See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Creedence Clearwater Revival - Wikipedia

Creedence Clearwater Revival

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Faltan ligazóns internas neste artigo.
Faltan ligazóns internas neste artigo. Por favor, wikifíqueo.
Creedence Clearwater Revival

{{{caption}}}
Información
Orixe California
País Estados Unidos
Período 1968 - 1972
Xénero(s) Rock, Swamp rock, Southem rock
Selo(s) discográfico(s) Fantasy Records
Membros John Fogerty
Tom Fogerty
Stu Cook
Doug Clifford
Antigos membros
Web oficial

Creedence Clearwater Revival, coñecido tamén como CCR ou Creedence, é o nome dun grupo de rock clásico fusionado con country de finais dos anos 60, liderado por John Fogerty.

[editar] Historia

A banda comezoú como The Blue Velvets, formada por Tom Fogerty en El Cerrito, California nos anos 1950. A mediados de 1960 a banda firma contrato con Fantasy Records e lanza o seu primeiro álbum: “Creedence Clearwater Revival” e o seu famoso single “Suzie Q” (partes 1 e 2). No álbum Willy and the Poor Boys notouse unha grande crítica social, contra o armamentismo nuclear e as presions político-militares. Permaneceron xuntos durante uns anos, pero logo dos sinxelos “Have you ever seen the rain” e “Hey tonight”, correronse rumores da separación do grupo. En febreiro de 1971 Tom Fogerty separouse do grupo e seguiú como solista, a calidade da banda comenzoú a caer e en outubro de 1972 disolveuse oficialmente a banda. Dende 1993 Creedence Clearwater Revival forma parte do Rock And Roll Hall Of Fame.

O grupo comenzoú como calquera outra banda dunha pequena vila. Buscando oportunidades percorreron dende presentacións en festas ata chegar a ser en 1965 "The Gooliwoogs" unha agrupación que tiña, por exixencia do seu manager, un estilo moi "Beatle" tanto na sua música como na sua indumentaria (usaban perrucas brancas e uniformes militares como The Beatles usaban smoking e peiteados idénticos).

En 1968 baixo o lema "Faino ou esqueceo" decidironse a facer o que eles sabían. Ca potencia na voz, as letras de John Fogerty e a armoniosa rítmica de Tom Fogerty, Stu Cook e Doug Clifford. Editaron os sinxelos "Suzie Q partes 1 e 2" e "I put a Spell On You / Walk on The Water" que racharon con todolos esquemas da época así coma o álbum que os contiña, "Creedence Clearwater Revival" que abarcaba diversos estilos. Dende a psicodelia (Gloomy) ata o blues (Get Down Woman).

En 1969 editan "Bayou Country" no que abunda un estilo que caracterizoú a CCR: o "Swamp Rock" ou "Rock dos Pantanos". Con temas como "Born on the Bayou" e "Keep on Chooglin'". Sen deixar de mencionar unha das mellores letras de canción de todolos tempos: "Proud Mary". LP que se convertería rapidamente en disco de Platino.

Xa a estas alturas, "Creedence Clearwater Revival" destronara a The Beatles e a The Rolling Stones dos primeiros postos dos Rankings.

Ese mesmo ano editan "Green River" e "Willy and the Poor Boys" que tamén convertense en disco de platino.

En 1970 editan "Cosmo's Factory" que convertese en Disco Triple Platino por vender mais de tres millons de copias. Hoxe en día obtense esta distinción con só vender cen mil.

En 1971 editan "Pendulum" un álbum talvez non moi comercial, pero é unha verdadeira peza de colección para os que coñecen a banda.

En 1972, xa sen Tom Fogerty, editan "Mardi Gras" un álbum moi ben producido pero sen moito brillo pola presión exercida por parte da discográfica, que, segundo Stu Cook, obrigoulles a facer composicions individuais. Doug Clfford dixo "dixeronnos que se non o facíamos a banda separabase. Non nos decatamos que isto pasaría de todas maneiras e votaríannos a culpa a nos". Na actualidade Creedence Clearwater Revival é unha das bandas que mais se escoita e que mais Hits ten pese a sua curta discografía (só 65 cancions das que hai 40 nas recompilacions Chronicle e Chronicle II). O mesmo Elvis Presley dixo fai case catro décadas: "Creedence é unha desas bandas que na actualidade escoitase moito e ainda se escoitara mais dentro de trinta anos".

[editar] Membros

  • John Fogerty: guitarra e voz (compositor principal e líder de CCR)
  • Tom Fogerty: guitarra rítmica (ata 1971)
  • Stu Cook: baixo
  • Doug Clifford: batería

[editar] Discografía

  • Creedence Clearwater Revival (1968)
  • Bayou Country (1969)
  • Green River (1969)
  • Willy and the Poor Boys (1969)
  • Cosmo's Factory (1970)
  • Pendulum (1970)
  • Mardi Gras (1972)
  • Live in Europe (1973)
  • The Concert (grabado no Oakland Coliseum, California, o 31 de xaneiro de 1970; editado en 1980)
  • The Creedence Clearwater Revival Definitive Collection (1993)
  • Bad Moon Rising: The Best of Creedence Clearwater Revival (2003)


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -