See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Pedagoxía - Wikipedia

Pedagoxía

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A pedagoxía é a ciencia que estudia a educación como fenómeno tipicamente social e especificamente humano.

O seu significado está relacionado coa arte ou ciencia de ensinar. A palabra provén do grego antigo παιδαγωγός (paidagogós), o escravo que traía e levaba os nenos á escola. Das raíces "paidos" (neno) e "gogía" (levar, conducir). Inicialmente non se refería á ciencia, senón que era a denominación dun traballo: o pedagogo era o guía do neno.
Tamen se define como a arte de ensinar. Moi relacionado con este campo disciplinar, está a andragoxía.

Coa Ilustración europea de finais do século XVIII e comezos do XIX, desde Francia, Alemania e Inglaterra, xente como o Marqués de Condorcet, Rousseau, Herbart, Pestalozzi, ou Fröbel, plantexan o interese "ilustrado" polo progreso humano, retomando o significante grego. Agora con outros significados que, por outra parte, xa estaban ancorados nas mesmas raíces sinaladas. Dun lado, "paidos", neno, comeza a expandirse ó significado do humano, de tódalas etapas da vida humana, e non só da nenez. O verbo, igualmente, deixa de ser o significado base da "guía" física ou psíquica para pasar a significar "condución", "apoio", "persoal", "vivencial".

Por iso, reiteradas veces se ten explicitado "pedagoxía" como "androgoxía", significante que non chegou a ter a mesma aceptación. Tal vez porque "pedagoxía", ademais da tradición, tiña ó seu favor a insistencia na infancia como tempo crucial para construír a persoa a perfeccionar. Ademais de evitar as preocupacións da linguaxe sexista actual que requeriría "androgoxía" e "xinegoxía", canto menos.

Índice

[editar] Concepto de pedagoxía

A pedagoxía é un conxunto de saberes que se ocupan da educación como fenómeno tipicamente social e específicamente humano. É por tanto unha ciencia de carácter psicosocial que ten por obxecto o estudio da educación coa fin de coñecela e perfeccionala. A pedagoxía é unha ciencia aplicada que se nutre de moitas outras ramas, como a socioloxía, economía, antropoloxía, psicoloxía, historia, filosofía ou mediciña.

É importante considerar que a pesar de que a conceptualización da pedagoxía como ciencia é un debate aínda aberto e que se centra nos criterios de cientificidade que se aplican ás demais ciencias e que non se aplican directamente á pedagoxía. Por isto referirse á pedagoxía como ciencia pode ser un tanto ambiguo, incorrecto, ou polo menos debatible. Existen autores que definen á pedagoxía como un saber, outros como unha arte, e outros como unha ciencia (se ben recoñecendo que como ciencia habería que establecer apuntes específicos) de natureza propia e obxecto específico de estudio, que son os sistemas públicos educativos e non a educación en xeral. En vista de que a súa razón de ser non se halla en si mesma, e que non é senón o punto de chegada e partida de diversas elucubracións respecto da educación, e contidos que se poden observar noutras ciencias.

[editar] Tipos de pedagoxía

Existen varios criterios a través dos que se pode categorizar á pedagoxía:

  • 1. Pedagoxía Xeral: É a temática que se refire ás cuestións universais e globais da investigación e da acción sobre a educación.
  • 2. Pedagoxías específicas: As que ó longo dos anos sistematizaron un diferente corpo do coñecemento, en función das realidades históricas experimentadas (Pedagoxía Evolutiva, Diferencial, Educación especial, de adultos ou Andragoxía/ da Terceira Idade, etc...)
  • 3. Tipos de pedagoxías segundo o propósito que plantexan:
  • Pedagoxías tradicionais
  • Pedagoxías da modernidade
  • Pedagoxías Contemporáneas

Porén, López Herrerías sinala que a pedagoxía en si, ó estudiar ó home "bio-psico-socio-cultural" xa están implícitas todas esas pedagoxías.

Hai que distinguir que a pedagoxía é a ciencia que estudia a educación, mentras que a didáctica é a disciplina ou conxunto de técnicas que facilitan a aprendizaxe. A didáctica é unha disciplina da pedagoxía.

A letra Pi (π) adoita ser utilizada como símbolo da pedagoxía.

[editar] Saídas Profesionais do Pedagogo:

Existen dous grandes ámbitos dentro das saídas profesionais que un pedagogo pode ocupar: O "social e empresarial" e o relacionado coa Organización escolar e a Dirección de Centros:

O pedagogo pode traballar en distintos ámbitos e realizar diversas actividades:

  • Gabinete de Pedagoxía.
  • Orientadoción laboral, personal, familiar e escolar, tanto en centros públicos como privados.
  • Colaboración e orientación en editoriais de libros relacionados coa educación.
  • Asesoramento pedagóxico.
  • Educación de adultos.
  • Recursos Humanos en distintos tipos de empresas.
  • Xestión da formación levando a cabo tarefas de planificación de accións formativas para empregados.
  • Inspeción e asesoramento educativo.
  • Formación de formadores.
  • Pedagoxía hospitalaria.
  • Museística.
  • Educación de persoas con n.e.e.
  • Avaliación de centros.
  • Diagnósticos pedagóxicos en calquera centro, como os ocupacionais.
  • Traballo en centos de día e demais institucións dedicadas á terceira idade, así como en distintas organizacións, asociacións ou ong´s.
  • Coordinación de obradoiros educativos, intervención sociocultural en barrios marxinais, coordinación de actividades de ocio e tempo libre, coordinación de proxectos de educacion ambiental.
  • Investigación do campo educativo.
  • Traballo en Centros de Profesores e Recursos (CPR´s),
  • Axencias de colocación e ETT´s.
  • Coordinación de Programas de Iniciación Profesional (Plans de Garantía Social).
  • Educación en Institucións penitenciarias.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -