Albert Pla
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Albert Pla | |
---|---|
{{{caption}}} |
|
Información | |
Orixe | Sabadell |
País | Cataluña |
Período | 1989- |
Xénero(s) | Cantautor |
Selo(s) discográfico(s) | PDI, BMG-Ariola |
Membros | |
Antigos membros | |
Web oficial | www.albertpla.com |
Albert Pla é un cantautor nacido en Sabadell o 22 de setembro de 1966. Canta tanto en catalá como en castelán, dotando as súas cancións dunha particular visión da vida propia dunha personalidade extrema, ás veces con polémicos contidos, e en outras ocasións cun certo toque infantil. Colaborou con Manolo Kabezabolo, Roberto Iniesta (Extremoduro), Fermin Muguruza (Kortatu, Negu Gorriak), Quimi Portet (El Último de la Fila), Kase.O (Doble V) e Quico Pi de la Serra, entre outros; ademais de homenaxear a Pau Riba e Jaume Sisa en máis dunha ocasión.
Ten traballado en producións cinematográficas como Airbag, de Juanma Bajo Ulloa; A los que aman, de Isabel Coixet; e Honor de caballería, de Albert Serra. Tamén foi o protagonista da obra teatral Caracuero de Helmut Krausser con máis de 150 representacións.
No seu último traballo Vida e milagros; dalle un bo repaso aos temas máis senlleiros da súa carreira, acompañado con músicos como Judith Farrés, Diego Cortés, Carles Benavent, Jorge Pardo e Tino di Geraldo.
[editar] Discografía
- Ho sento molt (PDI 1989)
- Aquí s'acaba el que es donava (PDI 1990)
- Una MM... lligada amb un cordill (2 CD's - PDI 1991)
- No sólo de rumba vive el hombre (BMG Ariola 1992)
- Supone Fonollosa (BMG Ariola 1995)
- Veintegenarios en Alburquerque (BMG Ariola 1997)
- Anem al llit (BMG Ariola 2002)
- Cançons d'amor i droga (2 CD's - BMG Ariola 2003)
- Vida y milagros (CD + DVD en directo - BMG Ariola 2006)