Flanagan de luxe
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Flanagan de luxe | ||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
||||||||||||||||||||||||||||
|
Flanagan de luxe é un libro escrito en 1994 por Andreu Martín e Jaume Ribera. É o cuarto da saga protagonizada polo detective xuvenil Flanagan.
Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama ou do argumento.
A trama dura unha semana, entre o luns 31 de xullo e o 7 de agosto.
Flanagan vai marchar de vacacións á montaña á casa da súa amiga María Gual. A relación entre ambos é inestable. Están enrollados, pero Flanagan non quere amigar.
Pero antes de marchar chámao Nines, unha amiga que coñeceu en Tots els detectius es diuen Flanagan, e que solicita a súa axuda para esconder a R.A., amigo dela que anda metido nunha boa lea.
Chega o venres e R.A., mediante varias estratexias, logra que Flanagan e María, no canto de ir á montaña, vaian a unha vila da costa onde veranean Nines e os seus amigos. Alí, o sábado Flanagan é víctima dunha broma bastante pesada por parte de R.A. e os seus amigos pijos, que o deixan no medio do mar pensando que R.A. fora asasinado por uns traficantes de droga resentidos con el.
Pero, lonxe de arranxarse o asunto ó chegar á costa, descubre que R.A. foi supostamente secuestrado por uns descoñecidos que lle piden ó seu pai 100 millóns de pesetas de rescate.
Finalmente, arranxado o asunto, Flanagan devólvelle a broma ós amigos de Nines.
Neste libro Flanagan non exerce demasiado de detective, xa que os casos que debe afrontar son ficticios, e feitos á mantenta para enganalo. Pero aprende boas leccións en diversos campos, desde a socioloxía ata o amor, pasando pola mediciña e as drogas.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
libros da saga de Flanagan, escritos por Andreu Martín e Jaume Ribera |
No demanis llobarro fora de temporada (1987) - Tots els detectius es diuen Flanagan (1991) - No te'n rentis les mans, Flanagan (1993) - Flanagan de luxe (1994) - Alfagann é Flanagan (1996) - Flanagan Blues Band (1997) - Flanagan 007 (1998) - Flanagan, só Flanagan (2000) - Els vampirs no creuen en Flanagans (2003) - O diario vermello de Flanagan (2004) - Eu tampouco me chamo Flanagan (2006) |