Fermin Muguruza
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fermin Muguruza | |
---|---|
{{{caption}}} |
|
Información | |
Orixe | Irún |
País | País Vasco |
Período | 1984- |
Xénero(s) | rock ska reggae punk drum and bass rap |
Selo(s) discográfico(s) | Oihuka, Esan Ozenki, Metak, Talka |
Membros | |
Antigos membros | |
Web oficial | www.muguruzafm.com |
Fermin José Muguruza Ugarte (tamén coñecido como Comandante Muguruza ou DJ Laia) é un cantante, instrumentista e productor musical vasco. Naceu en Irún o 20 de abril de 1963, e é irmán dos tamén músicos Iñigo e Jabier Muguruza. É unha das figuras máis influíntes e carismáticas do panorama musical vasco. Ademais de cantar, toca a guitarra, o acordeón e manexa as programacións.
Comezou a súa carreira musical fundando xunto ó seu irmán Iñigo o grupo musical Kortatu, un dos grupos máis importantes dentro do denominado Rock Radical Vasco e pioneiros en introducir o ska e o dub no panorama musical vasco e español. No grupo Fermin tocaba a guitarra e cantaba como voz principal. A maior parte dos temas do grupo foron compostos polos dous irmáns.
En 1988 ó disolverse Kortatu formou, de novo xunto a Iñigo e Kaki Arkarazo, o grupo de rock de fusión Negu Gorriak, calificado como un dos máis importantes dos 90. Fermin deixou a un lado a guitarra, exercendo como carismático frontman e adicándose á voz principal. Xunto cos seus compañeiros de grupo, fundou a discográfica Esan Ozenki Records para actuar sempre dentro do marco da autoxestión.
Despois da disolución de Negu Gorriak en 1996 comezou a súa carreira en solitario, practicando un estilo de fusión con elementos de ritmos latinos, rock, funk, soul e drum and bass pivoteando arredor do reggae.
Colaborou con múltiples artistas de talla internacional como Manu Chao, Banda Bassotti, Amparanoia, Tijuana in Blue, Albert Pla, Todos tus Muertos, Desorden Público ou Reincidentes.
Fóra dos escenarios exerceu como colunista nos periódicos Argia e Egin, e levou un programa de radio en Egin Irratia.
Politicamente Muguruza foi sempre un personaxe comprometido. Declárase de esquerdas, abertzale e internacionalista. Colaborou ou simpatizou con numerosas organizacións sociais e políticas vascas, como as Xestoras Pro Amnistía ou Herri Batasuna. En 1999 foi candidato independente dentro das listas de Euskal Herritarrok nas eleccións ó Parlamento Europeo. Aínda que a súa nacionalidade oficial é española, el considérase «vasco». Nun encontro con Danielle Mitterrand, ó preguntarlle esta se os membros de Negu Gorriak eran vasco-españois ou vasco-franceses Fermin respondeu: «vascos». [1]
[editar] Datos biográficos
Naceu o 20 de abril de 1963 en Irún, Guipúzcoa. Desde pequeno, con 6 anos, aprendeu solfeo, a tocar o acordeón e a guitarra. Compartiu o mesmo interese pola música que os seus outros dous irmáns: Iñigo (máis pequeno que el) e Jabier (maior que el). Entre os tres conseguiron reunir unha colección de máis de 2.000 discos, que tiveron que repartir ó marchar Jabier de casa. Fermin estudiou pedagoxía na Universidade de Salamanca, onde empezou a dar mostras de querer montar un grupo. Foi tras ver un concerto de The Clash en Donosti cando finalmente se decidiu a montar un conxunto musical.
Actualmente, Fermin Muguruza está divorciado e é pai dun neno e unha nena.
[editar] Carreira musical
A música de Fermin Muguruza parte principalmente do reggae, fusionado con elementos do soul, a música electrónica, drum and bass, folclore vasco, jazz, hip-hop, etc.
[editar] Kortatu: os anos 80
En 1984 fundou co seu irmán Iñigo e con Treku Armendariz o grupo Kortatu. Fermin encargouse de cantar e tocar a guitarra, mentras Iñigo collía ol baixo e Treku a batería. Apareceron encadrados no movemento do Rock radical vasco, e foron pioneiros en introducir o ska en España.
O grupo deuse a coñecer nun recompilatorio chamado «El disco de los cuatro» (Soñua, 1985), xunto a Cicatriz, Jotakie e Kontuz-Hi!. Posteriormente gravaron tres álbumes de estudio (Kortatu, 1985; El Estado De Las Cosas, 1986; Kolpez Kolpe, 1988), un disco en directo (Azken Guda Dantza, 1988) , un remcopilatorio para Europa (A Frontline Compilation, 1988) e un maxi-sinxelo (A La Calle, 1986), ademais dun feixe de sinxelos.
Kolpez Kolpe foi un disco fundamental na súa carreira, xa que é o primeiro no que compuxeron tódalas cancións en euskera, idioma que tiñan recén aprendido. Ademais, o productor foi Kaki Arkarazo (daquela guitarrista de M-ak), que se incorporou á banda como segundo guitarrista.
Despois da gravación de Azken Guda Dantza o grupo separouse. Durante os catro anos de actividade deron un total de 280 concertos por toda a xeografía española e por numerosos países europeos.
[editar] Negu Gorriak: os 90
Despois de dous anos de inactividade, Fermin (voz), Iñigo (guitarra) e Kaki (guitarra) formaron unha nova banda: Negu Gorriak, coa que explorarían a fusión con nuevos ritmos (rap, hardcore e ritmos latinos). En 1990 apareceu o seu primeiro disco: Negu Gorriak, pero decidiron que no saerían de xira polo momento. O seu primeiro gran concerto reservárono para a marcha anual dos familiares de presos vascos á prisión de Herrera de la Mancha (concerto que aparecería no vídeo Herrera de la Mancha. 90-12-09). Neste concerto se lles uníu como baixista Mikel «Anestesia».
En 1991 deron un paso de xigante. O trío inicial configurouse definitivamente como quinteto coa incorporación de Mikel «BAP!!» á batería. Ademais sacaron adiante a súa propia compañía discográfica: Esan Ozenki Records. Coa recén creada compañía editaron un novo disco, Gure Jarrera, que foi unanimemente alabado pola crítica musical (desde Radio 3, El País, ou a revista musical Rockdelux, que elexiu Gure Jarrera como disco nacional do ano. Esta vez o grupo iniciou unha xira (chamada Gora Herria/Power to the People Tour 91) que os levou por países como Francia, España, Italia, Reino Unido ou Cuba. Como testemuña editaron o maxi sinxelo Gora Herria, con cortes gravados en directo durante a xira.
En 1993 apareceu a mellor obra do grupo, o doble vinilo Borreroak Baditu Milaka Aurpegi. Mesmo xornais conservadores como ABC ou El Correo Español mostraron eloxios respecto ó novo álbum de Negu Gorriak. Rockdelux volveu premialos como mellor discos estatal e co posto 30 na lista de «Los 100 mejores discos españoles del siglo XX». O grupo embárcase en Itxurakeriari Stop!! Hypocrisy Tour 93, unha nova xira (a máis longa da súa historia) que os levou pola República Checa, Italia ou Alemania, terminando o 30 de outubro en Bilbao ante 9.000 personas. O concerto gravouse e editouse en LP e CD baixo o título Hipokrisiari Stop! Bilbo 93-X-30.
En maio dese ano o Tenente Coronel da Garda Civil Enrique Rodríguez Galindo demandou a Negu Gorriak por un delito de «daños al honor y difamación del buen nombre». O motivo foi a canción Ustelkeria (do disco Gure Jarrera), na que Negu Gorriak, baseándose nun informe do fiscal donostiarra Luis Navajas, acusaron ó Coronel de narcotráfico. Galindo exixiu un pago de 15 millóns de pesetas (90.000 euros), ademais de non poder tocar a canción en directo, nin incluíla en futuras reedicións de Gure Jarrera.
Durante 1994 non editaron ningún traballo de estudio, pero realizaron as súas primeiras xiras por América Latina: unha xira solidaria co FMLN en El Salvador e o Hegoamerikan Tour 94, por Chile, Arxentina ou Uruguai. A modo de resume do feito durante o ano editaron outro vídeo, Negu Gorriak Telebista.
Durante a xira por Arxentina, Fermin fixo amizade con Fidel Nadal, vocalista de Todos Tus Muertos e gran admirador de Negu Gorriak. Fermin produciulles o CD Dale Aborigen (1995), no que o grupo arxentino realizaba unha versión do tema de Negu Lehenbiziko bala). Ademais compúxolles o tema Alerta guerrillas e puxo a voz en varios cortes do álbum.
En 1995 apareceu o cuarto traballo de estudio dos vascos, Ideia Zabaldu. Dáse un xiro no son hacia ritmos latinos, como resultado das súas xiras por latinoamérica, polo que o disco é moito máis positivo que o escuro e denso Borreroak.
Aínda que a demanda de Galindo foi desestimada nos Xulgados de Primeira Instancia, a Audiencia Provincial de Guipúscoa fallou a favor deste, o que fixo perigar o futuro do grupo e a discográfica, xa que non dispuña dos máis de 60.000 euros que lles pedía o recén ascendido a Xeneral. O grupo recurriu ante o Tribunal Supremo, e a sentencia queda á espera da resolución por este tribunal. En xuño lánzanse outra vez ós escenarios, iniciando tamén unha campaña de solidariedade e a favor da liberdade de expresión, que culmina coa edición dun recmopilatorio solidario co grupo en Italia: Parla! Libertà d'espressione (Radio Tandem, Esan Ozenki-Gora Herriak, 1996). Negu Gorriak contribúen co tema "Une Hilak". Durante este ano, Fermin exerce como productor das suízas Wemean. O resultado é o álbum Wemean (Esan Ozenki-Gora Herriak, 1996), no que ademais pon voz no tema Stop al Pánico.
En 1996 Negu Gorriak edita o disco Ustelkeria (Esan Ozenki). Ten como obxectivo recaudar fondos para afrontar o proceso xudicial aberto, e contén rarezas, caras B dos sinxelos e temas inéditos. Realízase unha tirada limitada (1.500 copias) que se venden a 5.000 pesetas (uns 30 euros). O disco non se distribúe por tendas, véndese só por correo acompañado dun libreto con información sobre o xuízo. Ese ano Negu Gorriak disólvese, dando o seu último concerto nas xornadas organizadas polas asociacións xuveniles Jarrai e Gazteriak. Comparten cartel con Zebda, Dut e Body Count. Coa noticia da disolución, entregan o seu último disco de estudio, Salam Agur (Esan Ozenki), composto por completo por versións de grupos que influíron ó grupo, como The Clash, Minor Threat, Bob Marley, Redskins, The Who ou Otis Redding. O grupo promete volver se gañan o xuízo.
[editar] Abrir as portas: o disco con Dut
Un ano despois da disolución de Negu Gorriak, Fermin únese ó grupo Dut para publicar un só disco, Ireki Ateak (Esan Ozenki, 1997), asinado co nome de Fermin Muguruza eta Dut. Tras esta colaboración inicia a súa carreira en solitario, destacada pola fusión de diversos estilos.
[editar] Brigadistak Sound System e Dub Manifest
En 1999 apareceu o seu primeiro disco en solitario, Brigadistak Sound System. Nel mézclanse reggae, ska, rock e jungle, con algúns elementos de raggamuffin ou salsa, e participando multitude de artistas internacionais. O disco iniciouse cunha colaboración entre Fermin e os venezolanos Desorden Público. Así, cada canción está gravada nun punto diferente do planeta, desde Roma ata Caracas, pasando polos Ánxeles, París, La Habana ou Barcelona. Neste disco Fermin non contou cunha banda fixa (o que será habitual nos discos posteriores), senón que cada canción estaba gravada con diferentes bandas e músicos, como Banda Bassotti, Hechos Contra el Decoro, Manu Chao, Amparo Sánchez (de Amparanoia), Angelo Moore (de Fishbone), o grupo cubano Los Van Van ou os arxentinos Todos Tus Muertos. O propio nome fai referencia ás diferentes personas que se involucraron, ó modo duns «Brigadistas Internacionais do Son». As mezclas finais realízanse nos Estudios Katarain (Azkarate, Navarra) de man de Kaki Arkarazo.
