Negu Gorriak
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Negu Gorriak | |
---|---|
<span class="hiddenStructureNegu Gorriak durante un concerto en Bilbao o 9 de novembro de 1991">Negu Gorriak durante un concerto en Bilbao o 9 de novembro de 1991{{{caption}}} |
|
Información | |
Orixe | Guipúscoa, País Vasco |
País | País Vasco |
Período | 1990 - 2001 |
Xénero(s) | Ska |
Selo(s) discográfico(s) | Ohikua, Ezan Ozenki, Metak |
Membros | Fermin e Iñigo Muguruza, Kaki Arkarazo, Mikel Kazalis e Mikel Abrego |
Antigos membros | Non |
Web oficial | Non ten. Páxina web non oficial |
Negu Gorriak (éuscaro para «invernos crus»[1]) foi un grupo de música rock de fusión fundado en Guipúscoa en 1990. A súa influenza ten sido moi grande no desenvolvememento do rock tanto no País Vasco como no resto do estado. Foron calificados como unha das bandas de rock «máis importantes dos noventa».[2]
O grupo formárono os irmáns Fermin e Iñigo Muguruza (ex-membros do grupo Kortatu) xunto a Kaki Arkarazo (membro de M-ak e tamén ex-Kortatu). En 1990 uniuse Mikel «Anestesia» (guitarrista de Anestesia) e en 1991 fíxoo tamén Mikel «BAP!!» (batería do grupo BAP!!), manténdose esta formación até a súa disolución en 1996.
Musicalmente falando practicaban unha música de fusión que pivotaba sobre tres estilos fundamentais para a banda: rock, rap e reggae, ademais da música tradicional vasca.[3]
O seu compromiso político foi total, comezando pola elección do éuscaro e seguindo tanto no xeito de traballar como na temática das súas cancións. Elixiron a autoxestión e para iso crearon o selo Esan Ozenki. Baxista e batería foron insumisos, realizaron unha xira por El Salvador de apoio ó FMLN, o seu primeiro concerto ofrecérono fronte á cárcere de Herrera de la Mancha...
Foron denunciados polo xeneral da Gardia Civil Enrique Rodríguez Galindo pola letra da súa canción «Ustelkeria», na que mencionaban as acusacións de tráfico de drogas que éranlle botadas desde diferentes medios de comunicación, aínda que foron absoltos en 2001. Co motivo da súa absolución, celebraron tres concertos de despedida (aínda que oficialmente se disolveron en 1996, a disolución legal non foi até 2001) aos que acudiron en total máis de 30.000 persoas.[4]
Publicaron un total de seis discos de estudo, un directo e un recopilatorio con material que o grupo esparcira entre singles, colaboracións con outros músicos e grupos (Mano Negra, Inadaptats, BAP!!...) e aportacións a diferentes recopilatorios. O seu terceiro albume, o dobre LP Borreroak Baditu Milaka Aurpegi (1993) é considerado a súa obra maestra, e foi calificado como «a bomba [...] un dos mellores CDs editados, en calquera lingua e en calquera lugar, nos 90».[5]
Índice |
[editar] Historia
[editar] Os comezos: 1989-1990
Despois de disolver Kortatu, os irmáns Fermin e Iñigo Muguruza acordaron con Kaki Arkarazo (quen xa traballara con eles producindo Kolpez Kolpe e exercendo de esgundo guitarrista de Kortatu na derradeira xira do grupo) facer algo xuntos nun futuro, pero sen concretar nada.[6] En 1989, os tres puxéronse a traballar no baixo da casa de Kaki, onde este tiña un pequeno estdudo de grabación. Fermin ocupábase dos textos, mentres que Iñigo e Kaki (sobre todo este último) ocupábanse de musicalos e de grabar os diferentes samplers que empregaron, esplorando a fusión do rock con novos sons. Entre eles, están o rap (os tres son grandes fans de Public Enemy[7]) e a música negra en xeral como soul e funk (da que Kaki é un grande afeccionado), ademais de hardcore, ritmos latinos, etc.
A finais de 1989, Xabier Montoia (cantante de M-ak) falou con Fermin para encargarlle unha canción para un disco tributo a Mikel Laboa que estaba a cordinar. O disco ía contar con grupos veteráns e novos. Fermin tomou o testo e, xunto a Kaki e Iñigo, comezan a preparan diferentes temas baixo un secretismo absoluto. Máis tarde, Fermin admitiría que a escusa de estar a traballar para o disco homenaxe permitiulle agochar o nacemento de Negu Gorriak.[6] O disco foi, logo, a escusa perfeita para que os tres puidesen ensaiar sen que comezaran a propagarse rumores.
Así, o grupo presentouse en Txerokee, Mikel Laboaren Kantak (1990). Elexiron facer unha versión de «Gaberako aterbea»[8] («Refuxio Noturno»), unha canción baseada á súa vez no poema «Die natchlager» de Bertolt Brecht, que apareceu no LP de Laboa 12 (1989). Dalgúns versos do poema obtiveron o nome do grupo, Negu Gorriak:
|----- | valign="top" | Kontatu didaten Nueva York-en
Broadway eta 26 karrikaren kantoian,
negu gorrian, gizon batek gauero [...]| valign="top" |
- Contáronme que en Nova Iorque
na esquina da rúa 26 con Broadway
nos meses de cru inverno, hai un home tódalas noites que [...]
|} Fermin presentou oficialmente ó grupo na coluna na que escribía entón no diarío Argia.[9]A formación era entón a de Fermin á voz e Kaki e Iñigo ás guitarras. En xuño de 1990apareceu o seu primeiro disco: Negu Gorriak(Oihuka), onde supliron a falta de base rítmica cunha caixa de ritmos. O grupo decidiu non sair de xira polo momento. O seu primeiro grande concerto reservárono para a marcha que fan tódolos anos familiares de presos de ETAá cárcere de Herrera de la Mancha, organizada por Xestoras Pro Amnistía. Para este concerto uníuselles como baixista Mikel «Anestesia», guitarrista do grupo Anestesia. Á marcha acudiron unhas 13.000 persoas.[10]Despois dos mítins políticos tocoulle a vez a Negu Gorriak, quen interpretaron as cancións do seu primeiro álbum ademais de «Oker dabiltza», en homenaxe a Josu Muguruza e unha versión do villancico popular «Hator, hator», cancións que apareceran nun single editado con Basati Diskak. O concerto apareceu en video en 1991: Herrera de la Mancha. 90-12-29. O video foi coeditado por Esan Ozenki e as propias Xestoras. Os beneficios da súa venda foron destinados a estas.[11]
[editar] A consagración: 1991-1993
En 1991huobo dous acontecementos en torno á banda fundamentais para o seu devenir. O primeiro foi a consolidación dunha formación estable coa incorporación de Mikel «BAP!!» á batería, co que o trío inicial configurouse definitivamente como quinteto. O segundo foi a fundación da súa propia compañía discográfica: Esan Ozenki Records(«Bérrao Alto»). Ademais de editar os seus propios discos, decidiron facelo propio con outros grupos vascos que cantaran en éuscaro. Posteriormente crearían o sub-selo Gora Herriak(«Vivan os Pobos») co que editarían a bandas que cantaban noutras linguas.
A nova da creación de Esan Ozenki foi paralela ó anuncio da publicación do seu novo disco Gure Jarrera («A Nosa Posición»), que foi unanimemente gabado pola crítica musical. Dende Radio 3 (premiounos como «banda en directo do ano»[12]), El País («unha das bandas máis innovadoras de Euskadi»[13]), El Independiente («O primeiro disco de Negu Gorriak era tremendo. Éste é aínda mellor»[14]) o El Correo, que destacó el álbum como «disco de la semana»,[15]) hasta la prensa musical especializada, como Bat, Bi Hiru («su mundo musical es infinito»[16]) o Rockdelux, que eligió Gure Jarrera como mejor disco nacional del año.[17]
Durante 1991 e 1992 o grupo realizou dúas xiras internacionais. A primeira foi Gora Herria/Power to the People Tour 91 que levounos por estados como Francia, España, Italia, Reino Unido ou Cuba. A segunda foi o Tour 91+1. Tocaron en Alemaña, Francia, País Vasco, Italia e, por vez primeira, en México e Estados Unidos (onde telonearon a Fugazi). Como testimonio de ambas xiras apareceron dúas referencias: a primeira foi o maxi-single Gora Herria (1991), que contiña unha remestura da canción «Gora Herria» (na que colaboraron Manu Chao e Joseba Tapia) e varios cortes grabados en directo durante a xira do 91. A segunda foi o video Tour 91+1 (1992), con imaxes das dúas xiras.
En 1993 apareceu, segundo a crítica, a obra cumio do grupo, o dobre vinilo Borreroak Baditu Milaka Aurpegi («O verdugo ten un milleiro de facianas»). Aínda que houbo medios que entón calificaron o traballo de «pretencioso»,[18] o feito e que incluso algúns diarios conservadores como ABC ou El Correo Español amosáronse eloxiosos respecto ó novo álbum de Negu Gorriak.[19] Rockdelux volveu a premiarlles co primeiro posto da lista de mellores discos estatais (algo que, ata 2006, non repetiuse: só Negu Gorriak e Sr. Chinarro teñen colocado dous discos no número un da citada revista)[20] e co posto número trinta na lista d'«os 100 mellores discos españois do século XX».[21]
En mayo, el Teniente Coronel de la Guardia Civil Enrique Rodríguez Galindo demandó a Negu Gorriak y a Angel Katarain (técnico de sonido de la banda) por un delito de «daños al honor y difamación del buen nombre».[22] El motivo fue la canción «Ustelkeria» (del álbum Gure Jarrera), en la que Negu Gorriak acusaron al Coronel de narcotráfico, basándose en un informe del fiscal donostiarra Luis Navajas que había sido previamente publicado por diferentes medios de comunicación. Galindo exigió un pago de 15 millones de pesetas (90.000 euros), además de no poder tocar la canción en directo, ni incluirla en futuras reediciones del disco.[23] Esta denuncia dio origen a una larga batalla legal, que terminó resolviéndose a favor del grupo en 2000.
En setembro o grupo embarcouse na súa xira europea máis ambiciosa, Itxurakeriari Stop!! Hypocrisy Tour 93, a máis longa que realizaron na súa historia e que lles levou até Austria, a República Checa, Italia, Alemaña, Países Baixos, Bélxica, Francia e España, rematando o 30 de outubro en Bilbao ante 9.000 persoas.[24] O concerto grabouse e editouse como Hipokrisiari Stop! Bilbo 93-X-30 (1994).
[editar] O impacto de Latinoamérica
Ó longo de 1994 Negu Gorriak non editou ningún traballo de estudo. Kaki perdeuse a xira solidaria que Negu Gorriak realizaron por El Salvador en apoio do FMLN, debido a unha operación na que lle estirparon o bazo e a vesícula.[25] Por mor da súa ausencia, o grupo xirou co nome de NG Brigada. Con Kaki recuperado, o grupo ó completo marchou a unha nova xira por América Latina, o Hegoamerikan Tour 94. Durante os derradeiros días de setembro e os primeiros días de outubro os vascos recorreron Chile, Arxentina e Uruguai. A xira foi moi accidentada (con varias datas canceladas), debido aos incidentes ocurridos meses atrás, cando o Goberno de Uruguai decidiu extraditar a tres supostos membros de ETA, que iniciaron unha folga de fame e sede. A decisión do Goberno orixinou unha serie de protestas civís que saldáronse o 24 de agosto coa morte, a mans da Policía, de dous cidadáns uruguaios: Fernando Morroni e Roberto Facal (ambos por feridas con armas de fogo).[26]
A modo de resumo do feito durante o ano, editaron outro vídeo, Negu Gorriak Telebista.
As experiencias en Latinoamérica marcaron profundamente ó grupo, que deu un xiro no seu son cara a ritmos latinos. Así, en maio de 1995 apareceu o carto traballo de estudo dos vascos, Ideia Zabaldu («Difundir a idea»). A introducción deste tipo de sons fixo que o disco resultase moito máis positivo que o claustrofóbico Borreroak.
Ó álbum seguiulle unha nova xira, o Ideia Zabaldu Tour 95, unha xira dun mes por Europa. Durante o seu periplo español, estiveron acompañados por Todos Tus Muertos, con quen organizaran o Hegoamerikan Tour 94.
[editar] A campaña «Hitz Egin!»
Aínda que a demanda de Galindo foi desestimada nos Xulgados de Primeira Instancia, a Audiencia Provincial de Donostia fallou a favor deste, o que facía perigar o futuro do grupo e a discográfica, xa que non dispoñían dos máis de 90.000 euros que lles pedía o recén ascendido a Xeneral. O grupo recurriu ante o Tribunal Supremo.
Aínda que a sentenza estaba en espera de execución ata que se fallase o recurso interposto polo grupo, Negu Gorriak comezaron a prepararse por se o resultado final lles era desfavorable. Os 90.000 euros implicaban que o grupo debería vender Esan Ozenki, xunto con tódolos másters de grabación dos álbums editados ata o momento polo selo.
O grupo comezou a campaña internacional de solidariedade Hitz Egin! («Fala!», en galego), en «apoio da liberdade de expresión» e coa idea de recaudar os cartos necesarios para facer fronte aos costos da demanda en caso de perdela.
Esan Ozenki organizou un festival no que tocaron unha grande parte dos grupos que grababan para o selo. O macro-concerto celebrouse o sábado 28 de outubro en Oiartzun (Guipúscoa). Dous días antes, as entradas esgotáronse: acudiron máis de 12.000 persoas.[27] En total foron 9 horas para os 15 grupos, que estuviron repartidos en dous escenarios: BAP!!, Nación Reixa, Xabier Montoia, Deabruak Teilatuetan, Ama Say, Su Ta Gar, Banda Bassotti, Anestesia, Kashbad, Baldin Bada, Dut, Lin Ton Taun, EH Sukarra, Etsaiak e os propios Negu Gorriak.
Ademais, en 1996 apareceron tres grabacións solidarias para recaudar fondos para o grupo. A primeira foi Ustelkeria. O álbum contiña rarezas, material esparcido nos seus singles e un tema inédito. Realizouse unha tirada limitada (1.500 copias) que vendéronse a 5.000 pesetas (uns 30 euros) cada unha. O disco non distribuiuse por tendas, vendeuse só por correo e acompañado dun libreto con información sobre o xuízo.[28],[29]
A segunda grabación solidaria foi Irabaziko dugu, un single editado en Francia con dúas cancións, unha de Negu Gorriak e outra de BAP!!.
A terceira foi en recopilatorio editado xunto coa discográfica italiana Radio Tandem: Parla! Libertà d'espressione, editado en Italia por Radio Tandem e en España por Esan Ozenki-Gora Herriak. No recopilatorio apareceu o tema de Negu «Ume hilak» («Nenos mortos»).
[editar] A disolución: 1996
1996 comezou para Negu gorriak con varios concertos, actuando como testas de cartel no Espárrago Rock (Granada) e, xunto a Zebda, Dut e Ice-T & Body Count nas xornadas organizadas polas asociacións xuvenís da esquerda abertzale Jarrai e Gazteriak.
En abril realizaron unha nova xira americana: o Begirunea Tour 96, no que tocaron en Los Angeles e México, nunhas ornadas solidarias co EZLN. Mikel «BAP!!» e Fermin decidiron viaxar a La Realidad, un Municipio Autónomo Zapatista onde coñeceron ó Subcomandante Marcos e a outros líderes zapatistas. Cando o grupo voltou ao País Vasco, Mikel «BAP!!» decidiu quedarse unha temporada máis en México, sendo detido cando presentouse na Oficina de Migración a regularizar a súa situación. Foi liberado tres días máis tarde e espulsado do país. As autoridades mexicanas informaron ó Consulado Español de que o músico fora detido por «entrar ó país con documentos falsos e actuar en locais pese a carecer dunha visa que lle permitise actuar para obter ganancias»,[30] pero Mikel manifestou nunha entrevista en Egin que pensaba que a detención estivo relacionada coa súa visita a La Realidad.[31] O 31 de outubro, Fermin anunciou no diario Egin a disolución do grupo. Na columna, Fermin sintetizou a traxectoria do grupo (falou da creación de Esan Ozenki e dunha «internacional do rock»), anunciando tamén que o punto e final o poría un novo disco de estudo, Salam, Agur, composto enteiramente por versións de grupos que lles influenciaran como The Clash, Minor Threat, Bob Marley, Redskins, The Who u Otis Redding.[32] O grupo prometeu voltar se gañaban o xuízo pendente contra Galindo.[33]
[editar] «NG, a vitoria é nosa»
O 7 de xuño de 2000, o Tribunal Supremo absolveu a Negu Gorriak de tódolos cargos ó considerar que a querella de Galindo estaba mal plantexada, pois habíase de aplicar un litisconsorcio pasivo necesario, e non se chamara a xuízo nin se dera posibilidade de defensa a un dos coautores da canción.[23] Os avogados deste non recurriron, e os compoñentes de Negu Gorriak anunciaron, en xaneiro de 2001, a súa absolución e a celebración de dous concertos como despedida final e agradecemento a todo o apoio recibido durante o proceso.
Os concertos celebráronse en febreiro en Baiona (4.000 persoas) e no velódromo de Anoeta en San Sebastián (13.000 persoas). Por mor da venda masiva de entradas (esgotáronse en menos dun mes) e á expectación creada, o grupo anunciou que se realizarían dous concertos en Anoeta. Ademais, reeditouse Ustelkeria para a súa venda en tendas. O grupo, como mostra de agradecemento, fixo chegar unha entrada e a nova edición de Ustelkeria a tódalas persoas que colaboraran con eles nas súas campañas de solidariedade.[34]
Como teloneiros levaron a Banda Bassotti e Selektah Kolektiboa. Os italianos chegaron xustos ó concerto de Baiona, xa que no aeroporto de Roma, cando saían cara ó País Vasco, foron agredidos por grupos de skinheads neonazis, quen lles impediron tomar o avión á súa hora. Tiveron que sair do aeroporto escoltados pola policía italiana, aínda que finalmente conseguiron chegar a Baiona in extremis.[35]
Arredor de 30.000 persoas foron testigos dos tres derradeiros concertos de Negu Gorriak.[4]
[editar] Traxectorias posteriores
Trala súa separación en 1996 tódolos compoñentes, agás Fermin, tiñan proxectos en paralelo á banda cos que continuaron as súas carreiras musicais.
[editar] Fermin Muguruza
- Vexa o artigo principal: Fermin Muguruza
Fermin Muguruza uniuse ó grupo Dut editando en 1997 o disco Ireki Ateak (acreditado a Fermin Muguruza eta Dut). Un ano máis tarde apareceu un disco recopilatorio de tódala súa carreira anterior, con cancións dos grupos nos que participara ou cos que colaborara: Amodio eta gorrotozko kantak/Canciones de amor y odio (1984-1998).
Posteriormente comezou a súa carreira en solitario. En 2006 apareceu o seu derradeiro traballo, Euskal Herria Jamaika Clash. Con este traballo, o músico de Irun contabiliza cinco discos de estudo (Brigadistak Sound System, 1999; FM 99.00 Dub Manifest, 2000; In-komunikazioa, 2002 e Xomorroak (Bizitza lorontzian)/Bichitos (La vida en el tiesto), 2005), dous discos de remesturas (ErREMIXak, 1999, remesturas de Brigadistak... e Irun Meets Bristol. Komunikazioa, 2003, remesturas de In-Komunikazioa) un disco en directo (Sala Apolo, Barcelona 21/01/04, 2004) e dous recopilatorios (o citado Amodio... e un DVD/CD 99-04, 2005; con cancións inéditas).
En 2006, coa leria do peche de Metak, Fermin voltou a apostar pola autoxestión lanzando un novo selo: Talka Records.
[editar] Iñigo Muguruza
- Vexa o artigo principal: Iñigo Muguruza
Iñigo continuou coa carreira de Joxe Ripiau (grupo que formara en 1996 xunto ó seu irmán Jabier e Sergio Ordóñez), con quen deu renda solta á súa pasión polos ritmos caribeños, mesturando o ska con merengue, cumbia, salsa ou raggamuffin. En 1998 incorporouse Asier Ituarte. Grabaron catro discos ata a súa disolución en 2000: Positive Bomb (1996), Karpe Diem (1997), Paradisu Zinema (1998) e Bizitza Triste eta Ederra (2000).
Posteriormente fundou o grupo Sagarroi xunto a Carlos Zubikoa e Gorka Bazkarran. O grupo manténse activo e teñen editado catro álbums: Meatzaldea (2001), Euria ari duela (2003), Toulouse (2004) e Baleike (2006). Nun principio xurdiu como un grupo de hardcore, punk e rock, no que Iñigo deu cabida aos ritmos e cancións que non encaixaron co repertorio de Joxe Ripiau. Coa entrada de Asier Ituarte en 2002, o son xirou cara ó ska e os ritmos latinos, volvendo así á onda dos Ripiau.
[editar] Kaki Arkarazo
- Vexa o artigo principal: Kaki Arkarazo
Kaki Arkarazo continuou xunto con Antón Reixa no grupo Nación Reixa. En 1994 publicaran o seu primeiro álbum (Alivio Rápido). Coa incorporación de Mikel Abrego, publicaron o seu segundo e derradeiro traballo: Safari Mental (1997). Separáronse e axudou a Antón co seu primeiro álbum en solitario: Escarnio (1999).
Ademais, Kaki dedícase á produción discográfica (carreira que iniciou desde os seus comezos na música), tendo producido discos de grupos como Fermin Muguruza, Dixebra, Os Diplomáticos de Monte-Alto, Chucho, Kashbad, Anari, Amparanoia, Betagarri, Banda Bassotti, Atom Rhumba, Manta Ray, Inoren Ero Ni , Los Deltonos ou Guerrilla Urbana.
No ano 2000, fundou o seu propio estudo de grabación: os Estudios Garate.
[editar] Mikel «Anestesia»
- Vexa o artigo principal: Mikel Kazalis
Mikel Kazalis continuou a súa carreira coa súa antiga banda Anestesia, cos que leva publicados o EP Toki berean (1991) e os álbums Gorrotoaren Ahotsa (1993), Erantzun (1995), Gu (1997), Ultra-komunikatzen (2000) e, logo dun parón de varios anos, Terapia (2006).
En 1997 apareceu un novo proxecto de rock industrial chamado 2 Kate, xunto a Izaskun Forkada. Publicaron un par de LPs (Bide Laburra, 1997 e Birziklatu, 1999). Disolvéronse en 1999 sen ter acadado moito éxito.
En 2001, despois de aparcar momentaneamente a Anestesia, Mikel comezou a tocar con Kuraia, grupo de punk-rock que pretendeu ser un proxecto puntual pero que aínda hoxe seguen en activo. Co seu primeiro álbum convertéronse en todo un fenómeno, acadando un grande éxito de crítica e público, en grande parte debido ó seu directo. Actualmente son unha das puntas de lanza do novo rock vasco.[36] Teñen editado tres álbums: Kuraia (2001), Iluntasunari Barre (2003) e Piztu da Piztia (2005).
[editar] Mikel «BAP!!»
- Vexa o artigo principal: Mikel Abrego
Mikel Abrego ten sido o máis prolífico dos cinco membros. Ademais de tocar a batería en tódolos álbums en solitario de Fermin Muguruza (agás Euskal Herria Jamaika Clash) e de formar parte das banda deste en concerto (Fermin Muguruza Dub Manifest, Fermin Muguruza Kontrabanda e Afro-Basque Fire Brigade), teñen colaborado en varios proxectos musicais.
En 1996 incorporouse a dous grupos xa existintes: os mencionados Nación Reixa e Parafünk. Cos primeiros publicou Safari mental (1997), mentres que cos segundos grabou Prologo (1996), Disco Nudo, Desenlace e e Epïlogo (estes tres últimos en 1997).
Finiquitados ambolos dous proxectos, comezou a colaborar coa cantautora Anari, coa que participou como batería nos seus tres ábumes: Anari (1997), Habiak (2000) e Zebra (2005).
En 2002 comezou dúas novas aventuras. Xunto a Javi P3z (con quen coincidiu en Parafünk) e Mikel Unzurranzaga «Makala» creou o Trío Kempes, de curta existenza e con só un single no seu haber: «Summer City Love» (2002). Xunto ó video-creador Luis André formou -Gailu, un proxecto máis persoal no que Luis creou a parte visual e Mikel musicou as imaxes. Para isto rodeouse do Trío Kempes, Anari, Fernando Sapo (cantante de El Corazón del Sapo e Kuraia), o seu irmán Eneko e varios músicos máis. O resultado foi Kutxa Beltza (2002).
Na actualidade, Mikel forma parte de dous conxuntos. O primeiro é Inoren Ero Ni, xunto a dous compañeiros de BAP!!, cos que leva publicado un álbum: Inoren Ero Ni (2004). Ademais, xunto a Javi P3z e varios músicos formou a Javi P3z Orquesta, cos que leva publicados tres traballos: Sports (2004), Ping Pong (2004) e El Pinball, Domino, Futbol-in (2005).
[editar] A música de Negu Gorriak
[editar] As diferentes influenzas en Negu Gorriak
En Negu Gorriak confluíron varios factores que fixeron que as súas referencias musicais fosen moi variadas, aínda que de rastreo non doado. Dende os agradecementos nos seus discos até as mencións a este ou a aquel artista nas letras ou nas entrevista ; todo o escrito relativo ó grupo guipuscoano está salpicado por mencións a diferentes músicos e grupos, cunha grande variedade estilística: dende De La Soul, N.W.A. e Public Enemy a Sam Cooke, James Brown, Aretha Franklin, pasando por Red Hot Chili Peppers, Metallica, Nirvana, Lynyrd Skynyrd, Neil Young, Bad Religion, Living Colour, Rollins Band, Fugazi, Os Resentidos ou Mikel Laboa.
Así, as influenzas na música de Negu Gorriak son moi claras e sempre teñen estado presentes nos numerosos samples dos seus discos ou na presada de versións que teñen tocado. Este amplo abano de influenzas é consecuencia das diferentes peculiaridades dos seus membros. Por un lado, Fermin e Iñigo teñen feito gala da súa melomanía. Este último, nunha entrevista concedida ó diario El Correo, afirmou que, cando o seu irmán Jabier marchou do domicilio familiar, a colección de álbums dos tres irmáns rondaba os 2.000 exemplares.[37] Por outro lado, Kaki Arkarazo sempre foi un grande admirador da música negra, dende o rock and roll ata o soul ou o rap. Foi el quen introducio ós irmáns Muguruza no mundo do hip hop e Public Enemy:
«O rap, o hip-hop, é un movemento que marabilla ós Muguruza. Igual que a finais dos 70 a explosión do punk foi a pedra de toque inspirador para o inicio das súas aventuras en Kortatu [...] é agora a cultura do rap, que emerxe a fins dos anos 80 en Estados Unidos o que ten atrapado aos irmáns Muguruza. Kaki Arkarazo, un namorado da música negra en xeral, é sobre todo, o que comeza a iniciar aos dous de Irun neste novo camiño.»[38]
Ademais, coa incorporación de Mikel Kazalis e Mikel Abrego á base rítmica, o abano de influenzas abriuse: Mikel «Anestesia» militaba en bandas de heavy e thrash metal, namentres que Mikel «BAP!!» tocaba nun grupo de hardcore punk con inclinacións ó emocore.
Non é estrano que o grupo sempre abanderara a cultura do mestizaxe, aínda que este eclecticismo non lles fixo perde-lo camiño. É comunmente aceptado que a música de Negu Gorriak é moi persoal, no sentido de que fagocitaron todas esas influenzas e as devolveron envoltas nun son propio:
«Negu Gorriak domina tódolos recursos que teñen ó seu alcance e enriquecen continuamente a súa música como se esta fora unha porrusalda sonora. Hardcore, rap, tradición musical vasca, reggae ou heavy entremézclanse sen complexos co sampleo como arma enriquecedora. Contrastes como as aportacións do sampler [...] ou o emprego do suprino (un instrumento autótono que case ninguén toca hoxe en día), amosan sen ambaxes o brilante futuro que teñen por diante os mestizaxes intelixentes.»[15]
«[...] propoño que consideremos o proceso de translación do hip hop ó mundo do rock radical vasco como un proceso de domesticación, no canto de imitación. Lembremos que domesticar quere dicir literalmente, traer algo a casa.»[39]
«"Hard-core" rap e reggae seguen a ser ingredientes das rotundas composicións da banda, pero aderezados ó seu modo, e pasados polo cedazo estilístico da factoría Muguruza.»[14]
[editar] Versións que teñen tocado nos seus álbums
Outra das probas do eclecticismo musical da banda é a variedade de versións que teñen incluido nos seus álbums. A mellor representación é Salam, Agur, un álbum composto exclusivamente de versións de BAP!!, Otis Redding, The Who, Macka B, Minor Threat, Bob Marley, Public Enemy, The Clash, Redskins, Poison Idea, Errobi, Dead Kennedys, Linton Kwesi Johnson, Anestesia e N.W.A. Ademais, estas son tódalas versións que o grupo ten ido colocando ao longo da súa discografía:
- «Gaberako aterbea» («Refuxio nocturno») e «Arrano beltza» («O águia negra») de Mikel Laboa.
- «Bide baten bila» («En busca dun camiño») de Rich Kids on LSD.
- «Song number one» («Canción número un») de Fugazi.
- «Zu atrapatu arte» («Até atraparte») de Kortatu.
- «Jainkoak gorde beza lehendakaria» («Deus salve ó lehendakari») de Derribos Arias
- «Pistolaren mintzoa» («Que falen as pistolas») de M-ak.
- «Kaixo» («Ola-adeus») de Delirium Tremens.
- «Apatxe gaua» («Noite Apache») de Bérurier Noir.
Outra característica é que todas estas versións traducíronas ó éuscaro (cando non era esta a lingua orixinal da canción).
[editar] A evolución da súa música: Negu Gorriak disco a disco
A evolución da música creada polo grupo é evidente segundo analízanse os seus primeiros catro álbums de estudio.[40]
No primeiro álbum, Negu Gorriak, o mestizaxe entre o rock e o rap é máis groseiro que nos discos que virían máis adiante. Os sons máis habituais no seu primeiro álbum son o hardcore nas guitarras e os fraseos de Fermin nun estilo hip hop, sendo claramente diferenciables uns sons dos outros. Así, en «Irakatsi ziguten historia» ou «Seinalea» o ritmo é rápido e furioso, mentres que en «Esan ozenki» ou «Radio Rahim» a fusión co hip hop é máis clara (levada ó estremo en «Bertso-Hop», onde mesturan bertsos co hip hop). Este álbum é considerado pola crítica como un bo pistoletazo de saída para o que estaba por chegar.[41]
En Gure Jarrera (calificado pola crítica como o seu primeiro grande álbum) o son evoluciona cara ó hardcore, manténdose as guitarras afiadas en primeiiro plano, igual que en Negu Gorriak, malia contar xa cunha base rítmica «de carne e oso». Pero a entrada dos dous Mikeles nótase no resultado final, as guitarras vólvense máis duras, máis thrash.[42] A fusión rock (hardcore punk)-rap é agora moito máis orgánica que na primeira entrega, Fermin é quen de manter fraseos de hip hop fronte ao muro de guitarras, baixo e batería.
En Borreroak Baditu Milaka Aurpegi (calificado pola crítica como a súa obra maestra) a banda amósase moito máis compacta que no seu anterior álbum. Non en van levaban dous anos de xiras e tantos concertos xuntos remataron por compactar o seu son. As guitarras reláxanse e o baixo entra case en primeiro plano. Aparecen ventos e hai menos samples que nos dous anteriores. O mestizaxe faise máis sutil (agás na skatalítica «Kolore bizia» e na salsa «Chaquito»). Fermin fai súa a voz de Delirium Tremens, M-ak ou Mikel Laboa, dos que fan sendas versións. O mesmo Fermin describiuno como «máis variado e aberto que Gure Jarrera. ¿Continuismo? Como un camiño que se ensancha, que se converte en pista».[43]
En Ideia Zabaldu é o disco no que Negu amósanse maís rupturistas, apostando abertamente por un rock mestizo con sons latinos como samba ou son cubano, ademais de elementos de raï ou os xa habituais de soul, funk ou rap.[44] Ó contrario que en Borreroak, os samples voltan a tomar o protagonismo que tiveron nos seus dous primeiros álbums. O xeito de cantar de Fermin sufre un cambio perceptible, hai menos fraseos hip hop e máis melodía á hora de cantar.[45] Malia ser o favorito de varios membros da banda, a crítica calificouno como un pequeno paso atrás: «...a calidade baixa de obra mestra a simplemente moi bo».[46]
[editar] Influencia de Negu Gorriak
Negu Gorriak é un dos grupos vascos que maior proxección internacional tivo durante a década dos 90. Negu Gorriak aproveitaron a pequena rede de contatos que teixera Kortatu en Europa para rematar extendendo esta ó longo de todo o mundo. Os seus álbums teñen sido editados e distribuidos en moitos países europeos, ademais de en Estados Unidos, México, Sudamérica e mailo Xapón. As súas cifras de vendas son relativamente altas: máis de 25.000 exemplares de cada un dos seus álbums.[47]
Moitos músicos teñen tido en especial consideración ó grupo, desde personalidades como Jello Biafra ou Ian MacKaye a Fidel Nadal (de Todos Tus Muertos):
«En América temos relación [...] con tódala xente de Alernative Tentacles, sobre todo con Jello Biafra, que adoita escribirnos, pedilos discos e, nunha entrevista do Ruta 66 dicía que nos Estados Unidos nunca podería sair un grupo tan interesante como Negu Gorriak. Como te podes imaxinar, iso témolo enmarcado»[48]
Deles tense dito:
«[...] unha referenza xa ineludible na nosa historia.»[49]
«Xurdido trala separación de Kortatu, o segundo proxecto de Fermín (sic) e Iñigo Muguruza resultou ser unha das bandas de rock nacionais máis importantes dos anos 90. [...] o legado das hachas cruzadas segue vixente como unha das propostas máis reais, excitantes e combativas do rock nacional.»[2]
«Queríamos ter feito o nosos agasallo a Negu, publicando unha coluna que recollera opinións da rúa e da redacción sobre as aportacións que supuxeron á escea [...] pero son tantos, en tan diversos campos que [...] temos optado por deixalo. Vaia dende aquí o noso agradecemento ó grupo por todo isto e simplemente deixar constancia de que... Negu Gorriak so o máis grande grupo de rock dos 90, en Euskadi e no estado español.»[50]
«Posiblemente o grupo estatal máis importante dos 90.»[51]
Teñen sido portada en varias revistas musicais: El Tubo, Free Rock, Popular 1, Factory, Entzun!, Algara ou no suplemento musical de Egunkaria.
[editar] Versións doutros grupos de cancións de Negu Gorriak
- Nación Reixa: «Denok gara Malcolm X».
- Pirineos Jazz Orchestra: «Esan Ozenki».
- Betagarri: «Hiri gerrilaren dantza».
- Macallán: «Gora Herria (Entalto lo pueblo)».
- Todos Tus Muertos: «Lehenbiziko bala».
- Speereth: «Podridura».
- La Gran Orquesta Republicana: «Si estuvieras aquí» («Hemen izango bazina»).
- Los Miserables: «Gora herria» e «Lehenbiziko bala».
- C.O.V./DNE: «Putridume» («Ustelkeria»).
[editar] Militancia política
Algo inseparable a Negu Gorriak ten sido a súa militancia política, que sempre ten estado unida ó seu discurso musical («[o creativo e o político] son aspectos difíciles de separar»,[43] declarou Fermin nunha ocasión). Esta relación, ademais, ten sido sempre moi íntima en tódolos grupos da órbita do denominado rock radical vasco. Esta relación entre música e política xa estaba presente nos anteriores grupos nos que militaran os seus membros. Kortatu, BAP!! ou Anestesia eran grupos de «rock politizado».
A militancia de Negu Gorriak non só se circunscribiu ó entorno da esquerda abertzale. Malia que as relacións entre Negu Gorriak e grupos relacionados coa esquerda abertzale teñen sido fluidas, Fermin (como portavoz do grupo) sempre tentou manter a distancia para que non se vese ó grupo como un mero aparato de propaganda do MLNV (Movemento de Liberación Nacional Vasco) ou de Herri Batasuna.
—É verdade o que coméntase, que só tocades para vos ou para o M.L.N.V.?
—Ben, nós non temos tocado ningún concerto para o M.L.N.V., polo menos como organización política. Para organizacións sociais como dicimos nós, sí que temos tocado. A isto que digo que preste atención a xente e que analice o feito antes de falar. Si que temos tocado para Xestoras, para Comités Internacionalistas, Nafarroa Oinez, contra o V centenario [do descubrimento de América], Herri Urrats, Insumisos. Para mí M.L.N.V. son as organizacións políticas como por exemplo K.A.S. ou Herri Batasuna e o demáis é tentar meter a tódala xente no mesmo saco.[47]
Ademais de dar moitos concertos en eventos relacionados con esta (como o seu primer concerto xunto ás Xestoras Pro Amnistía, contra o peche de Egin ou en xornadas organizadas por Jarrai), implicáronse en diferentes causas máis aló do mundo vasco como a insumisión ou as xiras solidarias co FMLN ou os Zapatistas de Chiapas. En Negu Gorriak sempre consideraron as cuestións nacionalistas intimamente ligadas cun sentir internacionalista:
«Comprometémonos coa autodeterminación e a independencia de Euskal Herria, a nosa lingua e cultura, ó igual que facémolo co movemento internacionalista e solidario cada vez que saímos ó exterior.»[52]
«Nós non só somos solidarios en Euskal Herria. Estivemos apoiando a campaña electoral do FMLN en El Salvador, temos tocado en Cuba crebando o bloqueo, temos estado coas Madres de la Plaza de Mayo en Arxentina, en Chile, coa peña do selo que grabou a Víctor Jara e a tódolos cantautores da época e que agora graba a tódolos grupos punk da zona, en Uruguai coa xente que bloqueou o traslado dos presos vascos.»[47]
[editar] O éuscaro: «¡son vasco e estou orgulloso!»
A primeira e máis importante decisión política do grupo foi a elección do éuscaro como lingua de expresión. Malia que a lingua non poda parecer un factor político, no caso de Negu si o é (ademais abertamente admitido por eles) xa que elixiron o éuscaro polo seu nacionalismo militante.
O éuscaro non era a lingua materna dos irmáns Muguruza. Fermin e Iñigo aprenderon o éuscaro a finais dos oitenta, polo que escribir textos na lingua vasca non era algo «natural» para Fermin. Malia que Fermin non se consideraba a si mesmo un bo comunicador en éuscaro,[6] decidiron que esta sería a súa lingua de expresión. O idioma converteuse así nunha bandeira para o grupo.
A través da súa produción musical, crearon unha imaxe dunha nación euskaldun militante non illada, situada dentro de e en comunicación cun mundo máis amplo de influenzas transnacionais, caracterizada por fluxos globais de persoas, música, imaxes e culturas.»[39]
Esta militancia vasca á par que internacionalista está presente no propio logotipo do grupo: dúas hachas cruzadas formando unha «X». Así, o grupo conxugou o sentir vasco (o hacha é un símbolo do vasco[53]) co seu sentir internacionalista, xa que o X simbolizaba tamén a Malcolm X. Unha nova mostra da asimilación da cultura do hip hop por parte do grupo.
As intencións de reivindicar a lingua e cultura vascas foi algo que o grupo deixou claro desde o primeiro corte do seu primeiro álbum: «Esan Ozenki» («Dillo alto»), na que trocaban o berro de James Brown «¡Son negro e estou orgulloso!» por «¡Son vasco e estou orgulloso!»:
|----- | valign="top" | James Brownek
anai-arrebei
idatzizako kanta
Esan ozenki.
Beltza naiz
eta harro nago! Gure ordua
heldu da txo:
Euskalduna naiz
eta harro nago!
Aski da txo, esan ozenki:
Euskalduna naiz
eta harro nago!| valign="top" | A canción que escribiu
James Brown
aos irmáns e irmás.
Dillo en alto,
¡Son negro
e estou orgulloso! A nosa hora
chegou tío:
¡Son vasco
e estou orgulloso!
É suficente tío, díllo en voz alta:
¡Son vascofalante
e estou orgulloso![54]|}
[editar] A violencia e o conflito vasco nas cancións de Negu Gorriak
A violencia está moi presente na obra de Negu Gorriak baixo diferentes aspectos. O grupo ten defendido o emprego da violencia como un mecanismo moralmente aceptable para defenderse da opresión do estado. Nos seus tres primeiros álbums de estudo hai varias cancións nas que trátase o tema do uso da violencia, ben porque a canción fale especificamente disto («Seinalea» —«O sinal»—, «Pistolaren mintzoa» —«A linguaxe da pistola»—, «Begipuntuaren xedea» —«O obxectivo do punto de mira»— ou «NG, geurea da garaipena» —«NG, a vitoria é nosa»—) ou ben trátase de xeito anecdótico («Esan Ozenki» ou «Sabel-hiztunaren ordu ikaragarria» —«A hora terrorífica do ventrílocuo»—). Tamén tratan o tema da violencia sufrida desde o Estado polas persoas disidentes («Euskaldunok eta zientzia» —«Os vascos e a ciencia»—). Esta violencia non sempre está enfocada cara ó problema vasco en concreto, senón que a maioría destas cancións falan de violencia cara ó sistema, sen facer particularidades.
Ó seren preguntado sobre se creía na «súa apoloxía da violencia», Fermin respondeu o seguinte:
«Por suposto. Estou ben convencido: ou isto estoupa ou imos á merda. Aquí o que móvese, ese ambientazo de concertos de cada fin de semana, ven de colectivos concienciados. Mira o dos insumisos. É unha bomba de reloxeiría.»[43]
Negu Gorriak nunca afirmáronse simpatizantes de ETA. Si que solidarizáronse cos presos de ETA, facendo concertos para Xestoras Pro Amnistía e acudindo ás marchas organizadas cara o cárcere de Herrera de la Mancha.[11] O tema dos presos tamén se ten tratado nalgunhas cancións, como «Amodiozko kanta» («Canción de amor»), na que descríbese a visita dunha persona á súa parella na cadea (aínda que non se di que esta sexa de ETA; descríbese como unha persoa que está na cadea lonxe do seu lar). Nunha entrevista en 1997 (cando a banda xa estaba disolta), Fermin lamentábase de que como grupo non tivesen vivido a volta de tódolos presos de ETA ó País Vasco:
«[Dóenos] o non ter podido tocar en concerto de benvida a casa de tódolos presos. Algún día o conseguiremos e para ese día, creo que até se reorganizaría Kortatu.»[55]
Ó longo dos seus anos de carreira, Negu Gorriak teñen opinado sobre o «conflito vasco». Co tempo o grupo ten ido virando cara a unha clara aposta polo diálogo como solución a este. Segundo Fermín, unha das cousas que máis impactou ó grupo foron as diferentes visitas a América Latina durante 1994, 1995 e 1996. Esta evolución ideolóxica tamén pódese apreciar nas letras das cancións. Así describíano o crítico musical Xabier Cervantes ó falar sobre Ideia Zabaldu:
«[Negu Gorriak] teñen encauzado a súa loita política a través da música. A radicalidade chegou ó seu límite no disco anterior. Negu Gorriak apretaban o puño e a mandíbula con firmeza. Agora abren a man, non como signo de debilidade, senón de entereza. A crave, máis aló do "problema vasco", está no diálogo.»[56]
A solución dialogada ó conflito vasco ten sido repetida moitas veces por Fermin en varias entrevistas:
«[En El Salvador] abriúsenos a testa. Estar con xente que vivira a guerra máis deshumanizante que ten podido haber en toda Latinoamérica e ver que te falan con sinxeleza e naturalidade, practicamente sen odio.
[...] Cómpre que haia vontade para resolver os problemas, témolo dito unha morea de veces. Realmente ten habido vontade para resolver os problemas en Irlanda por parte do goberno inglés e ten que haber vontade por parte do goberno español, porque xa houbo un intre no que semellaba que podíanse resolver unha morea de cousas cando se entablaron as conversacións de Arxel. E nós estamos desexando que suceda algo así.»[56]
«En canto a Euskal Herria, penso que temos que construir pontes que faciliten o encontro entre a xente, a discusión eliminando a descalificación e o insulto fácil (españolazo versus terrorista), que permitan o inicio dun proceso de negociación entre ETA e Estado, no cal participemos todos e decidamos qué tipo de modelo de vida queremos.»[55]
[editar] A independencia musical
Negu Gorriak tamén foron abanderados da independencia musical fronte ás multinacionais da música. O seu primeiro álbum publicárono en Oihuka, da que Fermin declarou «para min, hoxe en día, hai unha única discográfica, Oihuka».[6]
Máis adiante decidiron dar un paso cara a autoedición e autoxestión, seguindo a filosofía punk do faino ti mesmo. Por iso, crearon o seu propio selo discográfico: Esan Ozenki Records co que o grupo rematou de tomar o control ó 100%. Agás na distribución (labor que Esan Ozenki non exercía), todo o relativo aos seus álbums (deseño, composición, mesturas, produción e edición) estaba controlado perfectamente polo grupo e persoas de confianza. No tema da distribución, Negu Gorriak operaban vendendo o álbum a distribuidoras alternativas que non traballaban con multinacionais.[47]
A independencia foi sempre sagrada para o grupo. Ao longo da súa carreira Negu Gorriak recibiron ofertas de diferentes discográficas (algunhas, chegaron a ofrecer mercar todo o catálogo de Esan Ozenki), pero o grupo mantívose nas súas posicións.[57] «Las hachas no se venden», era sempre a resposta de Fermin a este tipo de proposicións.[58]
[editar] A insumisión
Durante os primeiros anos da década dos 90, o fenómeno da insumisión ó servizo militar obrigatorio e á prestación social sustitutoria estoupou en España. Dos 371 insumisos que había en 1989, pasouse á cifra de 10.800 en 1994. Especialmente importante foi o aumento de insumisos entre 1992 e 1993, pasando de 3.500 a 9.353.[59]
No País Vasco, o movemento pola insumisión foi especialmente forte, con máis do 50% dos seus xóvenes declarados obxetores ou insumisos.[60] Non só partíase do antimilitarismo, senón tamén de posicións cercanas ó nacionalismo vasco, é dicir, había xóvenes que negábanse ó feito de servir nun exército en tanto que exército e outros que negábanse a servir nun exército español.
A insumisión é un movemento ó que non foi alleo o grupo. Mikel «Anestesia» e Mikel «BAP!!» declaráronse insumisos, mentres que Fermin, Iñigo e Kaki autoinculpáronse xunto con 3, 2 e 1 insumisos, respectivamente.[47] Ademais, o grupo colaborou co movemento pola insumisión con varios concertos benéficos.
A principios de 1994, Mikel «BAP!!» foi xulgado e condeado a un ano de cárcere. O baterista desapareceu durante unha tempada, polo que estivo en situación de busca e captura até que lle foi concedida a liberdade provisional.[61]
Por outro lado, Mikel «Anestesia» decidiu seguir a estratexia de non comparecer o día do seu xuízo. O xuízo estaba programado para o día 27 de xuño na Audiencia Provincial de San Sebastián. Ese día, á hora á que Mikel debía comparecer para a vista oral, Negu Gorriak apareceron por sorpresa cun camión-escenario fronte aos xulgados. Durante quince minutos interromperon o tráfico, tocaron cinco temas e marcharon. O único que non tocou foi Mikel «BAP!!», debido a que por entón atopábase en busca e captura.[62] O grupo foi multado con 50.000 pesetas (uns 300 euros) por «obstaculizar o tráfico».[48]
[editar] Discografía
- Vexa o artigo principal: Discografía de Negu Gorriak
Álbums | |||
---|---|---|---|
Ano | Título | Discográfica | Notas |
1990 | Negu Gorriak | Oihuka | Primeiro álbum do grupo. Reeditado en 1996 por Esan Ozenki incluíndo como tema extra «Gaberako aterbea», orixinalmente editada en Txerokee, Mikel Laboaren Kantak. |
1991 | Gure Jarrera | Esan Ozenki | |
1990 | Gora Herria | Esan Ozenki | Maxi single. Reeditado en CD en 1994, incluíndo como tema extra «Apatxe gaua». |
1993 | Borreroak Baditu Milaka Aurpegi | Esan Ozenki | Dobre LP. |
1994 | Hipokrisiari Stop! Bilbo 93-X-30 | Esan Ozenki | Disco en directo, grabado no derradeiro concerto da xira do 93 en Bilbao. |
1995 | Ideia Zabaldu | Esan Ozenki | |
1996 | Ustelkeria | Esan Ozenki | Recopilatorio de maquetas, rarezas e caras B. Orixinalmente editado como disco de apoio que só vendeuse por correo. Reeditado para a venda en 1999. |
1996 | Salam, Agur | Esan Ozenki | Disco composto integramente de versións de, entre outros, BAP!!, Otis Redding, The Who, Minor Threat, Bob Marley, Public Enemy, The Clash ou Dead Kennedys. |
Singles e EPs | |||
Ano | Título | Discográfica | Notas |
1990 | «Radio Rahim» | Oihuka | Primeiro single do grupo. Só tiña grabada a cara A coa canción «Radio Rahim». |
1990 | «Bertso-Hop» / Bertsolari Txapelketa nagusia 1986. Donostia. goizeko saioa. | Oihuka | Derradeira referencia que publicaron coa discográfica Oihuka. |
1990 | «Hator, hator» / «Oker dabiltza» | Basati Diskak | Single exclusivo para Basati Diskak. «Hator, hator» e «Oker dabiltza» non editáronse en ningún álbum do grupo ata que en 1996 incluíronse en Ustelkeria. |
1991 | «NG, geurea da garaipena» / «Beste kolpe bat» | Esan Ozenki | Primeiro single de Gure Jarrera. Ambas cancións editáronse no LP. |
1991 | «Gora Herria (Remix)» / «Gora Herria» | Esan Ozenki | Remestura do tema «Gora Herria» (de Gure Jarrera) con Manu Chao, Jon Maia e Joseba Tapia (de Tapia eta Leturia). Na cara B aparecía a mestura orixinal. |
1992 | «Lehenbiziko bala» / «Bisitari iraultzailea» | Esan Ozenki | Segundo single de Gure Jarrera. Como en «NG, geurea da garaipena» / «Beste kolpe bat», ambas cancións apareceron tamén no LP. |
1993 | «Napartheid» | Esan Ozenki | Single editado para o colectivo Napartheid. Compartido con «Hamarrale Silveira eta Xabier eta Huajoloteak», unha formación especial de Kojón Prieto y los Huajolotes. A cara A foi para Negu Gorriak: unha toma en directo de «Napartheid» (canción do seu primeiro LP). |
1993 | «Borreroak baditu milaka aurpegi» | Esan Ozenki | Primeiro single do álbum homónimo. O tema (incluido no álbum) pertiuse en dúas metades: a primeira metade na cara A e a segunda (un fragmento instrumental) na cara B. Participou, entre outros, Xabier Montoia. |
1993 | Itxurakeriari Stop Hipocrisy | Esan Ozenki | Segundo single do álbum Borreroak Baditu Milaka Aurpegi, coas cancións «Hipokrisiari stop! (Luis Mariano mix)» (remestura do tema «Hipokrisiari stop!») e «Euskaldunok eta zientzia» (versión do álbum). |
1994 | «Apatxe gaua» / «Descendents del carrer» | Esan Ozenki | Single compartido con Inadaptats. O tema «Apatxe gaua» foi exclusivo deste single ata que se incluiu no álbum Ustelkeria. |
1994 | «Izokin euskaldun baten istorioa» | IZ | Single en apoio de Nafarroa Oinez. |
1995 | «Hitz egin» / «Ipurbegia» | Esan Ozenki | Primeiro single promocional de Ideia Zabaldu. |
1996 | Irabaziko dugu | Explicit Sounds | Single compartido por Negu Gorriak, que interpretan «Salam Agur», e BAP!!, que interpretan «Zu». |
|}
Videos musicais | |||
---|---|---|---|
Ano | Título | Director(es) | Notas |
1991 | «Radio Rahim» | Manolo Gil e Enrique Urdanoz | |
1991 | «Seinalea» | Manolo Gil e Negu Gorriak | |
1991 | «Gora Herria» | Manolo Gil e Negu Gorriak | |
1994 | «Borreroak baditu milaka aurpegi» | Manolo Gil, Enrique Urdanoz e Negu Gorriak | Video promocional do álbum Borreroak Baditu Milaka Aurpegi. |
1994 | «Bi doberman beltz» | Manolo Gil | Segundo video de Borreroak Baditu Milaka Aurpegi. |
1995 | «Hitz egin!» | Manolo Gil e Negu Gorriak | Video promocional para a campaña Hitz Egin!. |
2005 | «Ez dut ezer esan nahi» | Manolo Gil | Video promocional do DVD 1990-2001 |
VHS y DVD | |||
Ano | Título | Discográfica | Notas |
1991 | Herrera de la Mancha. 90-12-29 | Euskadiko Amnistiaren Aldeko Batzordeak / Esan Ozenki | Video do primeiro concerto do grupo. Incluía, ademais, o vídeo musical de «Radio Rahim». |
1992 | Tour 91+1 | Esan Ozenki | |
1994 | Negu Gorriak Telebista | Esan Ozenki | |
1995 | Hitz Egin | Esan Ozenki | VHS. Vídeo da campaña Hitz egin!. |
2005 | Negu Gorriak: 1990 - 2001 | Metak | DVD. Inclúe os catro VHS, tódolos seus videoclips e parte dos concertos que deron en 2001. Inclúe un CD con temas en directo do concerto celebrado no Velódromo de Anoeta, Donosti, o 23 de febreiro de 2001. |
[editar] Xiras e concertos
- Véxase tamén: Concertos de Negu Gorriak
Negu Gorriak teñen tocado en multitude de cidades e países de Europa e América. Durante o periodo de 1990 a 1996 realizaron 157 concertos e un total de cinco xiras internacionais e dúas mini-xiras, unha de apoio ó FMLN nas eleccións xerais de 1994 en El Salvador e a outra de apoio ó EZLN en México:
- Power to the People Tour 91
- Tour 91+1
- Itxurakeriari Stop!! Hypocrisy Tour 93
- Xira salvadoreña
- Hegoamerikan Tour 94
- Ideia Zabaldu Tour 95
- Begirunea Tour 96
En 2001, deron catro concertos de despedida ó gañar o xuízo contra Galindo.
As primeiras xiras que a banda realizou foron moi importantes para o grupo, xa que durante as mesmas estableceron unha ampla rede de contatos ó longo de todo o mundo. Froito destes contactos foron as edicións internacionais de Gure jarrera, Borreroak Baditu Milaka Aurpegi e Ideia Zabaldu. Os selos Danceteria e Bondage editaron os discos en Francia, Bélxica e Canadá, Gridalo Forte Records en Italia, Rec Rec en Suiza, RockN' Roll Circus en México e California, Grita! en Estados Unidos e Quattro Label en Xapón.
[editar] Notas e referencias
- ↑ A tradución literal sería «invernos vermellos», pero tradúcese como «invernos crus» (ou «invernos duros»), xa que o termo gorri admite ambas acepcións.
- ↑ 2.0 2.1 «Biografía de Negu Gorriak», na páxina web de MTV de España.
- ↑ O propio grupo deixouno claro no tema «B.S.O.» (pertencente ao seu segundo álbum) no que cantan: «eu tamén estaba a gusto, / saboreando a nosa Banda Sonora Orixinal: / raíces, rock, rap, reggae».
- ↑ 4.0 4.1 Negu Gorriak. La vitoria de la palabra, p. 28.
- ↑ SNOWDEN, Don: «Borreroak Baditu Milaka Aurpegi», en All Music Guide, 2006. (en inglés)
- ↑ 6.0 6.1 6.2 6.3 GOSTIN, A.: «Non queremos converternos no revival de Kortatu», en Argia 1283: 11 de febreiro de 2003. Traducción da entrevista a Fermin Muguruza aparecida no xornal Argia («Ez dugu Kortaturen revival bilakatu nahi»).
- ↑ Negu Gorriak. A vitoria da palabra, p. 9.
- ↑ A coanción foi incluída na redición de Negu Gorriak que realizou Esan Ozenki en 1996, aparecendo en CD por primeira vez.
- ↑ MUGURUZA, Fermin: «Ehun ginen», en Argia: 25 de febreiro de 1990. Traducido ó castelán no dosier Negu Gorriak. A vitoria da palabra, p. 8.
- ↑ TODA, Teresa y VRIGNON, Bixente: «O hostigamento policial non foi quen de impedir que a solidariedade chegase a Herrera de la Mancha», en Egin: 30 de decembro de 1990.
- ↑ 11.0 11.1 CABEZA, Pablo: «Sentimiento profundo y eléctrico desde Negu Gorriak, Herrera y Gestoras Pro-Amnistía», en Bat, Bi, Hiru: xaneiro de 1991.
- ↑ Negu Gorriak. A vitoria da palabra, p. 12.
- ↑ Reseña de Gure Jarrera na sección «discos», en El País, 4 de agosto de 1991.
- ↑ 14.0 14.1 REKALDE, Xavier: «La postura de Muguruza», en El Independiente, 23 de agosto de 1991.
- ↑ 15.0 15.1 SERON, Luis Miguel: «Segundo asalto», en El Correo, 25 de agosto de 1991.
- ↑ CABEZA, Pablo: «El infinito mundo musical de Negu Gorriak», en Bat, Bi Hiru: mayo de 1991.
- ↑ Ver la lista de «los mejores discos nacionales» de 1991 en Rockdelux 82: enero de 1992.
- ↑ Negu Gorriak. A vitoria da palabra, p. 14.
- ↑ CABEZA, Pablo: «Negu Gorriak: desde o rock cara a un concepto global», en Bat, Bi, Hiru: 4 de xuño de 1993.
- ↑ Ver as listas d'«os mellores álbums nacionais» de 1993 en Rockdelux 104: xaneiro de 1994.
- ↑ «Los 100 mejores discos españoles del siglo XX», en Rockdelux 233: noviembre de 2004.
- ↑ «El Coronel Galindo demanda a un grupo de rock por "dañar" su honor en una canción», en El Correo: 26 de mayo de 1993.
- ↑ 23.0 23.1 SALVADOR CODERCH, Pablo et. al.: «Libertad de Expresión y Conflictos Civiles» en InDret: octubre de 2001.
- ↑ Negu Gorriak. A vitoria da palabra, p. 17.
- ↑ Negu Gorriak. A vitoria da palabra, p. 18.
- ↑ «URUGUAY: Uso excesivo da forza pola policía en Montevideo», informe sobre os feitos realizado por Amnistía Internacional, 1 de setembro de 1994.
- ↑ CABEZA, Pablo: «Inmensa solidaridad», en Egin: 30 de octubre de 1995.
- ↑ Negu Gorriak. La vitoria de la palabra, p. 23.
- ↑ Ficha de Ustelkeria en negugorriak.net
- ↑ «Rockeiro vasco detido en México», en La Opinión, 24 de abril de 1996.
- ↑ «Baquetas almacenadas», en Egin: 28 de abril de 1996.
- ↑ MUGURUZA, Fermin: «Salam, agur», en Egin, 31 de outubro de 1996.
- ↑ Negu Gorriak. La vitoria de la palabra, p. 26.
- ↑ Entrevista a Fermin: «Los proyectos nuevos son antídotos contra la inercia», en Gara, 23 de febrero de 2001.
- ↑ «Y con ellos llegó la fiesta», en Gara: 24 de febrero de 2001.
- ↑ FIERRO, Álvaro: «Matxinada 2006. Euskadi 25 años después», en Ruta 66 229: julio-agosto de 2006, pp. 94-97.
- ↑ CUBILLO, Óscar: Entrevista a Iñigo Muguruza, en El Correo, 19 de maio de 2001.
- ↑ Negu Gorriak, A vitoria da palabra, p. 9.
- ↑ 39.0 39.1 URLA, Jacqueline: O novo «ritmo» do euskara: identidade e mestizaxe na obra de Negu Gorriak.
- ↑ O quinto e derradeiro, foi enteramente de versións, polo que pouco ten que engadir á evolución do grupo.
- ↑ SNOWDEN, Don «Negu Gorriak». All Music Guide, 2006. (en inglés)
- ↑ SNOWDEN, Don «Gure Jarrera». All Music Guide, 2006. (en inglés)
- ↑ 43.0 43.1 43.2 ZARATA, Iñaki: «Negu Gorriak. Muguruzas X», en Rockdelux 98: xuño de 1993.
- ↑ F-MHop: «Negu Gorriak: Ideia Zabaldu», en La Factoría del Ritmo 2, novembro de 1995.
- ↑ Erro no código da cita Etiqueta non válida
<ref>
; non se forneceu texto para as refs de nomerockdelux95
; $2 - ↑ SNOWDEN, Don: «Ideia Zabaldu», en All Music Guide, 2006 (en inglés).
- ↑ 47.0 47.1 47.2 47.3 47.4 Entrevista a Fermin Muguruza: «Negu Gorriak. "As hachan voltan a tinguilo todo de vermello"», en El Tubo: xuño de 1995.
- ↑ 48.0 48.1 Entrevista a Fermin Muguruza: «Negu Gorriak: por unha fronte popular rockeira», aparecida en El Tubo, setembro de 1994.
- ↑ BROC, David: «Fermin Muguruza. Rebelde sen pausa», en Rockdelux 166: setembro de 1999, p. 16.
- ↑ «Negu Gorriak. A loit continúa...», en El Tubo: xaneiro de 1997, p. 8.
- ↑ «Negu Gorriak», no Dosier sobre música vasca de La Factoría del Ritmo, 1996.
- ↑ SERÓN, Luis Miguel: «Rock de combate», en Viernes de Evasión: 28 de abril de 1995.
- ↑ Por exemplo, o hacha está presente no anagrama de ETA. Ningún membro do grupo tense expresado nunca ó respecto de se as dúas hachas teñen algo que ver co anagrama de ETA máis aló do seu significado dentro do imaxinario vasco.
- ↑ Letra de «Esan Ozenki» (fragmento). Letra completa
- ↑ 55.0 55.1 Entrevista a Fermin Muguruza: «Negu Gorriak. La lúcha continúa...», en El Tubo 83: enero de 1997.
- ↑ 56.0 56.1 CERVANTES, Xabier: «Negu Gorriak. Pensa en positivo», en Rockdelux:setembro de 1995.
- ↑ Negu Gorriak, a vitoria da palabra, p. 11.
- ↑ Entrevista a Fermin Muguruza, en Rockdelux 201: octubre de 2001.
- ↑ Movemento de Obxeción de Conciencia: En lexítima desobediencia: tres décadas de obxeción, insumisión e antimilitarismo. Madrid:Traficantes de Sueños, 2002; p. 197.
- ↑ ESPARZA ZABALEGI, Jose Mari: «Ejército y Navarra», en Rebelión: 9 de septiembre de 2005.
- ↑ Negu Gorriak. La vitoria de la palabra, p. 19.
- ↑ «Músico insumiso monta un concierto ante la Audiencia de San Sebastián», en El Diario Vasco: 28 de junio de 1994.
[editar] Fontes
- Cervantes, Xavier: «Fermin Muguruza disco a disco», en Rockdelux 166: septiembre de 1999. pp. 18-19. Disponible en las reseñas de los discos de Negu Gorriak que aparecen en www.negugorriak.net o en la página web de Fermin Muguruza.
- Muguruza, Fermin: «Negu Gorriak Itxurakeriai Stop!! Hypocrisy Tour 93», en Factory 1: enero-marzo de 1994.
- Muguruza, Fermin: Diario de la gira por El Salvador, marzo de 1994.
[editar] Ligazóns externas
- negugorriak.net página no-oficial del grupo. Con toda la información referente al grupo: recortes de prensa, discografía completa, trayectorias de los miembros de la banda, los vídeos y varias curiosidades más.
- Página web de Esan Ozenki
- Página web de Metak
- Página web de Fermin Muguruza
- Página sobre el grupo en All Music Guide (en inglés).
- Parodia de la canción «Esan Ozenki» en el programa Wazemank (en euskera).