See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Bucarest - Bucureşti - Wikipedia

Bucarest - Bucureşti

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Bucarest
Escudo
Mapa
Información
País Romanía
Superficie 1.521 km2 (área metropolitana)
Poboación 2.082.000 (2003)
Densidade 8074,6/km² h/km²
Alcalde Adriean Videanu
www.pmb.ro Páxina Oficial


Bucarest (romanés: Bucureşti) é a capital e centro industrial e cumercial de Romanía. Está localizada no surleste do pais, ás beiras do Río Dâmboviţa.

Segundo o censo do ano 2002, Bucarest tiña unha poboación de 1.921.751 habitantes, 2.3 millóns na área metropolitana.

Para os parámetros europeos, Bucarest non é unha cidade antiga, a primeira referencia que se ten dela é do ano 1459. Dende esa data Bucarest pasou por moitos cambios, facéndose capital do pais no ano 1862 convertíndose no centro da cultura e as artes. A súa ecléctica arquitetura é unha mistura da historia, da época comunista e da modernidade. No periodo entre as dúas guerras mundiais, a arquitetura da cidade valeulle o sobrenome do "París do leste" ou "Pequeno París" (Micul Paris). Parte dos monumentos e igrexas foron destruída polas guerras, tremores de terra, incendios e no decurso da campaña de "urbanismo" emprendida por Nicolae Ceauşescu no século pasado. En anos recentes, a cidade volveu a vivir un renacemento da súa cultura e economía.


Índice

[editar] Entorno xeográfico

Lago Cismigiu
Lago Cismigiu

A cidade de Bucarest esténdese ó longo do sudeste do país, entre as cidades de Ploieşti e Giurgiu e a marxe do río Dâmboviţa, que se converte, en Argeş, nun dos afluintes do río Danubio. No perímetro urbano da cidade pódense atopar moirtos lagos, como o lago Floreasca, o lago Tei, o lago Colentina, e no centro da cidade o lago Cişmigiu. Este lago atópase nos xardíns Cişmigiu, inaugurados no ano 1847 e deseñados polo arquitecto alemán Carl F. W. Meyer. A parte de Cişmigiu, existen dous parques máis, o Parque Herăstrău (onde se atopa o Muzeul Satului) e os xardíns Botánicos (os maiores de toda Romanía, contando con máis de 10.000 especies de plantas e flores exóticas).

[editar] Economía

Sé da banca Romanesa
Sé da banca Romanesa

A pesares de que somentes conta cun 10% da poboación romanesa, Bucarest produce o 25% do PIB do país, sendo a zona máis desenvolvida e industrializada de Romanía. Ó igual que o resto do país, esta cidade experimentou un importante desenvolvemento económico na última década. Bucarest recibe axudas económicas provintes da Unión Europea (UE).

Bucarest conta tamén coa maior rede de transportes de Romanía e unha das maiores no centro e leste de Europa.

[editar] Demografía

Centro urbano de Bucarest
Centro urbano de Bucarest

A poboación de Bucarest medrou considerablemente durante os dous últimos séculos, ó igual que a importancia de Bucarest como centro urbano.

Crecemento da poboación dende 1800:

[editar] Comunidades minoritarias

[editar] Comunidade xitana

A comunidade xitana (comunitatea romă) é unha das máis numerosas, contando no censo de 2002 con 27.322 persoas, o 1'4% da poboación.

[editar] Comunidade xudía

O "templo coral", a máis vella sinagoga de Bucarest
O "templo coral", a máis vella sinagoga de Bucarest

A comunidade xudía foi a máis numerosa na cidade ata o estourido da Segunda Guerra Mundial. En 1930 vivían na cidade 69.885 xudeus, que representaban o 10'93% da poboación da capital. As masacres perpetradas polos Lexionarios e pola Garda de Ferro durante o conflito, xunto coas posteriores emigracións a Israel fixeron que a comunidade case desaparecese da cidade.

No censo do 2002 a comunidade xudía de Bucarest era de 2.481 persoas.

[editar] Comunidade húngara

No censo de 1930, vivían na cidade 24.052 húngaros, representando o 3,76% da poboación municipal.

No ano 2002 o seu número baixara a 5.834, representando o 0,3% da poboación total. Na cidade de Bucarest funciona o Liceo Teórico Ady Endre vinculado á lingua húngara. A Casa Petofi é o centro cultural da comunidade, onde funciona unha biblioteca cunha importante fonte de volumes escritos na lingua húngara. Na cidade publícase diariamente o xornal da comunidade húngara, Új Magyar Szó, e a publicación mensual da comunidade: Bukaresti Kozlony.

[editar] Equipos deportivos

Imaxe do Estadio Nacional, Bucarest
Imaxe do Estadio Nacional, Bucarest

[editar] Fútbol

  • FC Rápido de Bucarest
  • FC Steaua de Bucarest
  • FC Dinamo de Bucarest
  • FC Naţional de Bucarest
  • Sportul Studenţesc

[editar] Basquet

  • Dinamo Erbasu
  • Rapid Isover

[editar] Rugby

  • Bucuresti

[editar] Cidades irmás

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:



aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -