Ploieşti
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ploieşti é unha cidade romanesa, na que vivían 232.527 habitantes no 2006. É a terceira cidade máis poboada da rexión de Muntènia (Valaquia) e é capital do condado de Prahova. Está situada a 56 km ao norte de Bucarest e a 86 km de Brasov.
Índice |
[editar] Xeografía
Ploieşti ubícase no centro da rexión de Muntènia.
[editar] Clima
A temperatura media anual é de 10,5°C, ios valores mínimos de -30°C, rexistráranse o 25 de xaneiro de 1942, entanto os máximos de 39,4°C alcanzáranse o 10 de agosto de 1945. A cantidade media anual de precipitacións é de 600 mm. O ano máis chuvioso foi 1901, con 9639 mm, e o máis seco 1930, con só 305,3 mm. Ao ano, en media, 104 días rexistran precipitacións líquidas, e 26 días con neves. O vento predominante é de dirección nordeste. A presión atmosférica é de 748,2 mm.
[editar] Historia breve
O primeiro documento que fai referencia a Ploiesti data de 1413 "Capitanie a Ploiestiul". Foi refundada en 1593. En 1855 instalouse a primeira refinería de petróleo, e en 1882 chegou o ferrocarril á cidade. En 1943, Ploiesti foi bombardeada polos norteamericanos, xa que na zona se descubriran novos campos de petróleo.
[editar] Economía
Ploieşti goza de encanto polos parques e igrexiñas que posúe, mais é un nucleo totalmente industrial. É o segundo centro industrial de Romania e un dos máis importants de Europa. Ten fama porque en Ploiesti fabrícanse os automóbiles " Dacia Logan ", un dos coches de menor custo do mercado e, á vez, con boas prestacións.
É coñecida tamén por ser a capital da bebida nacional romanesa: "tuica", un licor de cereixa que pode chegar a adquirir 70º vol. Esta bebida faise tamén de pexego e máis de ameixa.
Ademais posúe industrias relacionadas con o petróleo e de materiais de construzón.