UTC)

[editar] Imaxe Wm.jpg

Ola Estevoaei. Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. O nome desta imaxe está mal escrito ou é incompleto, erróneo, críptico, ou non conforme ás convencións de nomeamento. Antes de ser borrada, agradeceríamosche que renomees esta imaxe  a "Image:Wade Matthews. Sala Nasa de Santiago de Compostela" ou a un outro nome máis adecuado.

Para renomeala:

  1. carga a imaxe co nome novo,
  2. fíxate se a imaxe que ten o nome incorrecto está sendo usada noutros arquivos e substitúe en ditos arquivos o nome da imaxe vella polo da imaxe nova. Para isto, localiza a imaxe e, visualizando a imaxe, fai clic na ligazón "Páxinas que ligan con esta" no lateral esquerdo da pantalla.
  3. edita a imaxe e substitúe o marcador {{NomeIncorrecto|...}} por {{BorrarImaxeDuplicada|Imaxe:Nome da imaxe nova que se vai manter}}.

Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 19:51, 21 abril 2008 (UTC)


[editar] 85.91.81.188

Se non me engano esa IP é a que utilizades no voso instituto parece que un dos teus alumnos aprovéitaa para realizar vandalismos [1]. Nada grave, ao ser detectado xa se corrixiron e se a cousa non vai a máis non ten importancia pero tampouco se pode permitir que se desmanden. Se estou nun erro e non tes nada que ver coa IP perdoa polo erro.--Arco de Rayne 13:56, 23 abril 2008 (UTC)

Vaia, entón é imposible saber desde onde se fixo, pero tes razón que no conxunto desa IP os vandalismos son casos illados mentres son abondosas as edicións boas. --Arco de Rayne 15:02, 23 abril 2008 (UTC)

[editar] fotos

Ola Estevoaei, grazas polo teu alento, aínda que ultimamente semella que andamos á competición. Aproveitei o bo tempo e saín coa moto. O que colgue hoxe é o resultado desta saída.Pa o que queiras como ti dis.--PepedoCouto 20:59, 25 abril 2008 (UTC)

[editar] Aclaración

Ola! Moitas grazas polas aclaracións, así poñerei todo seguindo unha orde. O tema das portadas que me comentas penseino, pero ao estaren na Wikipedia inglesa supuxen que non habería problema. Pequei de confiado.

  • De nada, nin sequera vira que o comentaras, nada máis conectar e entrar na portada e ver a ligazón vermella fíxeno. Hai máis imaxes con votos dabondo, vou pechalas e adiantar traballo para que non suceda de novo. Un saúdo. AlberteSi, digame? 12:25, 28 abril 2008 (UTC)


[editar] Manifestación anarquista

Ola! Grazas por avisar, máis vaime a ser imposible achegarme a Pontevedra ese día. O que si vou a facer vai a ser sacarlle unha foto de máis calidade á pintada anarquista, se teño tempo hoxe á tarde. Apertas. --Iago 09:32, 30 abril 2008 (UTC)

[editar] Modelo:And

Ok, xa está arranxado. O problema estaba en que os interwikis do modelo non estaban pechados entre os . Por certo, non subín eu o dos vandalismos a Chuza! Por incrible que pareza alguén leu o meu blog e decidiu que era o suficientemente interesante como para ir a chuza :) Un saúdo. AlberteSi, digame? 14:26, 2 maio 2008 (UTC)

[editar] Boxeo

Eu quería ver o combate por internet pero o da TVG é cousa seria... Grazas por actualizares o resultado! Con todo, [ aquí din que foi no 8º asalto... --Xabier Cid 00:17, 10 maio 2008 (UTC)

  • Ola Estevoaei, non sabía que a crearas ti. Entón mentres se averigua se ten dereitos ou non, vou restaurar a imaxe, á espera de que saquemos algo en claro. Grazas por avisar. un saúdo. AlberteSi, digame? 14:38, 10 maio 2008 (UTC)

[editar] Xosé María Cao

Puxeches o marcador de enuso a ese artigo feito por unha IP pero desgrazadamente está copiado dunha web polo que ou ben ten que ser totalmente reformado ou hai que marcalo como lixo. A ligazón do artigo orixinal é [2]--Arco de Rayne 16:21, 13 maio 2008 (UTC)

  • O personaxe é interesante, se tes tempo e ganas podes tirar algúns datos da biografía da CIGA para facer un artigo propio para a Galipedia.--Arco de Rayne 16:30, 13 maio 2008 (UTC)

[editar] Lixo

Ola, Estevoaei: un par de detalliños breves, que non me estendo que é moi tarde e estou sen azos. En primeiro lugar, é mellor que non borres os contidos cando poñas un marcador de 'lixo', a non ser que estes fosen incribelmente insultantes. Cando os administradores repasamos a categoría de artigos para borrar e vemos que efectivamente teñen lixo, chimpámolos rapidamente. Se non hai ningún motivo aparente, temos que entrar ao historial, ver que pasou, etc. Pero incluso podería ser (non é o caso nas veces que che vin facelo, abofé) que houbese quen discutise se iso é lixo ou non, e polo tanto non deberiamos agochar esa información. Por outra parte, non se pode marcar como lixo un artigo como Principios de Newton. É un artigo correcto, hiperbreve (iso si), so ano 2004 e no que interviñeron outros usuarios rexistrados. O que hai que facer neses casos é propoñer a páxina para a súa fusión, o que nos permitirá conservarmos a información das súas edicións anteriores. Un saudiño, e parabéns polo traballo --Xabier Cid 00:00, 14 maio 2008 (UTC)

aha... bueno, independentemente dos contidos que se ven, e que no caso das Leis de Newton poden parecer insignificantes, hai un historial de edicións, é dicir, gardar todos os trocos que se foran producindo, aínda que fosen parvos. No momento en que, como no de Newton, hai varias edicións, e ademais de usuarios rexistrados, non unicamente bots, pois débese tentar salvar esa memoria. ;) --Xabier Cid 09:14, 14 maio 2008 (UTC)

[editar] Biografias Anarquistas

Agradecido pelo reconhecimento! Continuarei traduzindo e compilando biografias anarquistas de todo o mundo para o português na Wikipédia Lusa. Parabéns pelo esforço na tradução! Salutações Libertárias e fraternos abraços desde o Brasil!

AltCtrlDel 08:29, 18 de maio 2008 (UTC).

[editar] Lugares de Abelenda

Non, polo que estou vendo, ten as entidades de poboación (non sei se serán todos os lugares) de: Abelenda, Boeixos, A Carixa, Casar do Nabo, Mangoeiro, Mouriscados, Pordelapa e Rodeiro. É dos primeiros "artigos" que fixen, non sabía moito que facer xD. Saúdos, Meu rei

[editar] Lugares de Narón

Non te preocupes, así o farei. Grazas polos teus consellos.--PepedoCouto 18:16, 21 maio 2008 (UTC)

Oe, Estevoaei, parabéns polo teu traballo de catalogación gráfica. É xenial! --Xabier Cid 11:51, 22 maio 2008 (UTC)

Esas son as parroquias, pero inda quedan os lugares todos... :D :D --Xabier Cid 11:58, 22 maio 2008 (UTC)

[editar] mata vs. matanza

Estevo, bota un vistazo á páxina de Xabier, na que opino sobre este tema. Pedro --Lameiro (conversa) 14:51, 23 maio 2008 (UTC)

[editar] Coordenadas

Grazss, pero en que lugar de paxina aparecen as coordenadas pois ue non as vexo.--PepedoCouto 20:04, 23 maio 2008 (UTC)

[editar] IGE

Grazas pola túa revisión Estevo, pasouseme. Si atopei varios problemas con respecto ó IGE e son os seguintes:

  • Algún dos lugares non teñen habitantes.
  • Coidado, pois algún lugar só ten un habitante(polo de homes e mulleres).
  • Hai lugares do Nomenclator que non aparecen no IGE.
  • Hai lugares que son claramente rúas como Xerardo Luaces en Neda.

Por certo, para aumentar a información, eu dín unha definición do topónimo, si teño probas ou documentación de especialistas en toponimia, como en A Borrallada. Non sei en Pontevedra, máis hoxe en Narón non temos nin sol nin sombra. Un saúdo.--PepedoCouto 14:24, 27 maio 2008 (UTC) Por certo que facemos cando unha parroquia ten unha soa entidade de poboación?--PepedoCouto 14:53, 27 maio 2008 (UTC)

[editar] Metz

Ola Estevoaei ! Dín unha volta por Metz (lol). Non podo facer moito, en seguida que atropezo cun pequeno problema, pideme moita busqueda e ando sempre de presa. Por eso non podo porme en traballos profundos, xa verei dentro dus anos cando me xubile ! Pero encantame colaborar e nunca dudes en pedirme. Non vou moito falar cós novos para non espantalos co meu galego, pero vexo que ti o fas e eso esta mui ben, cando ves que eu pode ser de algunha axuda falamo. O de non sempre concordar tamén e mui boa cousa cando todo vai con respeto e desexo de colaborar, e penso que estamos os dous niste caso. No de Mahoma e da montaña poís eu penso que a Galipedia é a montaña (lol) Saúdos ... e pola sombra Estevoaei D: ElviraConversa comigo 21:47, 27 maio 2008 (UTC)

Ola Estevoaei! Se puideras pór a categoría nas páxinas de lugares de Cotobade que estás creando sería xenial. Chegaría con pór Categoría:Cotobade. Un saúdo. AlberteSi, digame? 12:05, 28 maio 2008 (UTC)

[editar] Aviso de eliminación de Imaxe:Escultura Leiro.JPG

Warning sign Aviso de eliminación de imaxe.
A imaxe Imaxe:Escultura Leiro.JPG está na lista de Imaxes para borrar. Se vostede pensa que non debe eliminarse, expoña as súas razóns nesta entrada onde se está decidindo que facer coa imaxe. --Xabier Cid Conversa 14:17, 28 maio 2008 (UTC)

[editar] Pregunta sobre as categorías

Ola buenas! Ando a vixiar un pouco os traballos dos usuarios Somos nós, e vín as observacións sobre o tema das categorías, e buceando nas mesmas para atoparlle algunha a certas contribucións deles, cal non sería a miña sorpresa de ver as seguintes categorías:

  • Categoría:Mitoloxía ecipcia: (1 artigo)
  • Categoría:Mitoloxía egipcia: (1 artigo)
  • Categoría:Mitoloxía exipcia: (4 artigos)

... a quen se lle pode comunicar este "desacordo"? Cóntocho a tí, porque xa que lles fixeras esa observacións ós rapaces... É que, non é por nada, pero o de "egipcia" vale que estea mal, pero "eCipcia"... (lol) Un saúdo. Skulda 22:14, 29 maio 2008 (UTC)

Amañado --Xabier Cid Conversa 22:28, 29 maio 2008 (UTC)

[editar] Paio

Polo que eu sei o nome é Paio, pero se hai dúbidas habería que procurar algunha referencia, a ver se podo consultar algo esta semana. Até logo --emilio juanatey(talk) 23:19, 1 xuño 2008 (UTC)

[editar] Vandalismos

Vaia traballazo estás facendo contra os vandalismos... Parabéns! --Xabier Cid Conversa 13:59, 2 xuño 2008 (UTC)

[editar] Re: DVDs en galego

Ola, Estevo. Como vai? Estou traballando no artigo "en privado" para publicalo xa renovado con todos os títulos que había e máis na listaxe mellorada. Grazas pola ligazón, za coñecía esa páxina, teño pensado engadila como "extra" ao final do artigo. Serve como guía de compra, para favorecer as vendas do vídeo doméstico en galego, e que as produtoras se animen máis a incluir o noso idioma entre os seus títulos. De todos os xeitos, hai títulos aí que están errados, o que pode dar pé á confusións. Moitas grazas. PD: Para que a espera non se fixera tan longa, o día do centenario do nacemento de Ian Fleming publiquei unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán, o referente a James Bond. Tamén teño pensado (se ninguén o fai antes, claro) ir traducindo os seus "anexos" e, por suposto, as películas de Bond das que me conste o título galego oficial, tamén aparecerán na devandita listaxe. Saúdos. --Uxío 08:49, 4 xuño 2008 (UTC)

[editar] Redireccións de lugares

Ola Estevoaei. A función dos resumos non e facer valoracións sobre o traballo dos colaboradores deste wiki. Como sabes nos wikis, nos que o modo de comunicación son textos, é moi fácil xerar malentendidos cando se entra no campo das valoracións. Polo tanto é unha regra común da Wikipedia redactar os resumos do xeito máis neutro posible. Neste caso concreto se non consideras axeitada a solución vixente sempre podes facer unha proposta para mudalo, ou traballar directamente no cambio e proceder a aplicalo nas 315 páxinas correspondentes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:00, 7 xuño 2008 (UTC)

Ola Estevoaei. Pola túa resposta creo que concordas en que a redacción do resumo debe coidarse para evitar calquera tipo de imprecisións. Hai outra función desas redireccións, que non citei na miña primeira mensaxe, que é evitar que se creen por erro. De feito independentmente do caso deste modelo teñense usado con ese propósito. Con respecto a mudar o recadro se queres non teño incoveniente en corrixir o modelo e cambiar as ligazóns nuns cantos concellos sempre e cando ti te comprometas a corrixir o resto (por certo, se se fai habería que aproveitar para mudar o enlace das eleccións ao mesmo tempo). Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:05, 10 xuño 2008 (UTC)
Ola Estevoaei. Como sabes recollendo o teu interese por corrixir os enlaces da caixa de información dos concellos puxenme a facelo eu mesmo. Aproveitando iso unha das correccións consiste en eliminar o marcador {{Eleccións en progreso}}, era un marcador provisorio que xa caducou —xa pasou máis dun ano de ditas eleccións—. Como podes comprobar o artigo Cangas é un dos que xa revisei, por favor tenta non desfacer o traballo de revisión que vou facendo, un traballo que non resulta moi agradecido xa que son verificacións tediosas. No caso de que precises os enlaces do marcador unha posibilidade é poñer un enlace na túa páxina de usuario ou nunha subpáxina dentro do espazo de usuario. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:29, 17 xuño 2008 (UTC)
Moitas grazas. Elimineino en todos os que revisei e o tiñan, tiveran os datos ou non. É un marcador que ocupa demasiado espazo para ser provisorio sexa ou non de mantemento. O que se pode facer é crear unha categoría oculta para indicar que falta esa información (non o pensara pero quizais sexa boa idea). Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:40, 17 xuño 2008 (UTC)
Xa está creada a categoría (Categoría:Faltan datos das eleccións muncipais 2007), se consideras que é precisa algunha outra faimo saber (xa que se pasa o traballo é preferible facer aqueles que sexan posibles na mesma edición). Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:51, 17 xuño 2008 (UTC)
Engadín o marcador na categoría, agora seguindo é ligazón da categoría xa tes os enlaces, confío en que iso solucione a falta de marcador no artigo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:01, 17 xuño 2008 (UTC)
Hai varios problemas diferentes para conseguir que todo se visualice correctamente. Un deles é que nas caixas de información faltan campos ou están mal cubertos iso fai que se visualicen códigos, no caso particular de eleccións hase visualizar ata que repase todas as caixas e vaia engadindo ese campo, mentres para que non desapareza a información non retirei o enlace incorrecto. Outro problema é que se fixeron algunhas modificacións no modelo (antes de comezar esta revisión) sen mudar os campos nos concellos por iso quedan outros campos soltos. En canto ao tema dos orzamentos fáltame por corrixir algo aínda así na caixa de Cotobade o campo estaba mal cuberto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:07, 17 xuño 2008 (UTC)

Agora xa se visualiza o modelo de Cotobade correctamente. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:10, 17 xuño 2008 (UTC)

[editar] Carlos Solla ou Calros Solla

Con respecto ao artgo sobre Carlos Solla Varela. ¿Como sabe vostede que él firma libros e artigos como Calros Solla?

Grazas

[editar] Calros Solla

Vale, gustaríame ver a portada escaneada, pero non corre presa, cando teña tempo.

Eu pensei que cada vez que atopaba en Google algún resultado no cal puña "Calros", era porque a persoa que o escribiu trabucárase, xa que hay 937 resultados de "Carlos Solla" e só 85 de "Calros Solla".

[editar] Vasco da Ponte

Vaia coincidencia! Desde que souben da nova edición eu tamén tiña a intención de facerme con ese libro, a ver se un día destes o encargo. O nome parece evidente que é un topónimo das ducias (ou mais) de sitios en Galiza que se chaman Ponte, polo que eu sempre poño da Ponte, pero cando se trata de decidir o nome dun artigo no que hai varias opcións utilizadas na bibliografía, eu o que fago é unha pequena estatística, miro o nome que aparece mais veces na bibliografía e se están mais ou menos igualados o que parece mais correcto (etimolóxico).

Un saúdo e até a próxima! --emilio juanatey(talk) 12:02, 11 xuño 2008 (UTC)

[editar] Ola!

poderíasme dicir como se sobe unha imaxe??

[editar] Eleccións Pontevedra

Case me saio coa miña, é broma, esquecinme de cambiar a cifra anterior xa que estou copiando o pegando o modelo. Por certo creo que queda moi ben, se queres emprégao pra poñe-lo nalgún outro concello--Hugo22 23:45, 17 xuño 2008 (UTC).


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -