See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Asquenací - Wikipedia

Asquenací

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A cultura Asquenací, Ashkenazi (ou Achkenazi) é a pertencente ós xudeus descendentes das comunidades xudías medievais da Renania, chamada "Ashkenaz", palabra do hebreo medieval coa que se coñecía á alemaña.

Estas comunidades xudías emigraron cara o leste, formando comunidades en toda a Alemaña, Hungría, Polonia, Rusia, e máis xeralmente en toda a Europa central e do leste entre os séculos X e XIX. Dende a Idade media ata mediados do século XX, a lingua franca entre os xudeus asquenací foi o Yiddish ou, en menor medida, o Judæo-Francés ou (Zarpático), o Canaánico (Judæo-Checo), e o recentemento extinguido (dende 1971) Judæo-Provenzal (ou Shuadit), (as tres extinguidas na actualidade). Os xudeus Asquenací desenvolveron unha cultura distintiva, influenciada pola liturxia, e en diversos graos pola cultura dos alemáns, polacos, checos, eslovacos, caxubos, húngaros, ucraínos, lituanos, letóns, bielorrusos, e rusos.

Aínda que no século XI só comprendían o 3% da poboación xudía mundial, a poboación Asquenací seguiu medrando ata chegar ao seu máximo en 1931, ao constituir o 91% da poboación xudía mundial. Na actualidade conforman o 80% da poboación xudía. A Maioría das comunidades históricas xudías na Europa son Asquenací, coa excepción daquelas comunidades da Europa meridional e mediterránea. Unha significante porción dos emigrantes xudeus europeos que emigraron a outros continentes nos pasados dous séculos son Asquenacíes do leste europeo, destacando a comunidade existente nos Estados Unidos.

[editar] Quen é un xudeu Asquenací?

Felix Mendelssohn
Felix Mendelssohn
Karl Marx
Karl Marx
Madeine Albright
Madeine Albright

Na actualidade existe un debate sobre "Quen é un xudeu?". Isto fai que sexa dificil dicir quen é un xudeu asquenací, xa que pode definirse relixiosamente, culturalmente, ou etnicamente. Debido a que hoxe en día os xudeus asquenacíes xa non viven na Europa do leste, o aillamento que unha vez favoreceu a súa homoxeneidade e unidade cultural desapareceu. Ademais, a palabra "Asquenací" en sí mesma desenvolveu novos significados, sobre todo en Israel, onde adoita empregarse dun xeito diferente ao tradicional.

[editar] Definición relixiosa

No sentido relixioso, un xudeu Asquenací, é aquel cuxa familia practica as prácticas relixiosas asquenacíes. Cando a comunidade asquenací comezou a desenvolverse entre o comezo da Idade Media e o século X, os centros da autoridade relixiosa estaba no mundo Islámico, no Bagdad e na España islámica. Ashkenaz (Alemaña) atopábase tan xeograficamente distante que desenvolveu a súa propia minhag (conxunto de tradicións, costumes e oracións do xudaísmo). Tamén desenvolveron a súa propia forma de pronunciar o Hebreo empregado na liturxia.

Por tradición, cando unha muller Sefardí ou Mizrahi casa cun xudeu Ortodoxo ou Haredi cría ós fillos nas tradicións asquenacíes, o mesmo que se un xéntil convértese ao xudaísmo e segue as prácticas asquenacíes.

A lei xudía, a Halacha non define quen é xudeu segundo a súa fe ou confesionalidade. Tampouco ningunha das autoridades dentro do xudaísmo, nin a comunidade xudía. Incluso un membro dunha comunidade xudía que non quixera seguir practicando ou considerándose xudeu, segue a ser considerado xudeu pola lei.

Según a tradición, o estatus de xudeu hérdase pola liña materna. Máis aló, se alguén descende de xudeus por liña materna, aínda que non sexa practicante, ou sexa doutra relixión, ou nin se quera saiba que é xudeu forma parte da comunidade xudía.

Os seguintes exemplos ilustran os aspectos da identidade xudía¨

  • Apostasia: Un xudeu que se converte a outra relixión, segue a considerarse xudeu. Como Felix Mendelssohn, xudeu asquenací que se convertiu ao Protestantismo e lle adicou unha sinfonía á Reforma, pese a converterse seguía a ser xudeu.
  • Ateismo. Un xudeu ateo, segue a ser considerado xudeu. Karl Marx, cuxos pais convertéranse ao cristianismo antes do seu nacemento, era un xudeu Asquenací.
  • Identidade oculta. Un xudeu cuxa identidade foi ocultada, e foi criado noutra relixión, segue a ser considerado xudeu. Madeleine Albright, ex-secretaria do estado nos Estados Unidos foi criada como católica polos seus país xudeus convertidos ao catolicismo para escapar do Holocausto, é unha xudía Asquenací pola lei xudía, pese a que non soubo que era xudía ata que foi adulta, e era unha católica practicante.
  • Renuncia. Un xudeu que renuncia ao xudaísmo, segue a ser considerado xudeu. Bobby Fischer, o campión internacional de xadrez quen defendeu que o Holocausto fora unha mentira inventada polos xudeus, era de orixe xudeu, e segue a ser considerado un xudeu asquenací.

Coa reintegración dos xudeus de todo o mundo en Israel, Norte América, e outros lugares, a definición de xudeu Asquenací está a cambiar, especialmente fóra do xudaísmo ortodoxo. Na actualidade moitos xudeus Sefardíes e Mizrahi uníronse ós movementos liberais iniciados nun comezo polo xudaísmo Asquenací. Nas útimas décadas, as congregacións ás que se uniron, absorveron as súas propias tradicións dentro da minhag Asquenací. Os Rabinos e cantores de movementos non ortodoxos, están comezando a estudar en Israel o hebreo litúrxico sefardí en lugar do tradicional asquenací, adoptando as congregacións Asquenacíes melodías Sefardíes para as súas oracións e cancións tradicionais. Dende mediados do século XX, estase a producir o sincretismo e a fusión das tradicións, o que está a afectar á minhag e ás congregacións relixiosas máis tradicionais.

As novas tendencias do Xudaísmo a míudo trascenden as diferencias entre os xudeus Asquenaci e Sefardí. Nas cidades norte americanas, as tendencias sociais como o movemento chavurah, e o xudaísmo pos-denominal adoitan xuntar a xoves xudeus de distintas orixes étnicas. Recentemente, aumentou o interese en prácticas como a Kabbalah, a cal moitos xudeus practican fóra da yeshiva (institución do xudaísmo ortodoxo na que se estuda a Torah e o Talmud).


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -