See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Saúde - Wikipedia

Saúde

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Icona de aviso médico

Advertencia: a Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.


Saúde é definida pola Constitución de 1996 da Organización Mundial da Saúde coma o estado de completo benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de afeccións ou enfermidades [1]. Tamén pode definirse coma o nivel de eficacia funcional e/ou metabólica dun organismo tanto a nivel micro (célular) coma no macro(social).

..."A saúde mídese polo shock que unha persoa poida recibir sen comprometer o seu sistema de vida. Así, o sistema de vida convírtese en criterio de saúde. "Unha persoa sá é aquela que pode vivir os seus soños non confesados plenamente"... Moshé Feldenkrais

Índice

[editar] Factores que inflúen na saúde

Deixar de fumar é un dos pasos para ter unha boa saúde
Deixar de fumar é un dos pasos para ter unha boa saúde

Segundo o reporte de LaLonde, do ano 1974 realizado en Canadá, existen catro determinantes xerais que inflúen na saúde, ós cales chamou, “bioloxía humana”, “ambiente”, “Forma de vida” e a “organización do coidado da saúde[2]. Deste xeito, a saúde é mantida pola ciencia e a práctica de mediciña, pero tamén polo esforzo propio.

Fitness, unha dieta saudable, manexar o estrés, deixar de fumar e de abusar doutras substancias nocivas entre outras medidas son pasos para mellorar a saúde de alguén.

[editar] Exercicio

O exercicio físico é o funcionamiento dalgunha actividade para desenvolver ou manter unha boa saúde física e total. A cotío é dirixido cara á afiliación da capacidade atlética ou a habilidade. O exercicio físico frecuente e regular físico é un compoñente importante na prevención dalgunhas enfermidades coma problemas cardíaco, enfermidades cardiovasculares, Diabetes mellitus tipo 2, sobrepeso ou dores das costas] entre outras.

[editar] Nutrición

Pirámide alimenticia, publicada en 2005, e actualiza polo Departamento de Agricultura dos Estados Unidos
Pirámide alimenticia, publicada en 2005, e actualiza polo Departamento de Agricultura dos Estados Unidos

A nutrición é unha ciencia que estuda a relación entre a dieta, os estados da saúde e a enfermidade. Os dietéticos son os profesionais de saúde que se especializan neste campo. Son tamén os únicos profesionais de saúde altamente entrenados capaces de proporcionar consellos e intervencións dietéticas seguras.

Entre os estremos de saúde óptima e morte por fame ou desnutrición, hai unha variedade de enfermidades que poden ser causadas ou aliviadas por cambios na dieta. As carencias, excesos e desequilibrios na dieta poden producir impactos negativos sobre a saúde, que pode conducir a enfermidades coma o escorbuto, obesidade ou osteoporose, así coma problemas conductuais e psicolóxicos. Ademais, a inxestión excesiva de elementos que non teñen ningún papel evidente na saúde (exemplo chumbo, mercurio, dioxinas entre outros) poden incorrer en efectos tóxicos e potencialmente mortais, dependendo da dose.

A ciencia de nutrición intenta entender como e por que aspectos específicos dietéticos inflúen na saúde.

[editar] Saúde mental

A saúde mental é un concepto que se refire ó benestar emocional e psicolóxico do individuo. Merriam-Webster define saúde mental como: “estado do benestar emocional e psicolóxico no cal un individuo poida utilizar as súas capacidades cognitivas e emocionais, funcionar en sociedade, e resolver as demandas ordinarias da vida diaria.

Segunde a OMS, non hai unha definición oficial de saúde mental. As diferenzas culturais, avaliacións subxectivas, e a competición de teorías profesionais, fan difícil definir "a saúde mental". En xeral, a maior parte de expertos conveñen que esya e as enfermidades mentais non son contrarios. Noutras palabras, a ausencia dun desorde mental recoñecido, non é necesariamente un indicador de contar con saúde mental.

[editar] Referencias

  1. WHO. Constitución da Organización mundial da saúde , Xénova, 1946. Accesado o 6 de xuño de 2007.
  2. Lalonde, Marc. "A New Perspective on the Health of Canadians." Unha Nova perspectiva da saúde dos canadenses Ottawa: Minister of Supply and Services; 1974.

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de: Saúde


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -