Conversa Usuario:Albert galiza
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Arquivo de mensaxes antigas: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
Galego: Por favor, engada a súa mensaxe na parte inferior da páxina e non esqueza asinar co segundo botón pola dereita da caixa de edición , ou con catro ~~~~ (escríbense con ALT+126.)
English: Remember to sign and date your post (by typing ~~~~, or by clicking the signature icon ).
Català: Afig un nou comentari. Si us plau signeu sempre els vostres missatges al final de la vostra intervenció amb el codi --~~~~.
Español: Para dejar un mensaje haga clic aquí. Por favor no olvide firmar con , o con cuatro ~~~~.
Português: Olá. Para deixar uma mensagem clique aqui.
[editar] unhas cousiñas de administración ...
unhas cousiñas de administración ... ou eso creo, a 1ª era para que os administradores borraran os usuarios Xabierkhan e Xabiercs, fixeraos eu hai tempo pero non sei que carallo me pasara con eles que non daba entrado (non me logeaba) e fixen un novo coma Xabier. E a outra era preguntar se se pode cambia-lo actual nome por outro, ven máis que nada era meterlle o apelido o meu actual nome Xabier, quedando Xabier Cancela; e que hai moito Xabier solto na wiki.
Queria dicirche tamén, o nick de xabierkhan, si podo aceder al el, se o usuario ten algunha forma de borralo .... e en canto o outro nick (Xabiercs) pois se podes bloqueao. --Xabier (fálame 10:25, 30 abril 2008 (UTC)
Sempre me olvido de firmar
[editar] Balaguer
Grazas polo da foto, mais algo fixen mal, xa que estaba amañando o artigo, e de súpeto, vexo que a borrache, non sei que pasou pero creo que a carguei de novo.--PepedoCouto 18:15, 30 abril 2008 (UTC)
[editar] Consello de Europa
ola Alberte!
podes botarlle un ollo a este artigo? non atopo o erro, pero aparecen interwikis do modelo AND, e despois as interwikis propias do artigo. Non sei que é o que falla.
Por certo, moi bo o que subiches a chuza! dos vandalismos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 14:20, 2 maio 2008 (UTC)
[editar] Alteración de nome en pt:wp
Oi, Albert. Vi o seu pedido de alteración de nome en pt:wp. Vai ser necesario pedir a súa exclusión do global account en meta:Steward requests/SUL requests, antes de renomealo. Un saúdo. Alex Pereira¡digame! 23:04, 2 maio 2008 (UTC)
[editar] Europa Oriental
Ola, podías mover Europa oriental a Europa Oriental, Hugo e máis eu intentamos movelo pero non fomos quen.--Arco de Rayne 19:48, 4 maio 2008 (UTC)
-
- Grazas.--Arco de Rayne 20:09, 4 maio 2008 (UTC)
[editar] ¿No Ferrol?
Albert, dis que "É correcto o uso de no Ferrol". ¿Seguro? Teño serias dúbidas desde o momento en que o artigo "O" de Ferrol desapareceu hai tempo e, con el, as contraccións en+O e de+O. En calquera caso non sei onde confirmalo. Pedro --Lameiro (conversa) 21:08, 6 maio 2008 (UTC)
- Normal, Alberte. Aínda sendo novo como es ti, o concepto de "El Ferrol del Caudillo", e logo "O Ferrol" segue pesando moito nas nosas cabezas. A min tamén me sae "no Ferrol", como tamén "na Golada", pero supoño que serán cousas que teremos que ir desbotando da nosa fala. O caso é que non atopo en ningún dos meus libros ningunha información que mo corrobore. Espera: agora vexo que na Gran Enciclopedia Galega escriben cousas como "Mapa da comarca de Ferrol", "ría de Ferrol", "cidade de Ferrol", "a nobreza botou o seu xugo en Ferrol", "historia de Ferrol". Como ves, sempre obviando o antigo artigo "O". Saúdos e xa aprendimos algo novo. Pedro --Lameiro (conversa) 22:34, 6 maio 2008 (UTC)
[editar] Usuario:Xabiercs
Ola Alberte. Recibín esta mensaxe de -probablemente- Usuario:Xabiercs. Respondinlle na súa páxina de usuario isto e algo máis (pouco máis) por correo.
Por correo soliciteille que me indicase cómo debo eu actuar, polo que quizais poida proximamente se a relación entre usuarios se normaliza pedirche que o desbloquees ou que me deas permiso para o facer eu (se é que non ocorreu a maiores algo que non saiba).
Creo que tanto a ti coma a min nos resulta un tanto sorprendente este suceso. Quizais poidamos solucionar as cousas boamente, iso espero (inda que a miña experiencia nas wikis non me permite asegurar que vaiamos encontrar porto).
Sexa como sexa, veña o que veña, estou contigo. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 15:03, 7 maio 2008 (UTC)
-
- Xa supuxen que había algo que descoñecía. Eu, persoalmente, non penso tomar ningunha decisión sen contar contigo tras o que acabas de comentar na miña páxina de usuario e na de Xabiercs. Coincido contigo en que hai algo raro. O que me agrada é comprender e compartir a túa actuación.
- Procedo a rogarlle por correo e na Galipedia ó usuario que, tras as túas palabras, toda conversa sobre a cuestión que se teña, para maior claridade, se desenvolva na Galipedia e non por correo. Ó meu parecer se isto é anómalo, é raro--Lmbuga Commons - Galipedia 15:19, 7 maio 2008 (UTC)
[editar] INSERTAME UNHA FOTO NO ARTIGO: Verbum - Casa das Palabras
Como non podo insertar a foto en dito artigo faino ti por min por favor.
Unha foto que tiña pensado era a que aparece nesta páxina:
http://www.verbum.vigo.org/servizos002.php
A imaxe do fondo: verbum_inicio.gif, parece que é a mellor que lle queda ó artigo.
Veña grazas pola axuda.
[editar] numeración dos Estevos
ola! deixei unha mensaxe na Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Papas, e me gustaría que ti e Xabier lle botáralledes un ollo. Graciñas. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 01:13, 8 maio 2008 (UTC)
[editar] Imaxe Cnt.jpg
ola Alberte!
Debín ter feito isto na páxina de conversa da imaxe unha vez que se puxo o marcador de atención, pero o esquecín.
A imaxe non está tirada da web, senón que está feita por min no freehand. Isto non é excusa, xa que se está rexistrada, mantén os dereitos. Ben. Pero ¿está rexistrada? Non o sei. Hei preguntar. En caso de que o estea, tamén se deben eliminar esta () e outras similares.
En fin. Procurarei informarme sobre o asunto, pero francamente creo que te precipitaches. Non pasa nada. Hai tempo pa cargala de novo. Lémonos! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 14:19, 10 maio 2008 (UTC)
[editar] Fontes externas
Boas
Estiveches mellorando onte o artigo Galicia, engadindo datos en distintos apartados. Estaría ben que puxeses tamén a fonte de onde foron tomados. Obrigado :)
Saudos Miguel.lima 19:49, 13 maio 2008 (UTC)
- Gracias! Miguel.lima 20:44, 14 maio 2008 (UTC)
[editar] Día das letras galegas
Ei Albert, non deberiamos por o das Letras galegas máis visible?? Eu voto por poñe-lo en riba de Artigo destacado coma o ano pasado, do outro xeito nin se ve--Hugo22 11:56, 17 maio 2008 (UTC).
[editar] Che Guevara.
O artigo está parcial, principalmente a parte em relação à sua captura e morte, e em nenhum momento no artigo se diz que o mesmo foi um drogado, assassino, burgues, vagabundo e fora da lei. --Santista1982 17:04, 17 maio 2008 (UTC)
[editar] Monarcas Galegas
Ola Albert.Tes toda a razón coa listaxe de reis, xa que polo de agora non se axusta ao limiar do artigo. Explicoche, como é un tema moi complicado, preferín non tocar ai nada polo momento no artigo de Reino de Galicia, realmente queria alongar moito máis o artigo pero polas ocupacións persoais estame levando mais tempo do que pensaba. Xa teño un bon numero de libros, na súa maior parte galegos e en galego para recoller datos e poder citar, conectar con enlaces externos etc.., pero iso o que me falla é a brevidade, xa que vou moi lento. Entón, o que estou tentando facer, é un limiar ben documentado e redactado para o dos monarcas, e en segundo termo avanzar no artigo de Reino de Galicia, documentalmente e graficamente. No tema de Paio, Vermudo,etc.. estoume guiando por libros galegos, e estes primeiros señores aparecen se ben non como reis de Galicia, si como reis no territorio de Galicia, é complicadisimo, logo eu optaria por advertir no texto que, non son reis de Galicia sen máis, senón que son reis dunha pequena parte de Galicia, que non te toda, bueno en calqueira forma, eu guiome principalmente pola publicación de Xosé Antonio López Teixeira, e iso que canta máis información e consenso teñamos mellor, eu comprometome a rematar o artigo coerentemente dos monarcas, e despois entre todos pois vemos que cambiar, que non cambiar, ou cambiar todo, ou o que seña. Unha aperta.--Alexandre Vigo
[editar] O Che na sociedade
Ola Alberte ! Onte Steven Soderbergh presentou a sua pelicula sobre o Che no Festival de cine de Cannes. Segundo entendin na radio costoulle 6 anos facela ! : [1],[2], [3], [4]. Xa sobrán referencias por si queres completar o artigo (lol). Saúdos ElviraConversa comigo 20:22, 22 maio 2008 (UTC)
- Queres decir que me toca a mín de mellorar o artigo Maio do 68(lol) ? Saúdos Alberte (lol) . ElviraConversa comigo 23:16, 23 maio 2008 (UTC)
[editar] Categoría Cotobade
tés toda a razón do mundo; póñome en breve. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 12:30, 28 maio 2008 (UTC)
[editar] Lameiro administrador
Feito e comprobado. Vou reparar agora nas datas dasa outras votacións--Lmbuga Commons - Galipedia 18:16, 3 xuño 2008 (UTC)
- Noraboa xa tes o status de burócrata --Lmbuga Commons - Galipedia 18:24, 3 xuño 2008 (UTC)
[editar] Noraboa
Os meus parabéns pola elección, un brinde á túa saúde. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:48, 3 xuño 2008 (UTC)
[editar] Monumento á Liberdade
Ola Alberte, no artigo Monumento á Liberdade, estou tendo algúns problemas con algunhas referencias, poderíasme botar unha man?--Hugo22 17:09, 5 xuño 2008 (UTC).
- Grazas polos parabéns, creo que chegamos a un punto no que temos que buscar a credibilidade por medio da calidade, non podemos competir, cando menos agora e no futuro máis inmediato, en número de artigos coas wikis grandes, a non ser que utilizemos bots para crear artigos e iso non serve de nada: existe unha wikipedia en Volapük con ducias de milleiros de artigos que ninguén consulta ou unha en lombardo que están debantendo se pechala ou non. Pero si podemos competir en calidade: manter limpo de vandalismos os nosos artigos, corrixir a lingua, dotalos de referencias, traducir artigos de calidade, crear artigos propios a partir de bases sólidas (libros, revistas especializadas...) temos que conseguir, e creo que estamos no bo camiño, que quen consulte un dos nosos artigos quede razoablemente satisfeito. Todo isto recoñecendo que cara fóra o número de artigos é importante, por canto dá publicidade á Galipedia.--Arco de Rayne 20:22, 6 xuño 2008 (UTC)
[editar] Modelo país
Alberte, ti sabes como facer pra que o modelo de país teña o mesmo tamaño que o da wiki inglesa e castelá?? non sei porque pero o noso é máis grande do que debería. Tampouco ten a liña negra que bordea o cadro onde se atopan a bandeira e o escudo.--Hugo22 18:21, 13 xuño 2008 (UTC).
[editar] Dúbida
Ola, Albert galiza:
Teño unha dúbida a respecto da utilización de poemas ou fragmentos de textos narrativos como exemplos que ilustren determinados conceptos literarios. Pódense empregar como exemplos textos de autores que aínda viven? Pregúntoo porque eu teño entendido que os textos de autores contemporáneos non se poden usar libremente, e menos nunha páxina de dominio público como é a Wikipedia, e que incluso o uso de textos de autores que xa finaron só pode ser posíbel no caso de que pasara un período de tempo determinado dende a súa morte. Non sei se me expliquei ben.
Moitas grazas, e un saúdo. --Lara 15:09, 14 xuño 2008 (UTC)
[editar] Teño unha dúbida
Non sei como teño que facer para subir unha imaxe. Poderíasme axudar?
- Ola Albert. Eu teño outra dúbida: contéstaslle que "Ah, esquecíaseme, as imaxes súbense dende esta páxina: Especial:Upload.". ¿Qué é iso de "Especial:Upload" e por que non lle remites a "Cargar un ficheiro" que o vexo como máis fácil? Aproveito a ocasión para avisarche que botes un vistazo á conversa de Redondela, que algo teremos que facer e canto antes mellor. Saúdos --Lameiro (conversa) 14:59, 15 xuño 2008 (UTC)
[editar] Preciso axuda
Non controlo moi ben os gráficos de barras e cometín un erro no artigo graba,silleda; poderías axudarme a solucionalo e decirme cal foi o meu erro??
