See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Voltaire - Wikipedia

Voltaire

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Voltaire
Voltaire

Voltaire era o pseudónimo de François-Marie Arouet (21 de novembro de 1694, París - 30 de maio de 1778, París), poeta, ensaísta, dramaturgo, filósofo e historiador ilustrado francés.

Índice

[editar] Vida e obra

Educado nun colexio de xesuítas, proclamouse libre pensador desde novo. Poeta e satírico brillante, Voltaire distinguíase nos salóns parisienses, mais a súa actividade panfletaria, que incluía versos contra o Rexente de Francia, Filipe duque de Orleáns, levouno a ser detido na Bastilla (1717). En once meses de prisión concluíu a súa primeira traxedia, Oedipe (levada á escena no ano seguinte) e iniciou un poema épico sobre Henrique IV. Este sería publicado anonimamente en Xenebra co título de Poème de la ligue (1723).

A seguir dun duelo cun membro da nobreza, o fidalgo Rohan, Voltaire foi novamente preso na Bastilla. Liberado despois de dúas semanas, co compromiso de saír de Francia. Puxo rumo entón a Inglaterra en 1726, onde permaneceu até ata 1728 ou 1729. Fixo amizade cos escritores Pope e Swift e familiarizouse coa lingua inglesa e co pensamento de Isaac Newton. Publicou ensaios sobre Poesía e Historia e tornouse admirador do sistema político británico.

De volta na Francia proseguiu a actividade literaria e publicou Henriade (1728-30), Histoire de Charles XII (1731), Zaire (1732), Temple du Goût e Lettres philosophiques 1734), de exaltación do sistema liberal inglés e condena do despotismo. Esta última obra, a máis importante deste período, obrigou novamente Voltaire a deixar París e a refuxiarse intermitentemente en Cirey, no ducado da Lorena, onde gozou da hospitalidade de madame du Châtelet ata á morte desta en 1751. Este foi un período de intensa produción literaria. Con Mondain (1733) fíxose necesaria unha nova fuga, desta vez para a Holanda, onde publicou Eléments de la Philosophie de Newton (1738) e onde pasou a corresponderse con Frederico da Prusia. Tratado de metafísica foi composto cara á metade de 1734, sendo retocado varias veces entre 1734 e 1738. Ocupa un lugar capital no pensamento de Voltaire. Aquí fala dos grandes problemas da metafísica. O éxito obtido con Mahomet (1741) e Mérope (1743), aliado á boa influencia de Madame de Pompadour, motivou que pasase a servir Luís XV en misións na Prusia, fose electo Historiador do Reino e membro da Academia Francesa en 1746.

Mudouse para Potsdam en 1751, onde desempeñou o cargo de axudante de cámara e guía literario de Frederico o Grande. Mais incompatibilizouse co rei da Prusia en 1753 e levou logo unha vida errante até 1755, ano en que se estabeleceu nunha propiedade que baptizara Délices, próxima de Xenebra. En 1756 publicou La loi naturelle, Le désastre de Lisbonne e Essae sur les moeurs. En 1759 o conto filosófico Candide, seguíndose Traité sur tolérance (1760), Dictionaire philosophique (1764).

Regresou a París en 1778 e foi iniciado masón no día 7 de abril de 1778, na Loxia Masónica "Les Neuf Soeurs", da cidade de París. Morreu ese mesmo ano.

[editar] Pensamento

A razón da súa celebridade son as súas obras literarias e filosóficas. Os seus textos caracterízanse pola leveza de linguaxe, fuxindo de calquera tipo de grandilocuencia. Mestre da ironía, utilizouna como arma superior do individuo civilizado para atinxir os seus inimigos, frecuentemente por el parodiados, demostrando en todos os momentos un finísimo sentido de humor.

Son coñecidas as súas diverxencias con Montesquieu sobre o dereito dos pobos á guerra. Voltaire non ve oposición entre unha sociedade alienante e un individuo oprimido, idea defendida por Rousseau, mais antes cre nun sentimento universal e innato da xustiza, que ten que observarse nas leis de todas as sociedades. A vida en común exixe unha convención, un contrato social para preservar o interese de cada un. O instinto e a razón do individuo lévano a respectar e promover tal pacto. O propósito da Moral é ensinarnos os principios desta convivencia frutífera. O traballo do home é tomar o seu destino nas súas mans, mellorar a súa condición mediante a ciencia e a técnica e dar beleza á vida a través da Arte.

A súa filosofía práctica prescinde de Deus, aínda que Voltaire non sexa ateo; porén, como o reloxo presupón o reloxeiro, o universo implica a existencia dun "eterno xeómetra" (Voltaire é teísta). No entanto, non cre na intervención divina nos asuntos humanos e denuncia o providencialismo en Cándida.

Viviu como un fervoroso opositor da Igrexa Católica que, segundo el, era un símbolo da intolerancia e da inxustiza. Por ese motivo pode ter sido incapaz de facer xustiza ao Cristianismo. Mais revelou en 2 de marzo de 1778, en contrapartida á súa postura ideolóxica acerca da Igrexa, a súa profesión de fe á relixión Católica, nun texto asinado por el mesmo, publicado no tomo XII da revista francesa Correspondance Littéraire, Philosophique et Critique (1753-1793), nas páxinas 87-88. Neste texto, o pensador francés pide perdón a Deus polas faltas cometidas e por ter escandalizado a Igrexa por anos. Empeñouse, tamén, na loita contra os erros xudiciais e na axuda as súas vítimas. A burguesía liberal e anticlerical fixo del o seu ídolo. Se por algún motivo Voltaire ficou na Historia, foi por ternos proporcionado o concepto de tolerancia relixiosa. Foi un incansábel loitador contra a intolerancia e a superstición e sempre defendeu a convivencia pacífica entre persoas de diferentes crenzas e relixións.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Wikiquote logo
A Galicitas posúe citas sobre:

[editar] Bibliografía

[editar] Obras traducidas

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -