See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Wikipedia:Bots - Wikipedia

Wikipedia:Bots

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Isto é unha política oficial da Galipedia.
Esta páxina contén políticas e normas oficiais da Galipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta wikipedia e considérase un estándar
que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices.
Atallo:
WP:BOT


Un bot a funcionar: Introduce un texto que inclúe a cada papa na categoría Papas
Un bot a funcionar: Introduce un texto que inclúe a cada papa na categoría Papas
Para as instrucións técnicas vexa Wikipedia:Usar bots. Por favor, teña moito coidado.
Para solicitar a aprobación dun bot vaia a / To requests approval for your bot go to Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación.

Os bots (diminutivo de robot) son pequenos programas informáticos que interactúan coa Wikipedia a través da World Wide Web. Como as políticas e normas da Wikipedia desaconsellan o uso de bots, por favor lea as normas que aparecen a continuación antes de deseñar e poñer a funcionar un bot na Galipedia.

Nós casi sempre preferimos confiar nas entradas e edicións dunha persoa, e só aqueles bots deseñados coidadosamente están permitidos. Aínda que os bots son capaces de facer unha chea de traballo, consumen recursos do sistema e inflúen na súa capacidade de manterse funcionando correctamente, tanto técnica como intelectualmente. Os bots poden usarse para engadir ou xerar artigos, e tamén poden usarse para editar ou incluso destruir artigos: vexa tipos de bots (en inglés) e historia dos bots na Wikipedia (en inglés). Os bots ben deseñados poden proporcionar vantaxes concretas ao proxecto da Wikipedia, pero incluso os bos bots teñen algúns inconvenientes.

Nesta páxina non se explica como crear ou utilizar bots; para iso vexa as referencias ao final do artigo. Tampouco se debe utilizar para pedir autorización para executar un bot ou para rexistralo.

Índice

Os usos máis habituais dos bots son:

  • Crear modelos de artigos
  • Editar ou destruir artigos
  • Adicionar ligazóns entre wikipedias
  • Modificar categorías

[editar] Políticas e normas actuais sobre operar cos bots

Antes de poñer a funcionar un bot, debe solicitar a aprobación en Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación. Expoña de xeito preciso o que o bot vai facer. Conseguir un consenso xeral na páxina de conversa é un bo xeito de comezar. Espere unha semana para ver se hai algunha obxeción, e se non hai, siga adiante e poñao a funcionar por un curto periodo de tempo para que poda ser monitorizado. Despois deste periodo, pode solicitar que o usuario sexa marcado como bot en m:requests for permissions.

  1. Os administradores poden bloquear os bots, sen dubidar, se non son aprobados, se fan cousas que o operador non dixese con anterioridade, se crean problemas cos artigos ou se editan con demasiada rapidez.
  2. Os novos bots deben funcionar sen marcar para que os colaboradores poidan controlar o que están facendo.
  3. Ata que os novos bots sexan aprobados deben esperar entre 30 e 60 segundos entre cada edición. Despois de aceptalos e de que un steward os marque como bots, deben deixar pasar 10 segundos entre cada edición. Recoméndase que os bots se tomen máis tempo durante as horas punta; idealmente, deberíanse por a traballar en momentos de pouco tráfico na rede. Consulte os Special:RecentChanges para ver que en que horas hai menos edicións na Galipedia.
  4. Non se deben utilizar correctores ortográficos automáticos sen presenza humana. Resulta imposibel tecnicamente poder crear un bot deste tipo que non faga correccións erradas.
  5. O operador debería estar diante do ordenador desde o que opere o bot, preparado para detelo inmediatamente no caso de que se presenten problemas ou para dar explicacións se o bloquean a causa das modificacións que realice.
  • Se ten a intención de utilizar un programa de baixada masiva de páxinas para obte unha copia local da Galipedia, non se moleste: pódea obter máis facilmente como baleirado da base de datos.

É responsabilidade do operador do bot demostrar o seguinte:

  1. O bot é inócuo
  2. O bot é útil
  3. O bot non é unha carga para os nosos recursos
  4. O bot foi aprobado


Para as petición de bots utilice a páxina: Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación. No momento de facer a petición ábrese un prazo de unha semana para sometela a votación.

[editar] Os Bots e os cambios recentes

Houbo queixas xerais acerca das interferencias coas contribucións normais, en especial nos cambios recentes.

En resposta á demanda dos usuarios, incluíuse unha opción para agochar as edicións dos bots rexistrados na lista de cambios recentes; vexa a lista de abaixo para os bots rexistrados. Para incluir as edicións dos bots nos cambios recentes, engada manualmente hidebots=0 ao enderezo da barra de enderezos do navegador, ou prema en "Amosar os bots" na parte superior da páxina de cambios recentes.

[editar] Bots rexistrados actualmente en funcionamento na Galipedia

Lista automatica

Esta lista actualízase manualmente, polo que pode non estar actualizada ou incompleta nalgún momento dado.

Bot Operador Data
AlleborgoBot Alleborgo 13 de setembro de 2007
Alybot Alyssalover 5 de maio de 2005
BanjoBot Banjo 25 de setembro de 2007
BenoniBot
Chlewbot Chlewey
Escarbot Vargenau
FlaBot Flacus 26 de xuño de 2006
Idioma-bot Hugo.arg
JAnDbot JAn Dudík
Loveless Darkoneo
MedBot
NTBot
Prebot Prevert 5 de maio de 2005
Rembiapo pohyiete
Sz-iwbot
Thijs!bot Thijs! 24 de agosto de 2006
TuvicBot Tuvic 18 de agosto de 2006
TXiKiBoT TXiKi 3 de xuño de 2006
XoseBot Xosé 5 de maio de 2005
YurikBot
Zyxwvut-Bot Hégésippe Cormier 18 de agosto de 2006

[editar] Bots funcionando sen estaren marcados

Estes bots execútanse manualmente, baixo control directo do usuario, sen un identificador específico de bots, e aparecen nos cambios recentes. Os bots listados aquí deberían espaciar as modificacións entre 30 e 60 segundos até recibiren a aprobación final. As conversas relativas a estes bots hainas que ter na páxina do bot.

[editar] Outros bots rexistrados

[editar] Vantaxes e inconvenientes

Teña en conta que esta sección trata concretamente do tipo de bot que, como Rambot, engade grandes cantidades de artigos de formato semellante baseados nunha fonte de datos externa. Este tipo de bots non se utilizou ainda na Galipedia.

[editar] Vantaxes dos bots

  • Fornece un modelo bon de datos pré-formatados para os wikipedistas.
  • En principio fornece un recurso único non disponíbel noutros lugares da web.
  • Fornece unha cobertura completa en casos nos que un subconxunto, indeterminábel a priori dos datos ten unha grande probabilidade de ser (ou convertirse) en interesante mesmo se unha entrada escollida ao chou teña poucoa probabilidade de ser interesante ou útil.
  • Pode realizar tarefas que resultarían tediosas para unha persoa, tal e como enviar unha grande cantidade de imaxes.

[editar] Desvantaxes inherentes á utilización de bots no sistema actual

  • Pódense engadir centos de entradas na Wikipedia que moi posibelmente non van ser revistadas por unha persoa en certo tempo.
  • Inflan artificialmente a actividade percibida da Galipedia.
  • Pódese considerar que inclinan o carácter da Wikipedia de ser unha enciclopedia a ser un anuario ou unha referencia de trivialidades.
  • Existe o perigo de abuso por parte de "vanda-bots" ou simples bots ignorantes. Un bot que se execute sen control humano directo pode chegar a crear cargas excesivas nos servidores ou mesmo un ataque de denegación de servizo.

[editar] Software útil para facer bots


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -