See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Dolmen de Dombate - Wikipedia

Dolmen de Dombate

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Vista do dolmen de Dombate
Vista do dolmen de Dombate

O dolmen de Dombate sitúase na parroquia de Borneiro do concello de Cabana de Bergantiños, na Comarca de Bergantiños. Perto del atópanse outros monumentos coñecidos pola existencia de arte parietal: Pedra Cuberta e Casa dos Mouros. Construíuse na primeira metade do IV milenio e a cámara a finais dese mesmo milenio. Foi usado en diferentes épocas e evidenciouse un uso que vai dende o ano 3.800 a.c. ata o 2.700 a.c., momento no que se clausura o monumento.

No século XIX o historiador Manuel Murguía xa escribe sobre o dolmen, e no ano 1885 o poeta Eduardo Pondal inmortalizouno nun poema en Queixumes dos Pinos.

Foi excavado polo arqueólogo José María Bello Dieguez nos anos 1987, 1988 e 1989.

O túmulo, ou mámoa, ten uns 24 m. de diámetro e 1,80 m. de altura. Consta dunha camada de terra escura recoberta parcialmente por unha coiraza pétrea formada por pedras planas depositadas horizontalmente que marcan o perímetro e pedras ben trabadas no interior. Sospéitase que orixinalmente o túmulo recobría até á altura do corredor e que a anta ficaba á vista.

A anta consiste nunha cámara poligonal ancha formada por sete ortóstatos, un dos cales mide 4,64 x 3 m, e un corredor de tres tramos, ben diferenciado en planta e en sección. A entrada estaba pechada cunha lousa vertical recoberta de pedras. Entre algúns ortóstatos colocáronse lousas alongadas polo exterior para contribuír a fechar o oco. As gabias de substentación atinxen profundidades de 140 cm. na cámara e 70 cm. no corredor.

Baixo o túmulo coñecido existiu un megálito anterior no tempo de menor tamaño e complexidade consistente nunha cámara simple, alongada e aberta composta por nove ortóstatos e dimensións de 240x190 cm. O seu túmulo tiña 10,5 m. de diámetro e estaba coberto por unha coiraza dunha soa camada de pedras.

No segmento inicial do corredor atopáronse 20 pequenos ídolos. Os ortóstatos da cámara conteñen gravuras. Todas as lousas, tanto na cámara como no corredor, contan con pintura. Esta distribúese en dous rexistros horizontais separados por unha banda vermella de puntos vermellos e negros, sendo o conxunto unha composición na que prima a xeometricidade (zigue-zaques, bandas verticais e oblícuas, ondulados, retículas, etc.).

Tamén se atoparon unha fieira de ídolos, vinte en total colocados frente ao corredor e no límite do túmulo e un notable axuar lítico e cerámico.

Índice

[editar] Ocupación

Os estudos sobre o dolmen de Dombate fan pensar que este foi ocupado en catro momentos:

Momento 1, que corresponde co da súa creación, e que se produciu entre o 3800 e o 3600 a.C. Durante a segunda metade do IV milenio e os dous primeiros terzos do III só se ergueron dolmens de corredor.

Momento 2, arredor do 3000 a.C., durante o que se preparou e utilizou por vez primeira a área de acceso.

Momento 3, arredor do 2700 a.C., cando se fechou finalmente o corredor e rematou o seu uso ritual.

Momento 4, posibelmente coincidente coa cultura do vaso campaniforme, durante o que se violou por vez primeira.

[editar] Situación actual e futuro

O dolmen de Dombate atópase cuberto por unha carpa dentro nun recinto vallado e de acceso restrinxido en horarios de visita. A curto prazo o arquitecto coruñés Francisco Vidal Pérez levará a cabo o proxecto de recuperación do dolmen de Dombate cun proxecto co que o Dolmen megalítico gozará do "máximo respecto", reducindo ao mínimo os elementos expositivos, que se trasladan ao centro de recepción. Así, o arquitecto coruñés propón intervencións que axudan a "soster e conservar" o monumento, con criterios de integración de paisaxe e territorio. .

O dolmen atópase dentro dun proxecto de recuperación e musealización que ten como obxectivo converter o dolmen nun centro de interpretación do megalitismo

[editar] Galería de imaxes

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -