See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Vilalba - Wikipedia

Vilalba

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Vilalba
Situación
Xentilicio 1: Vilalbés - Chairego
Xeografía
Provincia: Provincia de Lugo
Comarca: Terra Chá
Área: 379,0 km²
Entidades de poboación: 30 parroquias
Capital do concello: Vilalba
Latitude e lonxitude:
Altitude máxima: Fonte Toxoso - 958 m.
Altitude mínima: Fraga - 482 m.
Zona horaria: 2 UTC + 1
Demografía (2007)
Poboación: 15.358 hab.
Densidade: 40,52 hab./km²
Uso do galego 3 (2001)
Galegofalantes sobre o total da poboación: 98,73 %
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos
Sempre: 83,45 %
Ás veces: 11,44 %
Nunca: 5,09 %
Política (2007)
Concelleiros 4: PPdeG 10 (5.515votos - 55,36 %)
BNG 1 (1.083votos - 10,87 %)
PSdeG-PSOE 6 (3.262votos - 32,74 %)
Outros: - (- %)
Alcalde: Gerardo Criado Guizán (PP)
Eleccións municipais en: Vilalba

Eleccións municipais en Vilalba

Censo electoral (2003)
Total electores: 13.280 - 100 %
Votantes: 10.054 - 71,5 %
Abstencións: 4.007 - 28,5 %
Votos en branco: 102 - 1,01 %
Votos nulos: 92- 0,92 %
Orzamentos (2000)
Enderezos
Enderezo físico:
Teléfono: 982 510 305
Fax:
Código postal:
Correo electrónico:
http://www.vilalba.org/web/

Notas:
1 Véxase no Galizionario.
2 No verán: UTC + 2.
3 Datos de 2001 publicados en 2004.
4 Eleccións municipais maio 2007.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Vilalba (homónimos).

Vilalba (xentilicio: Vilalbés ou tamén Chairego) é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. A vila ten unha poboación de 15.358 habitantes (2007)[1], dos que máis dun terzo viven no núcleo urbano. Vilalba é a vila principal da súa comarca e a cuarta na provincia, xusto despois de Viveiro. O concello posúe unha densidade de poboación de 40,52 hab./km², e unha superficie de 379 km², o que o converte no segundo maior dos concellos galegos en canto a superficie despois de A Fonsagrada.

O concello de Vilalba atópase na metade norte da provincia de Lugo; limita polo norte cos concellos de Abadín, Muras e Xermade, polo sur, con Cospeito, Begonte e Guitiriz, polo leste, con Abadín e Cospeito e polo oeste, con Xermade e Guitiriz. A poboación de Vilalba distribúese nas 29 parroquias do concello, ademais do núcleo urbano da vila[2].

Vilalba posúe un rico patrimonio arqueolóxico e cultural. O concello conserva un bo número de mostras de asentamentos castrexos, entre os que destacan os castros de Gondaísque e Belesar. Dentro do seu patrimonio cultural destaca a Torre da homenaxe do desaparecido castelo de Vilalba, vencellada historicamente á casa dos Andrade, e convertida no século XX en parador de turismo.

Con respecto á industria, o concello caracterízase pola sua escasa industrialización, sendo as escasas industrias esistentes derivadas do sector primario, é dicir a agroalimentaria, representada por unha empresa multinacional de produtos lácteos, e algunhas pequenas industrias de embutidos, xamóns e de elaboración do queixo D.O. de San Simón.

A gastronomía e un dos meirandes atractivos da vila na que hai que destacar o queixo de San Simón da Costa[3], o roscón de amendoas e os célebres Capóns de Vilalba[4] que se comercializan nunha feira anual, que ten lugar o 21 de decembro.


Índice

[editar] Camiño de Santiago

A Ruta da Costa do Camiño de Santiago entra no concello vilalbés dende Abadín e pasa pola ponte vella de Martiñán, Goiriz, e sae do concello dirección Baamonde por San Xoán de Alba, Torre Pedrouzos e de aí a Guitiriz.

[editar] Festas, romarías e feirados

"Festa dos Pepes" en marzo; 31 de agosto San Ramón e 1 de setembro Santa María (ambos patróns da parroquia capital do concello); 29 de xuño San Pedro en Santaballa e 25 de xullo o Santiago en Goiriz, Sancovade, Samarugo, Boizán.

Feira dos Capóns o 21 de decembro.Feira O primerio domingo de cada mes que non coincida co día 1. Coincidindo con esta, no mes de Abril celébrase a Feira do Queixo de San Simón. Feirón O primeiro martes entre o 17 e o 23 de cada mes . Pequeno mercado os martes e venres.

[editar] Galería de imaxes

Vexa o artigo prinipal Galería de imaxes de Vilalba.

[editar] Lugares de Vilalba

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilalba vexa: Lugares de Vilalba.

[editar] Personaxes célebres

[editar] Referencias

  1. http://www.ige.eu/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp?idioma=gl&codigo=0201001002 Censo 2007 Lugo
  2. http://www.vilalba.org/web/index.php/item/164 Xeografía do Concello de Vilalba
  3. http://www.sansimondacosta.com/ Queixo de San Simon daCosta
  4. http://vilalba.org/capon/Inicio.php Capóns de Vilalba

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Vilalba

Alba (San Xoán) | Árbol (San Lourenzo) | Belesar (San Martiño) | Boizán (Santiago) | Carballido (Santa María) | Codesido (San Martiño) | Corvelle (San Bartolomeu) | Distriz (San Martiño) | Goiriz (Santiago) | Gondaísque (Santa María) | Insua (San Bartolomeu) | Ladra (San Salvador) | Lanzós (San Martiño) | Lanzós (San Salvador) | Mourence (San Xiao) | Nete (San Cosme) | Noche (San Martiño) | Oleiros (San Mamede) | Rioaveso (San Xurxo) | Román (Santalla) | Samarugo (Santiago) | San Simón da Costa (San Simón) | Sancovade (Santiago) | Santaballa (San Pedro) | Soexo (Santa María) | Tardade (Santa María) | A Torre (Santa María) | Vilalba (Santa María) | Vilapedre (San Mamede) | Xoibán (San Salvador)

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Carlos Díaz Martínez, José-Luís Novo Cazón (2006), A memoria de Vilalba, Vigo. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-9782-470-9.

[editar] Ligazóns externas

  Referencias relacionadas con Galicia


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -