See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
A Ilíada - Wikipedia

A Ilíada

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Aquiles cura a Patroclo - Detalle de vaso realizado con técnica de figuras vermellas 500 a.C.
Aquiles cura a Patroclo - Detalle de vaso realizado con técnica de figuras vermellas 500 a.C.

A Ilíada é, xunto co'A Odisea, o primeiro gran poema da literatura grega e o primeiro momento da chamada historia dos xéneros poéticos gregos. Atribuídas ambas xeralmente a Homero, A Ilíada e A Odisea foron consideradas polos gregos da época clásica como as dúas obras máis importantes da súa literatura. Eran, para eles, a base da súa pedagoxía (paideia) e a súa recitación constituía unha parte central das cerimonias comunitarias gregas. Os estudosos desputan se Homero existiu, cando, e se nomea a un único individuo o a un grupo de rapsodas. Tamén se continúa debatendo se os poemas se deben datar en torno ó século IX, VIII o incluso VII ou VI antes de Cristo; hoxe acéptase coma probable a segunda metade do século VIII. Constitúen os documentos literarios máis antigos da lingua grega, se prescindimos das Taboíñas de Lineal B coas que se escribía grego a finais da Idade do Bronce, é dicir, na Grecia micénica; a diferencia substancial reside no tipo de escritura utilizada: mentres que a Ilíada foi escrita na recentemente introducida en Grecia escritura alfabética, os textos das Taboíñas están escritos nunha escritura silábica.

Tanto A Ilíada como A Odisea están compostas no período propio do xénero épos, é dicir, en hexámetros dactílicos catalécticos. A Ilíada contén aproximadamente unhas 16.000 liñas. Máis tarde foi dividida en 24 libros ou rapsodias (unidades de recitación), e esta convención permanece sen cambiar ata o día de hoxe.

A Ilíada tematiza 51 días do décimo e derradeiro ano da Guerra de Troia, concentrándose na xenreira (mênis) do mirmidón Aquiles. Comeza coa disputa entre Aquiles e Agamenón, e acaba cos funerais de Héitor. Nin os antecedentes nin os primeiros anos da guerra (o secuestro de Helena desposada con Menelao, por Paris) nin a fin (a morte de Aquiles e o cabalo de Troia) se narran efectivamente n'A Ilíada, aínda que se fan presentes mediante diversas técnicas narrativas. Os materiais da Ilíada e da Odisea pertencen a un ciclo lendario que se xestaría ó longo dos chamados séculos escuros, chegando ata Homero. Só sobreviven pequenos treitos deses outros poemas.

Índice

[editar] Estilo

As análises do estilo da Ilíada destacan principalmente dúas cousas: o carácter específico de fala de xénero (o carácter de ser unha "Kunstsprache"), que serve como base argumental para reconstruír historia da chamada "poesía oral improvisada" que, procendendo talvez da época micénica, culminaría na Ilíada e na Odisea; o seu modo específico de secuencia sintáctica e semántica, marcada pola xustaposición, parataxe de elementos, e autonomía das partes. As análises narratolóxicas enfróntanse a súa vez coa tarefa de describir o tipo de narrador, modos da focalización, linguaxe das figuras, caracterización, historias secundarias, etc.

[editar] Figuras do relato

Helena de Troia segundo Evelyn de Morgan, 1898
Helena de Troia segundo Evelyn de Morgan, 1898

[editar] Os homes

Como poema épico aparecen nel un número elevadísimo de personaxes. A segunda metade do segundo libro (coñecido como "O catálogo das naves") está dedicado enteiramente a listar os xefes e comandantes dos aqueos. Entre os importantes están Aquiles, o maior heroe grego, o gran guerreiro e o protagonista. O comandante xefe da expedición é Agamenón, rei de Micenas, irmán de Menelao, o esposo ofendido que parte a Troia para recuperar a Helena.

Héitor, príncipe de Troia, é o principal guerreiro do exército troiano. Esposo de Andrómaca e pai de Anstiánax, Héitor representa os vínculos, a familia, a cidade enteira. Cando el morre, é coma se o lume devorase Troia.

Patroclo é o amigo máis próximo a Aquiles, o seu compañeiro de armas. É unha desas figuras silentes que apenas aparece na primera parte da acción, pero en torno da cal xógase a catástrofe que virará o enteiro acontecer: cando, conmovido pola situación dos aqueos, suplica a Aquiles que lle empreste as súas armas e lle permita loitar e apartar os troiáns das naves, parte ó encontro da súa propia morte: Apolo golpéalle as armas e, espido, é morto por Héitor (canto 16). Unha vez que Aquiles escoita, cheo de presentimentos, a noticia da morte de Patroclo, cae ó chan "cuberto nunha nube escura", e, sumido na dor, retorna a batalla coa única fin de vingar a Patroclo e, así, camiñar dereito cara á propia morte. É entón cando o destino de Troia queda decidido: Héitor morre, pero tampouco así Aquiles acada reposo algún.

Paris, príncipe de Troia e irmán de Héitor, é o namorado e raptor de Helena. É a contrafigura de Héitor, é dicir, o contrario ó ideal guerreiro que este encarna.

Diomedes, Néstor, Odiseo ou Áiax son os herois gregos más relevantes.

[editar] Os deuses

O nivel narrativo da extratemporalidade dos deuses cumpre certas funcións no desenvolvemento e diposición da trama. No canto primeiro, o problema da ofensa de Aquiles é levado ante o máximo representante do divino, Zeus, mediante a Nereide Tetis, nai de Aquiles, deusa secundaria é, quizais por iso mesmo, posuidora dunha forza especial. Zeus, a pesar da resistencia de Hera e Atena, haberá de dar soporte á petición de retribución de Aquiles, é dicir, haberá de reflectir que pasa cando os aqueos prescinden de Aquiles. Neste sentido, a cólera supón problemas nas relacións no Olimpo tal e como están normalmente teñen lugar. As inimizades e resistencias con Hera, Atena e Poseidón dan lugar a intrigas e desvíos, se ben reflicten á vez en que consiste a primacía de Zeus respecto ós demais deuses.

[editar] Resumo dos Cantos

  • Canto I: É o décimo ano da guerra de Troia. Aquiles e Agamenón se desentenden debido a disputa sobre unha xove cativa
  • Canto II: Odiseo impede unha revolta e os gregos se preparan para un ataque a Troia.
  • Canto III: Paris desafia Menelao para un duelo, propondo decidir o destino da guerra. Menelao vence, mais Páris sobrevive, salvo por Afrodita.
  • Canto IV: O pacto é quebrado polos troianos e a guerra recomeza.
  • Canto V: Diomedes, axudado por Palas Atena, realiza grandes prodixios, ferindo Afrodita e Ares.
  • Canto VI: Heitor retorna a Troia para pedir que se tente acalmar Palas Atena. Encontrase con esposa e fillo e retorna à batalla xunto de seu irmán Paris.
  • Canto VII: Heitor duela con Aiax. A loita empata, interrompida pola noite.
  • Canto VIII: Os deuses se retira da batalla.
  • Canto IX: Agamenón tenta se reconciliar con Aquiles, mais este recusa.
  • Canto X: Diomedes e Odiseo saen en misión de espionaxe e atacan o acampamento troiano.
  • Canto XI: Páris fere Diomedes, e Pátroclo fica sabendo da desastrosa situación grega.
  • Canto XII: Retirada grega até as naos.
  • Canto XIII: Poseidón se apieda dos gregos e os motiva.
  • Canto XIV: Hera adormece a Zeus, permitindo a reacción grega.
  • Canto XV: Zeus acorda e impede que Poseidón continue interferindo. Os troianos retoman a vantaxe no combate.
  • Canto XVI: Pátroclo pede a armadura a Aquiles e permiso para entrar na loita. Aquiles concede, porén Pátroclo é morto por Heitor.
  • Canto XVII: Hai unha disputa polo corpo e armadura de Pátroclo. Heitor fica coa armadura e Aiax co corpo.
  • Canto XVIII: Aquiles fica sabendo da morte de Pátroclo, e sua nai lle providencia unha nova armadura.
  • Canto XIX: Aquiles, de armadura nova e reconciliado con Agamenób, se xunta á guerra.
  • Canto XX: Batalla furiosa, da cal participan libremente os deuses.
  • Canto XXI: Aquiles chega aos portóns de Troia
  • Canto XXII: Aquiles duela con Heitor e o mata. A seguir, deshonra o seu cadáver, arrastrandoo ao acampamento grego.
  • Canto XXIII: Pátroclo é velado adecuadamente.
  • Canto XXIV: Príamo pede o cadáver do fillo a Aquiles que, comovido, cede. Heitor é devidamente velado em Troia.


[editar] A Guerra de Troia como bastidor da Ilíada

Homero, pertencente á esfera dos aedos que xestaran e transmitiran poemas orais ó longo dos séculos escuros, foi o primeiro que, coa axuda da escritura alfabética reacabada de introducir en Grecia (aproximadamente no 800 a.C.), puxo por escrito gran parte dos materiais da arte dos aedos para compoñer un poema de gran extensión e cun plantexamento unitario. Con el empeza a chamada "textualidade occidental".

O que segue son algúns dos antecedentes e desenvolvementos histórico-mitolóxicos da Guerra de Troia, coñecido por autores posteriores. Tanto Zeus como Poseidón desexaban a ninfa Tetis como esposa (cfr. Ístmica VIII de Píndaro) pero a profecía feita por Prometeo ou Themis aseguraba que o fillo de Tetis sería máis forte có seu pai. Debido a isto, Tetis foi entregada a un mortal: Peleo, da casta dos Eácidas, que, por non ter nada que perder, puido enfrontarse ó perigro de casarse con Tetis. O froito deste obrigado matrimonio foi Aquiles, o mellor dos heroes. Segundo algunhas versións posteriores á Ilíada, Tetis, para protexelo, cando era neno, mergullouno no río Styx, converténdoo en invencible excepto polo calcañar (o lendario calcañar de Aquiles) co que o agarrou. Aquiles medrou deste xeito para chegar a ser o máis grande dos guerreiros mortais. A muller máis fermosa do mundo era Helena, filla de Leda ou Némesis e máis Zeus. Todo o mundo procuraba a súa man. O seu pai, dubidando de a quen escoller por temor a facer inimigos entre os que non fosen elixidos, resolveu o problema facéndolles xurar a todos os pretendentes que protexerían a Helena e o seu futuro marido. Entre eles estaban Agamenón, Aiax o Grande, Diomedes, Odiseo, Néstor, Idomeneo e Filóctetes. Helena casou con Menelao de Esparta e a súa irmá Clitemnestra co irmán de Menelao, Agamenón de Tebas. Nunha misión diplomática a Esparta, Paris namórase de Helena, que fora a súa vez prometida a Paris por Afrodita [sc. xuízo de Paris] e é raptada e levada a Troia por aquel. Furioso porque ou ben Helena o abandonara ou fora raptada, Menelao fai que todos os que fixeran o xuramento unan as súas forzas e se dirixan a Troia para rescatar a princesa e castigar os raptores. Desembarcados en Troia, asedian a cidade durante dez anos.

[editar] Referencias Bibliográficas

  • Homero, La Iliada, Editorial Gredos: Madrid, 2000. ISBN 8424924606.
  • Munro, D. V., Allen, T. W., Homeri Opera, recognoverunt brevique adnotatione critica instruxerunt, Oxford classical Texts, 1920.
  • Latacz, J., Homer. Der erste Dichter des Abendlands, Düsseldorf-Zürich, 1997.
  • Schadewaldt, W., Der Aufbau der Ilias, Frankfurt a. Main, 1975.



aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -