Usuario:Xermánico
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Wikipedia:Babel | ||
|
||
Procurar usuarios por lingua |
Non lle poñades chatas á obra, namentres non se remata. O que pense que vai mal que traballe nela. Hai sitio para todos. —A.D.R.Castelao
Presento o meu perfil en galego (para ver o meu perfil de usuario na wikipedia en castelán: Xermánico ).
Son estudante de Belas Artes na universidade de Salamanca, ainda que durante o curso 2007-2008 estudio na faculdade de Belas Artes da Universidade de Lisboa. Interésanme especialmente os temas sobre arte, Banda Deseñada, historia, lingua e política.
Teño un blog bilingüe: [1]
Sobre ideas político-lingüísticas (sendo este o tema onde posiblemente entre en mais discusions) teño un escepticismo xeral en casi calquer tema, pero en líneas xerais podo dicir:
- Son ateo, pero non deixo de respetar as crencias de cada un.
- En principio podo dicir que son español, segundo a miña interpretación do termo.
- Son galego, non nacionalista dende o punto de vista de que non comparto moits das bases fundamentais desta ideoloxía e moito menos os medios que os partidos deste tipo utilizan para leva-las a cabo. Ainda así, teño algunhas afinidades puntuais que non vou negar.
- Sí debo sinalar que o patriotismo, nacionalismo e sentimento nacional son cousas que considero moi negativas. As bandeiras, hinos e supostos sentimentos (que temo sexan artificiais) non teñen demasiada importancia na miña forma de ver o mundo.
- Vexo e sinto unha afinidade moi forte con Portugal, especialmente co norte. Ainda así, non defendo a unión de España e Portugal nin a de Galicia e Portugal.
- Vexo o reintegracionismo como algo interesante e comparto-o ata certo punto (para min que o galego se considerase unha parte dun diasistema co portugués non suporía drama ningún), por outra banda a forte politización do movimento reintegracionita, e o facto evidente de que a maioría dos galegos e portugueses non ven ao galego e ao portugués como unha mesma lingua e as miñas propias dúvidas razoables fan que eu non defenda (nin utilice) abertamente esta posición e utilice a maioritaria.