O diario vermello de Carlota
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O diario vermello de Carlota | ||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
||||||||||||||||||||||||||||
|
O diario vermello de Carlota é un libro escrito no 2003 por Gemma Lienas. É o cuarto libro da saga protagonizada por Carlota.
Este libro, parello a O diario vermello de Flanagan, de Andreu Martín e Jaume Ribera, segue a liña da saga. Neste caso é un libro de divulgación sobre a sexualidade, escrito para adolescentes.
Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama ou do argumento.
A trama dura entre comezos de febreiro e mediados de abril. Carlota coñece na estación do metro a Flanagan, e comezan a falar. Carlota dille quevai comezar un diario vermello, onde porá as súas ideas, experiencias e esperanzas sobre a sexualidade. Flanagan decide escribir un el tamén, para ó rematalo intercambialo e comparar dúbidas e aprender xuntos.
Pero a situación sáese de nai, e o que comezara como unha relación marcada por ese eixo, axiña se torna unha relación con forte carga sentimental, cos problemas que iso conleva. A Carlota aínda lle gusta Koert, un rapaz holandés, e Flanagan tamén está feita un lío, pois aínda non deixou a relación con Nines, malia que pasan por unha época ben fría .
Logo de perderen a virxinidade xuntos e de moitos sentimentos contradictorios, rematan como amigos. Carlota ten previsto viaxar a Amsterdam para ver a Koert.
Os detalles da trama e/ou do argumento rematan aquí.
Máis alá da trama, o libro tamén serve de manual. Fala extensamente de métodos anticonceptivos, tendencias sexuais, enfermidades de transmisión sexual, e da relación entre o sexo e o amor.
Carlota recolle no seu diario inclúe moitos informes tirados de libros, crónicas de charlas feitas na clase e conversas con familiares e amigas, ademais de todo o que vai aprendendo con Flanagan.
A tradutora ó galego é Silvia Gaspar, que tamén traduciu O diario vermello de Flanagan, pero hai personaxes con traducións diferentes dos nomes, como Marc (Marcos) e Mireia (Mireya).