Jean-Jacques Rousseau
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Jean-Jacques Rousseau (28 de xuño de 1712 - 2 de xullo de 1778) foi un filósofo franco-suízo, escritor, teórico político e un compositor autodidata. Unha das figuras marcantes do Iluminismo francés, Rousseau é tamén un precursor do romanticismo. Rousseau contase entre aqueles autores que mitificaron un pasado fraternal e feliz de todos os Homes, face a un presente desordenado e desigual do século XVIII. Voltaire criticou a Rousseau afirmando que: "ninguén colocou algunha vez tanto enxeño en nos querer converter en animais" do que el. Ler a Rousseau fai nacer "o desexo de camiñar a catro patas".
Rousseau asociase frecuentemente ás ideas anti-capitalistas e considerase un antecesor de socialismo e comunismo. Foi un dos primeiros autores modernos en atacar a propriedade privada. Victor Klemperer, ao estudar o Iluminismo francés en xeral e Rousseau en particular, viu en Adolf Hitler a concretización suprema dos ideiais defendidos polo filósofo do século XVIII. Rousseau cuestionou a asumpción de que a maioría está sempre correcta e argumentou que o obxectivo do goberno debería ser asegurar a liberdade, igualdade e xustiza para todos, independentemente da vontade da maioría.
Índice |
[editar] Biografía
Nado en Xenebra, Suíza, nunha familia protestante, faleceu en Ermenonville (40 km a nordeste de París). A súa nai morreu á súa nacenza e o pai entregouno con 10 anos de idade aos cuidados do seu tio, que pola súa vez o entregou a un padre, co cal Rousseau viveu unha infancia infeliz. Despois de breve período de vagabundaxe, acabou por entrar nun hospicio en Turín. Despois de tentativas frustradas de acollimento nun seminario, atravesou en 1730 a Suíza e Francia ata que en 1742 asentou en París, onde coñeceu a Denis Diderot, alguns anos máis tarde. A través deste coñecimento, Rousseau tornouse un dos moitos colaboradores da Encyclopédie. El escrebeu alguns artigos sobre música, a súa grande paixón.
Con a publicación do seu romance Émile ou de l'éducation (1762) entrou en conflito coas autoridades, razón pola cal fuxiu para Inglaterra en 1766, a convite de David Hume. En 1767 regresou para Francia baixo a protección dun nome falso, tendo casado un ano máis tarde coa súa amada de longa data, Thérèse Levaseur.
A tumba de Rousseau trasladouse ao Panthéon en Paris en 1794, seis anos despois da súa morte. A tumba foi deseñada como un templo rústico, por asociación coas súas teorias da natureza.
Se el morreu en 1778, e o ano da transferencia da tumba foi 1794, entón esta ocorreu 16 anos, e non 6, despois de súa morte,
[editar] O contrato social
Talvez a súa obra máis importante, "o contrato social" delinea a base dunha orde política lexítima. Publicado en 1762 e condenado polo parlamento de Paris cando surxiu, tornouse unha das obras máis influentes do pensamento político da tradición occidental. Elaborado con base na súa obra anterior, nomeadamente os "discursos sobre a desigualdade", Rousseau supión, aqui, o estado da natureza dexenerado nunha condición embrutecida sen lei nen moralidade, a un ponto en que a humanidade deberá optar por reunir súas forzas pois non pode criá-las, mais direcioná-las a fín de que se preserven a igualdade e a liberdade. Apesar de se parecer co estado de natureza de Hobbes, ese estado dexenerativo, o cal descrebe Rousseau, é unha suposición usada como argumento retórico da súa obra e sen fundamento histórico.
De acordo con Rousseau, ao asociarse a través dun contrato social, os indivíduos asociados alienan seus dereitos ao recén formado corpo político. Esa total alienación é vantaxosa, pois que se forma aqui un novo corpo, indivisible e con vontade própria, así calquer dano ao corpo será un dano a todos, e calquer vantaxe ao corpo será unha vantaxe a todos, logo ninguén desexará prexudicar os demais. Afín de preservaren-se, os indivíduos asociados deberán obedecer a este corpo, o que non afronta á liberdade, mais substituia da natural pola convencional que será cumprir as leis que son as vontades dun pobo estabelecidas para el mesmo, logo obedecendo ao corpo, obedecese a si mesmo. Isto porque a submisión á autoridade da vontade xeral da poboación como un todo protexe os indivíduos da subordinación ás vontades doutros pola forza e asegura que estes lle obedezan pois eles son, colectivamente, os autores da lei.
Encanto Rousseau argumenta que a soberania debería estar nas máns do pobo, el tamén fai unha distinción clara entre soberano, goberno e estado. Este goberno é criado nun aparente impase: Tense o pobo. O soberano tanto canto o estado son aspectos dese mesmo pobo, a diferenza é que nun aspecto o pobo é ativo, señor de vontades que deberán ser cumpridas por el mesmo, que neste aspecto é o estado, o pobo encanto súditos, cumpridores da vontade xeral. Mais como entón facerse obedecer? E a resposta é o goberno. Este, tamén pobo, é o orgón encarregado de executar as leis. Temos entón unha relación estreita entre soberano, goberno e estado. O soberano determina súa vontade ao goberno que a fará cumprir polos súditos.
Rousseau opose ferozmente á idea de que as persoas devan exercer a soberania a través dunha asemblea representativa, a soberania é inalienable e indivisible. E como é da vontade xeral que se fan as leis, cabe somente ao consenso determinar cais estas serán. Mais, lonxe de defender unha infalibilidade da vontade xeral, Rousseau argumenta polo traballo dos lexisladores dicendo que apesar de sempre querer seu ben, o pobo nen sempre o atopa. Cabería entón a unha alma sábia, coñecedora da natureza dos homes (Rousseau os metaforiza con deuses) positivar esas leis.
[editar] Véxase tamén
- Lord Kames
- Osian
- Adan Ferguson
- Karl Marx