Alfagann é Flanagan
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alfagann é Flanagan | ||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
||||||||||||||||||||||||||||
|
Alfagann é Flanagan é un libro escrito en 1996 por Andreu Martín e Jaume Ribera. É o quinto da saga protagonizada polo detective xuvenil Flanagan.
Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama ou do argumento.
Principios de febreiro. Xa hai un mes que Nieves, unha das "corpos dez" de clase, está desaparecida. Malia que a carreira de detective de Flanagan está de capa caída, é contratado polo pai para que averigüe algo. Así mesmo, Charcheneguer pretende contratalo para que lle consiga un exame no instituto.
Flanagan descubre que o pai de Nieves lle minte, e que minte á súa muller. Coa colaboración de Blanca Online, outra dos "corpos dez", deduce que Nieves foi violada polo señor Lage, o xefe do seu pai, e que o pai, apretado pola ameaza do paro, prefire non denuncialo.
Un grupo de pícaros anda a loitar ó seu modo contra o señor Lage. Malia que ó principio ven a Flanagan como un inimigo, logo deciden que non é un mal tipo, e colaboran. Finalmente, aínda que nunha situación límite e logo de que o señor Lage ameace con disparar e matar a Nieves, chega a policía e o detén. Pero isto non serve de moito. Sae absolto da acusación da violación por falta de probas, e só está un ano na cadea polo delicto de posesión de armas de fogo e ameazas. Por outra banda, Nieves é incapaz de recompoñer a súa vida, e finalmente mudará de barrio cos seus pais sen avisar a ninguén.
Logo de varios fracasos, semella que o asunto do amor pinta ben para Flanagan, que anda amigado con Blanca Online.
Nesta ocasión Flanagan volve ser enganado pola xente para desviar a súa atención, pero finalmente todo acaba saíndo ben.
O libro convértese nun claro alegato contra o silencio nos casos de violación e abusos a menores. Hai que falar do tema, para evitar que se repitan os casos e para que os culpables non queden impunes.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
libros da saga de Flanagan, escritos por Andreu Martín e Jaume Ribera |
No demanis llobarro fora de temporada (1987) - Tots els detectius es diuen Flanagan (1991) - No te'n rentis les mans, Flanagan (1993) - Flanagan de luxe (1994) - Alfagann é Flanagan (1996) - Flanagan Blues Band (1997) - Flanagan 007 (1998) - Flanagan, só Flanagan (2000) - Els vampirs no creuen en Flanagans (2003) - O diario vermello de Flanagan (2004) - Eu tampouco me chamo Flanagan (2006) |