See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Galicia prehistórica - Wikipedia

Galicia prehistórica

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Historia de Galiza
Prehistoria
O Megalitismo
Idade de Bronce
Idade Antiga
Cultura Castrexa
Gallaecia
Reino Suevo
Idade Media
Reino da Galiza
A Época altomedieval
A Galicia feudal
Idade Moderna
Idade Contemporánea
O Século XIX
A Restauración
Século XX
A Segunda República
A época franquista
Presente


Índice

[editar] O Paleolítico

As primeiras xentes chegaron a Galiza hai uns 300.000 anos, no Paleolítico Inferior, durante o Peistoceno Medio. Apareceron restos destes poboadores por todo o litoral, desde Ribadeo ata A Guarda. Estes restos son instrumentos líticos, que nos mostran unha industria Achelense a base de bifaces, fendedores,triedros,... feitos sobre unha base de cuarzo ou cuarcita. Coñécense dúas culturas, o Paleolítico inferior arcaico (ou "cultura dos cantos tallados") e o Paleolítico inferior clásico ou Achelense. A técnica é máis simple na primeira delas. As industrias son simples e o número de tipos reducido. Para tallar percutíase directamente cun percursor duro sobre outro canto e das lascas que se desprendían obtíñase unha aresta cortante. Deste período son os xacementos da Piteira (Toén), A Chaira (San Cibrán de Las), Pazos (San Cibrao das Viñas), Chan de Cereixo (Portavedra, Pontevedra) e as Gándaras de Budiño (Porriño) e Camposancos (A Guarda).

Vivían en hordas, é dicir, grupos de cazadores-recolectores que practicaban o nomadismo. Alimentábanse dos froitos que recollían e da caza, que practicaban en tribos. Tamén botaban man da pesca e da recollida de marisco, cando vivían en zonas nas que podían facelo.

Non está claro que en Galiza existise un Paleolítico Medio xa que non se teñen atopado xacementos con industrias identificadas claramente como musterienses, a non ser algunhas atopadas nas Gándaras de Budiño, e no Campo da Mama (A Veiga).

Temos máis datos do Paleolítico Superior (30.000 e 8.000 a.C.). Desta época atopamos instrumentos tanto de pedra como de óso, realizándose neste material puñais, arpóns, agullas, etc. Contamos en Galiza con abundantes abrigos baixo rocha, nos que atopamos unha industria Aziliense a base de sílex, cristal de rocha, pórfidos cuarcíticos, cuarzos e cuarcitas máis ocre. As ferramentas máis características son os burís, as tesoiras de dorso rebaixado e as raspadeiras. Non se achan en Galiza obras de arte rupestre por carecer de covas importantes. O que si hai é arte moble, no que destacan os colgantes. Os xacementos máis importantes deste período son os de Pena Grande (Vilalba), Prado do Inferno I (Muras) e Pena Grande (Férvedes, Lousada, Xermade).

[editar] O Mesolítico

Tamén é chamado Epipaleolítico. Máis ou menos no 8.000 a.C., producíronse importantes cambios no clima, que se fixo máis cálido e húmido. Co cambio de clima, desapareceu a maior parte dos animais de caza maior, como o bisonte. Como era este o animal que lles proporcionaba maiores usos (para alimento, confeccionar prendas de pel, etc.), tiveron que cambiar os seus métodos e perfeccionar a caza, facer máis variada a recolección de froitos e verduras, e incrementar a pesca e o marisqueo. Produciuse así o nacemento da Agricultura e da Gandería. Atopáronse xacementos adxudicados a esta etapa na zona limítrofe entre as provincias de A Coruña e Lugo. No val do río Arnela existen lugares que proporcionaron burís, perforadores, raspadoiros,... Desta época temos arte moble, probabelmente relacionado coa concepción relixiosa que tiñan os habitantes daquela época da nosa terra.

[editar] O Neolítico

Desenvólvese entre o 5.000 e o 3.000 a.C..

Aparecen nesta fase a Agricultura e a domesticación de animais, ademais da cerámica. Ao cultivar os alimentos e criar animais, houbo máis posibilidades de se alimentar, co que aumentou a poboación.

O clima fíxose aínda máis cálido e húmido, o que favoreceu o crecemento da vexetación. Os habitantes da Galiza desta época ocuparon zonas altas, por ter unha vexetación menos frondosa, e ser a terra menos dura para traballala. A vexetación predominante estaba composta de carballeiras, sobreiras, ulmos, freixos, abeleiras,...

Dolmen de Pedra Cuberta, exemplo de monumento megalítico en Vimianzo
Dolmen de Pedra Cuberta, exemplo de monumento megalítico en Vimianzo

Desta época data o Megalitismo, é dicir, a construción de grandes monumentos de pedra. Estes monumentos atopámolos por toda Galiza, dende a beiramar ata as altas montañas orientais.

Estas xentes deberon practicar unha agricultura itinerante de roza, o que fala dun seminomadismo. Tamén debía ser importantea gandería, sobre todo de ovellas, cabras e vacas, así como a caza, xa que no interior das antasatopamos puntas de frecha, utilizadas especialmente na actividade venatoria. Tamén debeu ser importante para a súa alimentación o marisqueo na beiramar.

Foron uns grandes especialistas no traballo da pedra, empregando granitos ou lousas para edificar, mentres que para os obxectos pulimentados prefiren as rochas metamórficas, e para adornos, ou como materiais rituais utilizan acibeches, blendas,...

Os materiais máis abondosos desta época son de pedra, con instrumentos como puntas de frecha, machados, lascas, cinceis, coitelos, aixadas, mazas,...

Tamén se piuderon atopar contas de colar de cor verde, placas perforadas, prismas de seixo cristalizado e idoliños. Sabemos que facían obxectos cerámicos, que presentaban unha decoración impresa con cunchas de bivalvo.

En Dombate, Axeitos,... atopáronse ídolos ou representacións de antepasados, ou dos vivos que están presentes ( asúa función aínda non está clara).

Algunhas antas apareceron cos chanros da cámara ou, nalguns casos, do corredor , cunha decoracións gravadas, sendo posíbel que algunhas estivesen pintadas. Os motivos son irregulares ou ondulados, circos concéntricos, idoliformes, cruciformes,...

[editar] As fontes gregas

Sábese que en Galiza houbo asentamentos de poboación dende épocas prehistóricas que se remontan ata os 3.000 anos adC.

Os gregos (así o constata Estrabón, (c. 63 adC-c. 24 dC.),) coñecían os habitantes deste extremo peninsular co nome de Kallaikoi. Os romanos integraron no seu imperio este territorio bastante tarde, xa a finais do século I adC e máis tarde aínda, co emperador Diocleciano, no século III, designouse como provincia romana co nome de Gallaecia, seguindo o topónimo antigo. Non hai que confundir os pobos kallaikoi cos galos da latina Gallia. Son asentamentos completamente distintos.

[editar] Os pre-celtas e os celtas da Galiza

O estudo e a ensinanza deste tema é algo moi complexo, debido sobre todo á opinión persistente, tan divulgada como errónea, de que esta rexión fora a máis celtizada da península Ibérica. Os arqueólogos, historiadores e investigadores de todas as épocas (os eruditos serios que non teñen ningún interese en manipulacións nin políticas nin do pobo), estes profesores, á vista dos achados arqueolóxicos e coa axuda dos escritos de gregos e romanos contan como puido ser e en que consistiu a chegada de certos grupos célticos a esta rexión. Son estudiosos da historia que foron directamente ás poucas fontes que poden manexar, sen conformarse con traducións anteriores, moitas veces mal interpretadas e que puideron ver as numerosas pegadas deixadas polos celtas, ó longo e ancho de Galiza, como os castros.

Semella que algúns grupos (do pobo celta que chegara ata o sur da península Ibérica), non atoparon acomodo nestas terras e iniciaron outra viaxe migratoria, en distintas etapas xa tardías, cara ó norte, a través de terras lusitanas. Nesta situación de emigrantes celtas dende o sur, polo oeste, cara ó norte, é bastante inqueda e non chegan a estabilizarse na rexión galaica ata o século I adC, cando xa se atopaba bastante hispanizada. É o grupo coñecido como sefes, que se move cara o século III adC e que van situándose alguns entre o río Texo e o río Douro e outros, como xa se dixo, os que seguen cara Galicia.

Ao mesmo tempo que isto ocorría, producíase nas costas galaicas o desembarco de xentes nórdicas procedentes da Bretaña. A arqueoloxía acreditao así a través dos achados de punta Neixón na ría de Arousa na Provincia de Pontevedra.

Os celtas sefes atoparon estas terras bastante poboadas. Estrabón asegura que había unhas 50 tribos de pobos diferentes, mentres que Plinio di que eran máis de 65. O profesor (historiador, arqueólogo e escritor) Florentino López Cuevillas na súa obra A civilización céltica na Galiza, despois de expoñer un estudo exhaustivo sobre o aspecto político e xeográfico, asegura que todas estas tribos, na maior parte, non eran celtas. A relación de tribos pre-célticas que se pode dar é bastante extensa:

Oestrimnios (relacionados cos ligures (e comúns de países bretóns, ingleses e irlandeses), que permaneceron ata a chegada dos romanos), albións, seurros, tiburos, bibalos, caporos, zoelas, nobiagoi, abii, tirii, veasmini, salassi, rilenii, helenii, grovii, etc., todos eles asentados dende a Idade de Bronce, é dicir, antes do 600 adC.

Este é fondo da población pre-céltica, que é a mesma que a normanda, inglesa e irlandesa. Destes poboadores proceden as semellanzas étnicas entre estes pobos e non da chegada dos celtas. As analoxías entre galegos e irlandeses actuais non veñen dun parentesco céltico, senón dunha comunidade étnica anterior que se remonta a 2.000 anos atrás.

As tribos celtas dos sefes recén chegadas superpuxéronse a estoutras máis antigas e adaptáronse bastante ben, crese que polo seu carácter afín indoeuropeo. Foron os celtas os que se acomodaron e a súa influencia foi, na maioría dos casos, tardía e esporádica, segundo se pode saber pola confirmación do estudo da arquitectura e a metalurxia. A dita poboación autóctona máis antiga conservou a súa destacada personalidade lingüística e cultural e tamén soubo intercambiar aspectos culturais coa civilización céltica. Houbo un verdadeiro troco de costumes e de coñecementos.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -