Wikipedia:Política e normas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ao longo do tempo, e con base na experiencia propia e na doutros proxectos wikimedia, os usuarios da Galipedia fóronse dotando de normas e políticas adoptadas por consenso e/ou votación. Aquí ofrécense unha boa lista delas, algunhas delas aprobadas (marcadas con ) e algunhas outras aínda están camiño de recibir o prace da comunidade coa redacción actual.
Índice |
[editar] Normas fundamentais
Todas as políticas oficiais de Wikipedia deben basear os seus principios en cinco piares que definen o carácter da enciclopedia:
- A wikipedia é unha enciclopedia.
- A wikipedia procura o punto de vista neutral.
- A wikipedia é unha enciclopedia de contido libre.
- A wikipedia posúe unhas normas de conduta.
- A wikipedia non ten regras fixas.
Ou sexa que a wikipedia non é un dicionario, nin un libro de papel, nin unha colección de ligazóns, nin un blog, nin un foro de discusión, entre outras moitas cousas que a wikipedia non é.
[editar] Normas relacionadas co punto de vista neutral
Os artigos da Wikipedia deben procurar mostrar un punto de vista neutral que represente equilibradamente as visións existentes sobre un tema. En relación con esta idea desenvolvéronse este conxunto de normas:
- Busque o punto de vista neutral
- Comprobe que todo sexa verificable
- Cite as fontes
- Non faga promoción de ideas, persoas nin de vostede mesmo.
- A wikipedia non é unha fonte primaria.
- Non sabotee a Wikipedia para apoiar o seu punto de vista.
- Non xogue co sistema.
[editar] Normas relacionadas coa boa conduta
A convivencia na wikipedia baséase no respecto e na colaboración. Por iso ten que ter presente as normas de conduta e as cousas que non se deben facer. En concreto, desenvolvéronse normas específicas nestes aspectos:
- Compórtese civicamente
- Presupoña boa fe
- Non cree bandos nin use monicreques
- Non faga guerra de edicións
- Non rompa a edición
- Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa
[editar] Normas relacionadas co estilo
[editar] Normas relacionadas cos procedementos de elección
[editar] Normas relacionadas coa administración
- Tipos especiais de usuarios
- Borrado de artigos
- Creación e tratamento de imaxes
- Política de privacidade