A temática do disco é bastante heteroxénea. Desde unha perpectiva abertzale («Harria») pero sen perder o internacionalismo («Brigadistak»), Fermin toma a palabra («Hitza Har Dezagun») e se converte nunha «nación andante» («Nazio Ibiltaria Naiz»), reclamando os dereitos dos pobos oprimidos («Newroz», «Maputxe») e arremetendo contra os poderosos, as súas institucións e o seu «mirar para outro lado» («Puzka» ou «Urrun»). Non faltan versións, como 54-46, That's my number dos seus admirados Toots and The Maytals («54-46») ou do poema do escritor vasco Joseba Sarrionaindia («Eguraldi Lainotsua Hiriburuan»). Tamén, aparte do euskera, apareceron no disco multitude de linguas, desde o castelán ó francés, pasando polo aragonés, catalán, mapuche, kurdo, ou inglés entre outros.
O disco obtivo boas críticas. Rockdelux situouno no posto 55 entre os 100 mellores discos españois do século XX. Fermin foi premiado na IV Edición dos Premios da Música que concede anualmente a SGAE na categoría de «Mellor Canción en Euskera» por «Urrun». Fermin negouse a aparecer na gala e rexeitou o premio:
«Hacer un premio aparte para la música en euskera o en catalán, aunque sea para darles una relevancia que de otro modo no tendrían, no me parece bien. Si se hace un patronato o academia para dar los premios que no haga un apartado especial a nuestra lengua porque entonces, en vez de apoyar, se discrimina: una canción en euskera nunca podrá ser la mejor del año porque siempre estará apartada. De todos modos, yo, con esto de los premios, soy más como Woody Allen y sólo asisto si creo que puedo aportar algo. Una vez recogí uno que Radio 3 dio a Negu Gorriak. Era una fiesta en un club y era otra movida: el movimiento por la insumisión estaba superfuerte y aproveché para dedicar el premio a los insumisos.»
Ese mesmo ano apareceu ErREMIXak, un disco con sete remezclas doutras tantas cancións de Brigadistak Sound System. Apareceu primeiro como CD exclusivo da revista Entzun!!, pero máis tarde editouse para a súa venta en tendas.
Para presentar o disco en directo, Fermin formou a Fermin Muguruza Dub Manifest, banda de apoio formada por músicos de diferentes países, a maioría dos cales xa colaboraran na gravación de Brigadistak Sound System: Sorkun (coros, ex-vocalista do grupo de punk-rock vasco Kashbad), Mikel Abrego (batería de BAP!!, Nación Reixa ou Negu Gorriak), Oskar Benas (guitarra), Hugues Schecroun (teclados, membro da banda francesa Spartak Dub International), Brice Toutoukpo (baixo, tamén de Spartak Dub International), Stefano Cecchi (trompeta do grupo italiano de reggae Ramiccia), e Francesco "Sandokan" Antonozzi (trombón, tamén de Ramiccia). Con eles iniciou unha xira que os levou por diferentes lugares do estado, así como a Italia, Francia ou Os Ánxeles.
Con esta mesma banda gravou o seu segundo traballo en solitario: FM99.00 Dub Manifest (2000). O disco adentrouse nos terrenos da música electrónica e o drum and bass sen perder o reggae e o ska como bandeira. As colaboracións son tamén destacadas, como as de Magyd Cherfi e Mustapha Amokrane (do grupo Franco-arxelino Zebda) en «Bere-Bar», Selektah Kolektiboa (grupo pioneiro en facer hip-hop en euskera) en «Diru espainol zikina» ou Nacho Murgui (ex-vocalista de Hechos Contra el Decoro) en «Radical chic».
A banda iniciou unha nova xira europea, e chegou a tocar por primeira vez en Xapón (no Festival Fuji-Rock) e en Quebec (no Fortuna Reggae Festival). Ó terminar a xira de 2001, desintegrouse a Dub Manifest e Fermin comezou a preparar novos proxectos, incluída unha reunión de Negu Gorriak.
Durante estes dous anos colaborou en diferentes gravacións de varios grupos: cos asturianos Dixebra, poñendo voz ó tema «Wilma Loulé», incluído no disco Glaya un país (2000), con Reincidentes no tema «Un pueblo» do disco Y ahora Qué (2000) e con Desorden Público en «Cyber-revolucionario» do disco Diablo (2000).
Ademais Fermin compuxo dúas cancións («Furtibo putakumiak» e «Basurdea») para a banda sonora da curtometraxe de Ane Muñoz Basurdea. «Furtibo putakumiak» editouse no recompilatorio 21 inéditos y exclusivos (2002), con motivo da edición do número 200 da revista Rockdelux.
[editar] Negu Gorriak: a victoria é nosa
O 7 de xuño de 2000 o Tribunal Supremo absolveu a Negu Gorriak de tódolos cargos ó considerar que a querela de Galindo estaba mal plantexada. Os avogados deste non recurriron, e Negu Gorriak anunciou en xaneiro de 2001 a victoria sobre o Garda Civil e a celebración de dous concertos como despedida final e agradecemento a todo o apoio recibido durante o proceso. Os concertos tiveron lugar en febreiro, en Bayona ante 4000 personas e no velódromo de Anoeta en San Sebastián con 13.000 siareiros. Debido á venta masiva de entradas (agotáronse en menos dun mes) e á expectación creada, o grupo anunciou que realizaría dous concertos en Anoeta. Ademais, reeditouse Ustelkeria para a súa venta en tendas. Arredor de 30.000 personas foron testemuñas dos tres últimos concertos de Negu Gorriak.
A reagrupación de Negu Gorriak fixo que os italianos Banda Bassotti, disoltos en 1994, se reagrupasen tamén para tocar como teloneiros. Con estes concertos a Banda Bassotti comezou a publicar novos discos. O primeiro deles, Un Altro Giorno D'Amore (Gridalo Forte, 2001) é un doble CD gravado en directo no concierto no Centro Social Okupado Villaggio Globale de Roma. Neste concerto apareceu Fermin e interpretou con eles os temas de Kortatu «La línea del frente» e «Zu Atrapatu Arte».
Esan Ozenki, discográfica sempre unida a Negu Gorriak, disolveuse co grupo, pero reapareceu como un novo proxecto: Metak (e Gora Herriak transformouse en Alter-Metak). Así, Fermin abandonou a xestión do selo, centrándose na súa música. Ó inicio de 2006 Metak anunciou a súa desaparición ante as malas ventas de discos.
O Xeneral Galindo, dentro dos procesos abertos en 1996 contra a «trama dos GAL» (Grupos Antiterroristas de Liberación), foi condenado en 2000 a 75 anos de prisión por secuestro, tortura e asasinato de Joxi Lasa e Josean Zabala. En 2002 foi inhabilitado, retirándoselle o seu rango de Xeneral por parte do Ministerio de Defensa. En marzo de 2004 aplicóuselle o terceiro grao penitenciario. Cumpliu cinco anos de cárcere.
[editar] Comunicación-Incomunicación
Durante 2002 Muguruza empezou a dar forma a un novo traballo de estudio. Deixar o seu traballo en Esan Ozenki permitiulle concentrarse no que ía ser o seu proxecto máis ambicioso. Para iso púxose en contacto con diferentes músicos para darlle ó disco un ar máis repousado e menos bailable que os anteriores. Elexiu a Mikel Abrego (batería) e a Alfonso Arias «Papuchi» (ex-guitarrista de Alcohol Jazz e os xa extintos Hechos Contra el Decoro) como xérmolo da nova banda. Este último puxo a Fermin en contacto con Eva Reina (coros) e Andrés Belmonte (baixo), membros tamén de HCD. Máis tarde incorporáronse Begoña Bang Matu (coros, ex-cantante de Malarians), Eric Herrera (trombón de Dr. Calypso e Amousic Skazz Band), Gorka Benítez (saxo), Raynald Colom (trompeta), Mikel Azpiroz (piano e teclados), Joseba Tapia (trikitixa) e DZ (DJ de Selektah Kolektiboa) ós pratos e scratchs, que aparece como un instrumento máis. Os ventos, guitarras e o piano dábanlle ó disco un ar jazz, mentras que os coros acercábano ó soul. A base reggae conseguiuse con baixo-batería, mentras que o toque electrónico proporcionárono os scratchs e as programacións. Fermin abandonou a espontaneidade, adentrándose na búsqueda de detalles e instrumentacións máis traballadas. A mezcla de ritmos é exactamente o que estaba buscando Muguruza, que ten reiterado que este era o seu traballo máis coidado e traballado.
A gravación realizouse nos Estudios Garate, con Kaki Arkarazo como productor. Tras tres semanas iniciouse a masterización nos Estudios Translab de París, controlada por Pompon Filkenstein. O disco, chamado In-komunikazioa, apareceu en outubro da man dun novo subselo de Metak: Kontrakalea Ekoizpenak, que daquí en adiante publicaría tódolos traballos de Fermin e de músicos baixo a súa tutela (os discos en solitario de Sorkun e Áfrika, a banda de rap do País Vasco francés MAK, ...).
O disco partía das bases de FM99.00 Dub Manifest, pero introducíndose en terrenos máis reggae («Zubizuria», «Beti izango dugu Bilbao», «Bidartean») e soul («Azperena», «Armagideon tenoreko aztarnak»), o que, xunto coas súas letras, deulle un toque máis intimista e sosegado. Aínda así, tamén conta cun drum'n'bass («Leonard Peltier free») e con temas máis bailables como «Hiri debekatura bidai txartela» con elementos do funk. Como é habitual, aparecen varias colaboracións, como a rapeira Ari, Rude ou Áfrika.
O disco foi moi ben recibido pola crítica (obtivo o posto número 12 na lista de «Mellores Discos Nacionais de 2002» de Rockdelux) e Fermin gañou de novo o premio á «Mellor Canción en Euskera» na VII Edición dos Premios da Música con «In-komunikazioa». Esta vez, Fermin si acudiu a recoller o premio cunha idea na cabeza: dedicarllo ós traballadores do periódico Euskaldunon Egunkaria pechado pola súa presunta relación con ETA, solidarizándose así con eles. A dedicatoria non sentou ben a un sector do público asistente á gala, que empezou a asubiar e abuchear ó músico. Na rolda de prensa posterior sufriu tamén o ataque de varios xornalistas, pero tampouco faltaron as mostras de solidariedade dalgúns dos asistentes ó acto:
«Todos esos periodistas iban a derribar... es esa política del acoso y derribo. Iban a derribarme a mi, ya no como artista pues no podían ya me habían entregado un premio, pero sí como persona que dice lo que piensa. Lo único que hacían era atacar, chillar, gritar, entonces imagínate para mantener en esos momentos el temple y poder contestar de una manera razonable… lo hice de la manera que puede, pero fue de vergüenza y dejaron bien claro que tipo de periodistas son.
[...] por otro lado he recibido el apoyo de cientos de periodistas y músicos del Estado español que se han estado solidarizando conmigo y de hecho también con lo que dije... Que fue denunciar el cierre del periódico Egunkaria por las armas, pues así fue. Allí mismo también hubo gente que aplaudió... Ojos de Brujo o Diego Manrique. Y ahora estoy recibiendo cartas de Andrés Calamaro o de otro montón de músicos que están escribiéndome y diciéndome "que vergüenza el panorama de los músicos que estuvieron el otro día presentes en la sala y que se pusieron a abuchear".»
Debido ó embarazo de Eva Reina, Fermin pospuxo a presentación do disco en directo. Non habería xira polo momento, aínda que si algúns concertos aillados. O primeiro tivo lugar o día que recolleu o premio da SGAE. Presentouse no centro Social Okupado El Laboratorio de Madrid xunto a «Papuchi» e Begoña Bang Matu e improvisaron un concerto. A nova banda de Fermin (Fermin Muguruza kontrabanda) estaba formada por Mikel Abrego (batería), «Papuchi» (guitarra), Eva Reina (coros e teclados), Andrés Belmonte (baixo), Begoña Bang Matu (coros), Sorkun (coros), Jon Elizalde (trombón), Igor Ruiz (saxo), Aritz Lonbide (trompeta), Kristina Solano (trikitixa) e DZ (platos e scratchs). Os primeiros concertos da banda foron no festival Bizi Gara («Estamos Vivos») xunto a Sorkun, Kuraia, -Gailu e Bad Sound System. Os concertos tiveron lugar a finais de novembro de 2002 en Hazparne (País Vasco francés) e Donosti. O 23 de novembro, aproveitando uns ensaios en Madrid, a Kontrabanda realizou un concerto sorpresa na Sala Caracol con motivo do «Aguascalientes Zapatista» que se estaba celebrando na cidade. Ó día seguinte, Fermin participou na presentación da revista zapatista Rebelión xunto a Manu Chao, director da mesma, e Fernando León de Aranoa. O 5 de decembro volveron a actuar no Festival Transmusicais de Rennes, na Bretaña. Foi o último concerto, polo momento, da Kontrabanda.
Co disco terminado foi invitado por Raúl Fernández (do grupo Refree) a interpretar un tema xunto coa orquesta The Rockdelux Experience nun concerto que se ía ofrecer o 30 de outubro para celebrar a edición do número 200 da revista Rockdelux. O concerto consistiu nunha selección de 19 cancións interpretadas por The Rockdelux Experience e cantadas por diferentes músicos como Nacho Vegas, Fernando Alfaro (de Chucho), J (de Los Planetas) ou Miguelito «Superstar» e Paquito «Sex Machine» (da Fundación Tony Manero). Pola súa parte, Fermin interpretou o tema «Neskak Zero Katea Ikusten Du», versión en euskera de «She Watch the Channel Zero?!» de Public Enemy, que xa fixera Negu Gorriak no disco Salam Agur. O concerto editouse nun CD que acompañou ó número 209 da revista: The Rockdelux Experience. 30.10.2002 (Sinedín-Rockdelux, 2003).
En 2003 saíu á rúa Irun Meets Bristol. Komunikazioa, un disco de remezclas de In-komunikazioa. O disco é froito da colaboración entre Muguruza e diferentes músicos de Bristol (Reino Unido). Fermin amosou así as dúas caras da moeda: a incomunicación, ol pesimismo e os ritmos sosegados de In-komunikazioa transformáronse na comunicación, o positivismo e os salvaxes ritmos drum'n'bass de Komunikazioa. Os días 12 e 13 de abril apareceron os primeiros números do xornal Egunero, sucesor de Egunkaria. A modo de campaña de apoio ó novo periódico, o disco puido conseguirse xunto con este, e parte dos cartos recaudados foron doados ó xornal. O 14 de abril púxose á venta nas tendas de discos. Tamén existe unha edición cos dous discos xuntos: In-komunikazioa/Komunikazioa Kutxa (Kontrakalea-Metak).
[editar] Jai-Alai Katumbi Express
Debido a este parón, en 2003 embarcouse xunto a Manu Chao e a súa banda Radio Bemba Sound System nunha xira chamada Jai-Alai Katumbi Express. O proxecto naceu no «Aguascalientes» de Madrid, onde se encontraron Manu e Fermin. Nun primeiro momento os músicos deron conciertos en salas de pequeno aforo. Os temas que interpretaron eran mezclas de cancións de Manu Chao-Mano Negra e de Fermin-Negu Gorriak. Desta xeito, temas como «Merry Blues» mezcláronse con «Maputxe», ou «Peligro» con «Eguraldi lainotsua hiriburuan». Durante tres meses (de febreiro a abril) recorreron boa parte da xeografía española, para seguir máis tarde cunha mini-xira europea por Francia, Holanda e Bélxica. Nesta xira decidiron abandonar o formato de salas de pequeno aforo e fan concertos multitudinarios, ó igual que na terceira fase da xira. Durante a súa estancia en Francia tocaron por sorpresa o 31 de maio en Annemasse, dentro dos actos organizados contra a reunión do G8 que se estaba realizando nese momento en Evian.
En agosto comezou no País Vasco francés a terceira fase da xira, que continuou por Italia, Suíza e Alemania. Os últimos concertos estaban programados para diferentes cidades de España: tres días en Pamplona, o 26 en Vigo, o 28 e 29 en Madrid, o 30 en Tenerife, o 2 de setembro en Málaga, o 4 en Murcia e o 6 en Rubí (Barcelona). Antes do concerto de Málaga, a Asociación de Víctimas do Terrorismo (AVT) pediu que non se cedese o polideportivo municipal «José María Martín Carpena» (concelleiro malagueño do Partido Popular asasinado por ETA en xullo de 2000), xa que consideraban un insulto que actuase alí Fermin Muguruza, acusándoo de ter militado en Batasuna e de facer apoloxía de ETA. A AVT pediu a outros concellos que no cederan as instalacións municipais se Fermin Muguruza actuaba. Manu Chao negouse a actuar sen Fermin. Como consecuencia das presións suspéndense os concertos de Málaga e Murcia. Durante estes días multiplicáronse na prensa española as críticas a Muguruza. De igual modo numerosos músicos, colectivos políticos e particulares asinaron un comunicado de apoio ós dous músicos.
A AVT esgrimiu como proba a canción «Sarri, Sarri», un dos grandes éxitos de Kortatu (de 1985). A súa letra celebraba a fuxida do cárcere de Martutene de Joseba Sarrionaindia e de Iñaki Pikabea, condenados pola súa pertenza a ETA. Finalmente, Fermin Muguruza foi denunciado pola AVT e a Plataforma Convivencia Cívica Catalana ante a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña por apoloxía do terrorismo. Máis tarde, Manu Chao ironizaría con respecto á denuncia:
{{Cita|«[...] La citada canción es del primer disco de Kortatu compuesta hace 18 años sin que hasta el día tengamos constancia que se haya interpuesto denuncia por ello. A pesar del tono de las declaraciones de Fermin y Manu parece que la AVT o la plataforma Convivencia "Cívica" Catalana se personaron en el concierto de Rubí y sólo pueden "agarrarse" para mantener sus "tesis" que Fermin cantó "Sarri-Sarri", por otra parte coreado en la sala sin que tampoco hayan denunciado a los asistentes del concierto por co-autores o colabores necesarios.»
Desde entón Fermin Muguruza sufríu un boicot xunto con outros grupos vascos como Soziedad Alkoholika ou Su Ta Gar, debido ás presións da AVT, malia as súas reiteradas declaracións de non estaren dacordo coa loita armada de ETA:
«Particularmente, creo que en el momento en que ETA deje de actuar, que es lo que deseamos todos, debe haber un trabajo político para el que necesitaremos todas las herramientas que podamos tener en nuestras manos, incluso la desobediencia civil, pero, después de lo que ha hecho el gobierno español, hay que tener en cuenta que cualquier colectivo que moleste a ese estado puede desaparecer. Ten cuidado: igual ahora tu revista también se convierte en terrorista por publicar entrevistas como ésta.»
«Llevo años afirmando que estoy en contra de la violencia de ETA, pero parece que no se me hace caso, que no se me quiere creer. Sí, soy independentista y de izquierdas, pero eso no significa que esté a favor de la violencia, por eso creo que todo esto no es sino una persecución ideológica que pretende evitar que todas las vías políticas sean consideradas a la hora de buscar soluciones a un panorama político que parece interesar se encone cada día más.»
«Yo no apoyo la lucha armada, aunque sí soy militante de Batasuna. Ojalá ETA iniciara una nueva tregua. Igual que EEUU, que debería declarar una tregua a los demás países del mundo.»
[editar] Komunikazioa Tour
Unha vez terminada a xira Jai-ALai Katumbi Express e recuperada Eva Reina do seu parto, a Fermin Muguruza Kontrabanda puxo en marcha o Komunikazioa Tour. A trikitilari Kristina foi substituída por Xabi Solano. Os primeiros concertos son o 28 de setembro en Artozki e o 22 de novembro nos campamentos de refuxiados saharauis de Tinduf (Arxelia), no marco do Sahara Festival.
O 27 comezou unha accidentada xira por España. A AVT continuou coa súa política de presión ós diferentes concellos e salas de concertos que programaban a Muguruza, conseguindo que se suspendesen os concertos de Logroño, Asturias, Murcia, Valencia, Castellón, Huesca, Zaragoza e Madrid. En moitos casos a banda puido actuar co apoio dos propios concellos, como en Córdoba e Mérida. Nos casos de Madrid e Valencia, foron suspendidos debido ás amenazas de grupos de ultradereita contra os propietarios das salas Repúblika (Valencia) e Caracol (Madrid). As amenazas de grupos de extrema dereita non eran novas. En 2001, detívose a un grupo de personas ás que lles explotou accidentalmente un artefacto explosivo de fabricación caseira que pensaban detonar durante un concerto de Fermin Muguruza. En 2005 os acusados foron condenados a seis anos de prisión pola Audiencia de Barcelona. A primeira parte da xira termina con doblete en Barcelona. Testemuña da xira é o disco en directo Sala Apolo, Barcelona 21/01/04 (Kontrakalea-Metak, 2004).
A segunda parte da xira levou á Kontrabanda por todo o mundo. Arrancou o 24 de febreiro en Toulouse, e os levou por Europa, Uruguai, Arxentina, Chile, Estados Unidos, Xapón e Canadá, así como por diferentes localidades españolas. A entrada a EE.UU. resultou difícil, ó non obteren os visados ata dúas semanas antes das súas actuacións no Sierra Nevada World Music Festival (en Angel's Camp, California) e no Fillmore de San Francisco. En Xapón actuaron de novo no Fuji Rock e no Radical Music Network Festival. Tamén acodiron a Roskilde (Dinamarca), onde participaron no prestixioso Festival de Roskilde.
O 22 de maio conseguiron tocar en Madrid, no concello de Rivas Vaciamadrid, mercede ó apoio do concello. O concerto, ó igual que os que xa dera en 2002, enmarcouse nunha campaña para festexar o vinte aniversario do levantamento do EZLN. A Kontrabanda tocou en compañía de dúas bandas locais: as hiphopeiras BKC e Desechos (banda que xordeu das cinzas de Hechos Contra el Decoro). 24 horas antes do concerto e con 2.000 entradas vendidas, o Goberno da Comunidade Autónoma de Madrid, a través da Dirección Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza e de Política Interior, decretou a prohibición do concerto argumentando que «o concerto vulnera os valores e normas de convivencia propugnados na nosa Constitución». Malia todo, o concerto acabouse realizando, o que lle valeu ó Concello de Rivas unha multa de 30.000 euros. A asociación cultural Ladinamo (organizadora do concierto) lanzou un comunicado buscando apoio fronte á amenaza de multa que se cernía sobre ela. Meses máis tarde, a Comunidade de Madrid notificou á asociación a apertura dun expediente de sanción que podería conlevar unha multa de entre 30.000 e 300.000 euros, o peche do seu local entre seis meses e dous años, e a prohibición de realizar actividades de calquera tipo.
Durante a xira Fermin declarou sentirse canso da dinámica «disco-xira», e anunciou o seu último concerto para o 16 de agosto dentro da Semana Grande de Bilbao. Ó concerto acudiron máis de 20.000 personas.
[editar] Novos proxectos
Debido ás súas declaracións sobre que o Komunikazioa Tour ía ser a súa última xira, os rumores sobre a retirada de Fermin do mundo da música se multiplicaron. Fermin desmentiu os rumores rapidamente, anunciando varios proxectos musicais.
Encárgase de novo da banda sonora dunha curtametraxe de Ane Muñoz (El Salto de Beamon). Así, grava «Beamon Jauzia», «Amesten» e «Beamon». Ademais traballa en cancións para a obra de teatro infantil Xomorroak (Bizitza Lorontzian)/Bichitos (La Vida en el Tiesto) dirixida por Anartz Zuazua e Klaus Groten. Como a obra se representa en euskera e en castelán, a banda sonora consta de 14 cancións nas dúas linguas. A obra trata sobre as aventuras dun conxunto de insectos que viven nun pequeno tiesto chamado Euskal Herria. As cancións, nunha linguaxe infantil, teñen unha gran carga irónica (un aceno ós maiores que se acercan a vela) e van cargadas de mensaxes para os máis pequenos: en «Euliak eta Armiarmak/Moscas y Arañas» censúrase a crueldade hacia os bichos; en «Charlie Legala Da/Charlie Es Legal» critícase a manipulación dos medios de comunicación; en «La Guardia Insectil" critícase a persecución a inmigrantes por medio dos Corpos de Seguridade á vez que se fala de tender a man á inmigración (legal ou ilegal). En canto á música, Fermin céntrase en ritmos electrónicos, jungle, drumm'n'bass e Trip-Hop, sen deixar de lado o rock, o raggamuffin ou ritmos latinos en forma de tangos. Fermin conta coa colaboración de Oskar «Benas» (guitarra e baixo), Xabi Solano (trikitixa), Matxinsalto Pottoloa (trompeta), Ehunzango Mehea (saxos) e Marisorgin Tsunamia (trombón). Para as voces, canta o propio Fermin, Sorkun, Fernando Sapo (cantante de Kuraia), Libe García e os propios actores da obra: Aitor Gabilondo, Itziar Urretabizkaia, Asier Sota, Aitziber Garmendia, Carlos Salaberri e a directora Anartz Zuazua, así como máis personas que aparecen nos coros dalgúns temas. O disco gravouse nos estudios Kontrakalea House (Irún) con Karlos Osinaga como técnico de son. A masterización tivo lugar nos estudios Katarain. O disco resultante Xomorroak (Bizitza Lorontzian)/Bichitos (La Vida en el Tiesto) (Kontrakalea-Metak, 2004) aparece en outubro e só se vendía por correo ou nas representacións de la obra, ata finais de abril de 20055, que aparece nas tendas. O disco, ademais dos 28 cortes, inclúe o «Xomorrokaraokea»: 8 cancións sen voces para cantar a modo de karaoke.
Edita un recompilatorio da súa carreira en solitario: Fermin Muguruza 99-04 (Kontrakalea-Metak, 2004). A escolma está formado por un DVD que recolle concertos das xiras con Fermin Muguruza Dub Manifest e da Fermin Muguruza Kontrabanda, así como os seus vídeos de «Urrun», «Big Beñat» e «In-komunikazioa» e diferentes reportaxes das xiras e eventos nos que se involucrou Fermin nestes anos. O DVD está acompañado dun CD recompilatorio de rarezas e remezclas. No CD recóllense varios temas que Fermin gravara para compilacións («Bideak», «Dues Nations», «Guayaquil City», ...), as súas contribucións ás bandas sonoras de Basurdea e El Salto de Beamon, diferentes remezclas e colaboracións (con Sorkun, Áfrika ou Overbass).
Fermin aparece de novo polos escenarios con diferentes alcumes, como Kontrakantxa Sound Anti-System ou DJ Laia. Aparece tocando ou pinchando en diferentes eventos, como o «Gazte Eguna» do barrio de Intxaurrondo (Donosti) ou a festa «Bizi Gara» que se realiza en Ámsterdam. Entre outubro de 2004 e maio de 2005 aparece por cidades como Berlín, Madrid, Barcelona, Nova York, Amman ou Damasco (estas últimas en Xordania). En Madrid, actuando como DJ Laia nunha sesión en LaDinamo e en febreiro actúa xunto a «Papuchi» nun concerto dedicado a recaudar fondos para a viaxe que os familiares de José Couso (cámara ferrolán asasinado por un tanque do exército estadounidense en Iraq) pretenden realizar por EEUU. Interpreta tres cancións en formato acústico, incluída «La Línea del Frente» de Kortatu.
O 22 de outubro aparece como Fermin Muguruza Trio Akustikoa xunto a Xabi Solano (trikitixa) e Jon ELizalde (trombón) nun concierto homenaxe ó recentemente falecido Laurel Aitken en Bolonia (Italia).
A finais de 2005 aparece un novo proxecto, Basque Fire Department, co que dá tres concertos. O primeiro é na festa do sexto aniversario de Bonberenea (casa okupada de Tolosa), o segundo co gallo do décimo aniversario do Kafe Antzokia de Bilbao, e o terceiro na sala Arkupe de Aoiz, unha vila amenazada polo Pantano de Itoiz. Forman parte do novo proxecto Xabi Solano (trikitixa), Jon Elizalde (trombón), Sorkun (voz), Mikel Abrego (batería), DZ (platos e scratcs'h') e Iñigo Muguruza (guitarra).
[editar] Por fin en Xamaica: Euskal Herria Jamaika Clash
Durante 2005 Fermin compón novos temas para un novo disco que pretende gravar en Xamaica. Para is, Muguruza entra en contacto con Clive Hunt, histórico da música xamaicana, mercede á mediación do productor francés Pierre Paparemborde (que actuará como productor executivo). Clive Hunt prepara o terreno para a gravación e en xaneiro de 2006, Muguruza viaxa a Xamaica xunto a Xabi Solano (trikitixa), Jon Elizalde (trombón) e Xabi Peri (programación, guitarra) para gravar un novo álbum. Hunt pon en contacto ós músicos vascos coa comunidade xamaicana, encargándose de levalos ó estudio, a concertos e de presentarlles ós músicos de sesión cos que realizarán a gravación. Estes serán Uzziah «Sticky» Thompson (percusións), Daniel «Axe Man» Thompson (baixo), Wayne «C#» Clarke (batería), Frankin «Bubler» Thompson (teclados), Wayne Armond (guitarra), Dean Fraser (saxo) e David Madden (trompeta). Todos son reputados músicos de sesión, que traballaron con Skatalites, Rita Marley, Jimmy Cliff, Shaggy ou Steel Pulse. O disco grávase nos estudios Tuff Gong International e se mezcla nos estudios Big Yard. Como vén sendo habitual nos seus discos, aparecen un montón de colaboradores de primeira orde da música xamaicana: as I-Threes (Rita Marley, Marcia Griffiths e Judy Mowatt), Luciano, U-Roy ou Toots Hibbert.
Unha vez gravado o material, Fermin repite nos estudios Translab con Pompon Filkenstein, para a masterización final. En maio aparece Euskal Herria Jamaika Clash. Debido a que a discográfica independente Metak, coa que Muguruza viña editando tódolos seus discos, pechou por problemas económicos, Fermin crea unha nova plataforma autoxestionada para editar o seu novo disco: Talka Records.
[editar] Militancia política
A carreira artística de Fermin sempre estivo unida á política.
Un dos primeiros aspectos políticos que condicionaron a súa carreira musical foi a elección do euskera como lingua de expresión. Fermin non puido aprender euskera no colexio (o seu uso nas escolas estaba prohibido polo franquismo), polo que o aprendeu á vez que Kortatu daban os seus primeiros pasos. De feito, coa excepción de «Zu atrapatu arte», as cancións en euskera que aparecen nos dous primeiros discos de Kortatu («Sarri, Sarri» en Kortatu; «Aizkolari», «9 zulo» e «Jaungoikoa eta lege zarra» en El Estado De Las Cosas) estaban escritas por outras personas. Pero en Kolpez Kolpe, co euskera recén aprendido, aparecen as primeiras composicións de Fermin en lingua vasca.
Outro dos aspectos máis característicos de Fermin é a súa aposta pola autoxestión e a filosofía do faino ti mesmo. Baseándose en músicos como Jello Biafra ou Ian MacKaye, Fermin fundou, xunto cos seus compañeiros de Negu Gorriak, a discográfica independente Esan Ozenki Records.
[editar] Discografía
[editar] Kortatu
- Sin título (Soñua, 1985), junto a Cicatriz, Jotakie e Kontuz-Hi!. Reeditado en CD por Oihuka en 2000.
- Kortatu (Soñua, 1985). Na reedición en CD (Oihuka, 1998) incluíronse dous temas extra: «Mierda de ciudad» e «El último ska».
- A La Calle (Soñua, 1986). Maxi sinxelo con 3 cancións.
- El Estado De Las Cosas (Soñua, 1986). Na reedición en CD (Oihuka, 1998), incluíronse as cancións do maxi sinxelo A la calle.
- A Frontline Compilation (Red Rhino-Organik, 1988). Recompilatorio, reeditado en CD por Oihuka en 1998.
- Kolpez Kolpe (Oihuka, 1988). Reeditado en CD por Esan-Ozenki en 1998.
- Azken Guda Dantza (Nola!, 1988). Doble LP en directo. Na reedición en CD (Esan-Ozenki, 1992) desaparecen os pitidos censores que se escoitaban no tema «Aizkolari». Nesta edición tamén se descubre que o personaxe oculto que aparecía no encarte de El estado de las cosas era Xoán Carlos I.
[editar] Negu Gorriak
- Negu Gorriak (Oihuka, 1990). LP e CD. Reeditado en por Esan Ozenki en 1996.
- Gure Jarrera (Esan Ozenki, 1991). LP e CD.
- Herrera de la Mancha. 90-12-29 (Esan Ozenki, 1991). VHS.
- Gora Herria (Esan Ozenki, 1991). Maxisingle. Reeditado en CD en 1994, incluíndo como tema extra «Apatxe gaua».
- Tour 91+1 (Esan Ozenki, , 1992). VHS.
- Borreroak Baditu Milaka Aurpegi (Esan Ozenki, 1993). Doble LP e CD.
- Negu Gorriak Telebista (Esan Ozenki, 1994). VHS.
- Hipokrisiari Stop! Bilbo 93-X-30 (Esan Ozenki, 1994). Disco en directo. LP e CD.
- Ideia Zabaldu (Esan Ozenki, 1995). LP e CD.
- Ustelkeria (Esan Ozenki, 1996). Recompilatorio de maquetas e rarezas; orixinalmente editado como disco de apoio que só se vendía por correo. Reeditado para a venta en 1999.
- Salam, Agur (Esan Ozenki, 1996). CD.
- 1990 - 2001 (Metak, 2005). DVD. Inclúe os tres VHS e parte dos concertos que deron en 2001. Inclúe un CD con temas en directo deses mesmos concertos.
[editar] Fermin Muguruza eta Dut
- Ireki Ateak (Esan Ozenki, 1997). CD.
[editar] Fermin Muguruza
- Amodio eta gorrotozko kantak/Canciones de amor y odio (1984-1998) (Esan Ozenki, 1998). Recompilatorio de diferentes cancións nas que participou. CD-libro.
- Brigadistak Sound System (Esan Ozenki, 1999). CD.
- ErREMIXak (Esan Ozenki, 1999). CD-sinxelo.
- FM 99.00 Dub Manifest (Esan Ozenki, 2000). CD.
- Korrika. Mundu bat euskarara bildu (Esan Ozenki, 2001). CD-sinxelo.
- In-komunikazioa (Metak-Kontrakalea, 2002). CD.
- Irun Meets Bristol. Komunikazioa (Metak-Kontrakalea, 2003). CD.
- Sala Apolo, Barcelona 21/01/04 (Metak-Kontrakalea, 2004)
- 99-04 (Metak-Kontrakalea, 2005). DVD cun CD de rarezas e remezclas.
- Xomorroak (Bizitza lorontzian)/Bichitos (La vida en el tiesto) (Metak-Kontrakalea, 2005). CD.
- Euskal Herria Jamaika Clash (Talka, 2006). CD.
- Bass-que Culture (Talka, 2006). DVD documental cun CD de remezclas do álbum Euskal Herria Jamaika Clash.
[editar] Fontes
- Negu Gorriak. La Victoria de la Palabra.
- Cervantes, Xavier: «Fermin Muguruza disco a disco», en Rockdelux 166: setembro de 1999. pp. 18-19. Reseñas de tódolos seus álbumes ata Brigadistak. Dispoñibles na páxina web de Fermin Muguruza.