Shock
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Advertencia: a Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Clasificación do Shock.
|
Hipovolémico
|
Cardioxénico
|
Vasoxénico
|
O shock é un síndrome clínico complexo e de múltiples causas, estado crítico no seo dunha enfermidade grave producido por unha redución do aporte de osíxeno aos tecidos, que determina lesión celular, inicialmente reversible, e se se prolonga, dano irreversible. O factor común: a insuficiencia do sistema circulatorio para manter a perfusión e función celular.
O mantemento da perfusión de órganos vitais é fundamental para sobrevivir, polo que a hipoperfusión tisular provoca fallo multiorgánico, caracterizado inicialmente por : taquicardia, diminución da tensión arterial e da diurese, xunto con confusión.
Aínda que existe outros grupos de clasificación do shock, o enfoque clásico clasificounos en tres grupos fundamentais:
- Hipovolémico
- Cardioxénico
- Vasoxénico
[editar] Causas do shock
- Hemorraxias: Prodúcese tras un 30% de perda de sangue.
- Queimaduras: Perda de líquidos por ausencia da pel.
- Fracturas múltiplas.