Baixo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O baixo naceu como un instrumento musical eléctrico de catro cordas, un híbrido entre a guitarra e o contrabaixo, tal como o explica o seu nome orixinal: guitarra baixa (en inglés bass guitar).
O seu nacemento débese ós intentos fallidos por amplificar o contrabaixo, que a causa da nova música que se interpretaba na época (Big Band, combos de Rhythm and blues, ou grupos de Rock and roll) se estaba facendo cada vez máis imperceptible. A pesar de que na década de 1930 houbo varios intentos de distintos fabricantes, sobre todo de Rickenbacker, de por fin ó problema,o baixo eléctrico nace en 1951 da mán de Leo Fender, fabricando un prototipo que sería satisfactorio para os intérpretes saíndo ó mercado como o modelo Fender Precision, xa que ó estar dotado con trastes solucionaba, ademais dos problemas da limitación de volume, os problemas de afinación do contrabaixo.
A pesar de ser un instrumento moi utilizado desde a súa creación ata nosos días, non remprazou para nada ó contrabaixo, senón que conviven en total harmonía ocupando cada un o seu espazo dentro do repertorio musical.