Eu tampouco me chamo Flanagan
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Eu tampouco me chamo Flanagan | ||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
||||||||||||||||||||||||||
|
Eu tampouco me chamo Flanagan é un libro escrito no 2006 por Andreu Martín e Jaume Ribera. É o undécimo da saga protagonizada polo detective xuvenil Flanagan.
Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama ou do argumento.
A trama comeza o venres 20 de xuño, cando rematan os exames de 2º de bacharelato. O pai de Flanagan quere que bote unha man no bar, e o detective Oriol Lahoz o contrata para que o axude a atopar a Alí, un neno magrebí do barrio que desapareceu. Remata complacendo os dous, servindo cafés e atopando a Alí.
Ademais, vese enganado de novo polos amigos de Nines, o que unido á falta de diálogo con ela, créalle novos problemas sentimentais. Tamén aparece de novo en escena o seu amigo Charche, coa súa relación con Vanesa, onde o conselleiro sentimental Flanagan volve xogar un importante papel para desta volta resolver o secuestro de Charche.
Segue a relación con Nines, malia as turbulencias, e desta volta parece que bastante consolidada. Deixa o futuro aberto a un posible acceso á universidade a estudiar criminoloxía.
Neste libro, ó contrario dos demais da saga, inclúe varias incoherencias maís ou menos serias:
Di que en The Long Goodbye, de Raymond Chandler, Philip Marlowe rexeita un billete de 1000 dólares, cando é de 5000 (un retrato de Madison).
O día do seu cumpreanos (24 de xuño), pasa sen pena nin gloria. Nin regalos, nin celebracións, nin nada. Nin el nin a familia nin a moza o lembran.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
libros da saga de Flanagan, escritos por Andreu Martín e Jaume Ribera |
No demanis llobarro fora de temporada (1987) - Tots els detectius es diuen Flanagan (1991) - No te'n rentis les mans, Flanagan (1993) - Flanagan de luxe (1994) - Alfagann é Flanagan (1996) - Flanagan Blues Band (1997) - Flanagan 007 (1998) - Flanagan, só Flanagan (2000) - Els vampirs no creuen en Flanagans (2003) - O diario vermello de Flanagan (2004) - Eu tampouco me chamo Flanagan (2006) |