[editar] Grazas
Déboche unha meu!--Martinho12 17:39, 16 xuño 2008 (UTC)
[editar] reino de Galiza
Ola Albert, estou abraiado polo cambio tan sumamente importante que fixeches na taboa, é perfecto, quedou 100%!, podemos co tempo ir sumandolle cousas, pero xa asi esta estupenda!, nada, iso, so queria dicirche iso, bon traballo!.--Alexandre Vigo
Descula Albert que non che respostara ao que deixaches na miña zona de conversa, nin conta me dera. Pois adiantoche que o tema non é moi doado, ou polo menos non é tan doado como noutros casos. O caso é que a maior parte da bibliografía que manexo eu é galega, e relativamente actual, dos últimos vinte-dez anos, e nela se reafirma o feito de que o reino que comeza sendo estrictamente suevo, asentado aqui se territorializa na Gallaecia. É dicir, chegan os suevos á Gallaecia, e forman un regnum en terras galegas, chamado reino dos suevos /regnum suevorum, pero ao pouco este deixa de ser estrictamente suevo porque integra aos pobos galegos (galaico-romanos), e adquire rango de territorio. Así un século despois, o reino suevo se chama indistintamente reino de Galicia (Regnum Galliciense) ou reino dos suevos, hai un cambio (non oficial por suposto) pero sustancial aos poucos. A historiografía o ten chamado de varias formas, reino suevo, reino de Gallaecia, reino de Galicia, e unha forma quizais máis conciliadora, "reino suevo de Galicia". Con todo, este reino suevo de Galicia non deixa de ser o reino de Galicia, é como se no século XI falaramos do reino cristián de Galicia, ou no XVI falaramos do reino moderno de Galicia, e pretenderamos que non fose un reino de Galicia, pois non deixan de selo todos eles. Dificil solución, podemos deixar sen problema esa data como comezo do que sería o reino de Galicia, máis é a finais do século V cando xa podemos falar un reino de Galicia sen ningún problema. Tal vez sexa máis conciliador s.V en troques dun ano exacto, pero tampouco é incorrecto totalmente. Que rollo che acabo de soltar, a ver se non che acabo de complicar a vida!, ah! e por certo, en canto á data de comezo e final, eu entendo que tales datas supoñen, un comezo e un final, explicome, non é que durante 409-1833 Galicia fora un reino ininterropidamente, senón que o primeiro reino de Galicia aparece no século V, e a ultima vez que Galicia é reino é no 1833, digoo porque é importante que distingamos iso, e dende logo heino deixar claro no artigo para que non leve a confusións. E nada, iso, vaia resposta tan ambigüa!, sen máis deixote, mais non sen antes darche un montón de grazas pola túa indispensable atención ao artigo, todo o que levas correxido non ten nome, e por todo en xeral, grazas como compañeiro de galipedia, ah! e unha cousa, poderiase poñer o texto á esquerda da táboa segundo comeza?, digoo para unificar co resto, ben, agora si, despidome.--Alexandre Vigo
[editar] Quinta Feira
Non entendo por que eliminaches o artigo. Cal é o problema?
[editar] Centro Cultural Caixanova
Ola Alberte, estou tendo problemas coas referencias do artigo Centro Cultural Caixanova, poderías revisa-las?--Hugo22 11:58, 17 xuño 2008 (UTC).
[editar] Medalleiro
Grazas polo aviso, tenterei arranxalo, no caso de non dalo feito, axúdasme?--PepedoCouto 18:13, 17 xuño 2008 (UTC)Creo que xa o logrei.--PepedoCouto 18:20, 17 xuño 2008 (UTC)
[editar] quinta feira
Nin promoción nin pois a actividade hocxe é exclusivamente cultural e desinteresada, nin moito menos vanagloria, non sei onde a ves e dóeme ler tal comentario. Só pode aportar datos desde dentro os que mellor coñecemos as cousas, tal como sucede con outros grupos que acho nesta páxina. MAis non pasa nada, grazas de todos xeitos polo teu traballo a pesar das miñas discrepancias neste punto concreto. Saúdos.