Flanagan
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Flanagan é un personaxe creado polos escritores Andreu Martín e Jaume Ribera. O seu nome real é Joan Anguera.
É un detective privado que vive nun barrio obreiro de Barcelona. Comeza a súa saga moi novo, cursando Oitavo de EXB (13 anos), e vai medrando conforme lle pasan as historias.
As súas aventuras tamén aumentan en importancia. Así, empeza por adiviñar tallas de suxeitadores, e remata resolvendo casos de pedofilia, maltrato, secuestros, ou tráfico de bebés, pero sempre desde unha perspectiva amena, didáctica e xuvenil.
Cada un dos libros é independente dos anteriores, se ben teñen relación uns cos outros e adoitan comezar explicando como terminaron os asuntos que deixou pendentes no anterior, especialmente no tema sentimental.
Fixo unha incursión no terreo da sexualidade co libro O diario vermello de Flanagan, paralelo a O diario vermello de Carlota (escrito por Gemma Lienas), no que ambos describen a experiencia sexual vivida xuntos, pero desde puntos de vista diferentes. Este libro afástase un pouco do estilo das outras novelas, e constitúe en si mesmo unha aventura independente.
Entre as súas parellas están Clara Longo, Carmen Ruano, Nines, María Gual, Blanca Online e Carlota. Ten flirteado con Bruna e con Eva Ferrer.
Ó longo das 11 novelas o personaxe foi crecendo e madurando, tanto nas súas deducións, a súa forma de pensar, e nas situacións nas que se involucra.
Os autores deixan ver as súas influencias con mencións a Philip Marlowe ou Sherlock Holmes, así como os seus gustos musicais (Creedence Clearwater Revival, Guns N'Roses...)
[editar] Libros
- No demanis llobarro fora de temporada (1987)
- Tots els detectius es diuen Flanagan (1991)
- No te'n rentis les mans, Flanagan (1993)
- Flanagan de luxe (Xerais, 1994)
- Alfagann é Flanagan (Xerais, 1996)
- Flanagan Blues Band (Xerais, 1997)
- Flanagan 007 (Xerais, 1998)
- Flanagan, só Flanagan (Xerais, 2000)
- Els vampirs no creuen en Flanagans (2003)
- O diario vermello de Flanagan (Galaxia, 2006)
- Eu tampouco me chamo Flanagan (Xerais, 2006)
[editar] Ligazóns externas
- Flanagan Online - Páxina oficial do personaxe (en castelán e catalán)
libros da saga de Flanagan, escritos por Andreu Martín e Jaume Ribera |
No demanis llobarro fora de temporada (1987) - Tots els detectius es diuen Flanagan (1991) - No te'n rentis les mans, Flanagan (1993) - Flanagan de luxe (1994) - Alfagann é Flanagan (1996) - Flanagan Blues Band (1997) - Flanagan 007 (1998) - Flanagan, só Flanagan (2000) - Els vampirs no creuen en Flanagans (2003) - O diario vermello de Flanagan (2004) - Eu tampouco me chamo Flanagan (2006) |