See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Néstor - Wikipedia

Néstor

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Ilustración 37ª da Ilíada Ambrosiana: Néstor aparece no centro, con capa vermella
Ilustración 37ª da Ilíada Ambrosiana: Néstor aparece no centro, con capa vermella

Néstor (en grego antigo Νέστωρ Néstôr) era o fillo de Neleo e Cloris, e rei de Pilos. Convertiuse en rei logo de que Heracles matara ó seu pai e a tódolos seus irmáns. Casou con Eurídice ou Anaxibia, e entre os seus fillos cóntanse Perseo, Pisístrato, Trasimedes, Pisídice, Policaste, Estrático, Áreto, Equefrón e Antíloco.

Néstor foi un argonauta, loitou contra os centauros e participou na caza do xabarín de Calidón. El e os seus fillos Antíloco e Trasimedes loitaron xunto cos aqueos na Guerra de Troia. Aínda que Néstor xa era ancián cando a guerra comezou, contando supostamente con 110 anos, destacou pola súa bravura e as súas habilidades dialécticas. Na Ilíada aconsella a cotío ós guerreiros máis novos, e recomenda a Agamenón e Aquiles que se reconcilien. Sendo demasiado vello para participar nas batallas, dirixiu ás tropas de Pilos, conducindo o seu carro, sendo un dos seus cabalos morto alcanzado por una flecha de Paris. Tamén era dono dun sólido escudo de ouro. Homero refírese a el frecuentemente co epíteto «cabaleiro xerenio». Nos xogos funerarios de Patroclo, Néstor aconsellou a Antíloco sobre como gañar na carreira de carros.

Aínda que Homero intenta claramente que os seus lectores vexan a Néstor como unha figura de ancián estadista digno de respecto, hai ocasionais momentos de humor á súa costa na Ilíada, pois calquera consello que dá ós demais combatintes adoita servir de excusa para soltar ós seus oíntes un locuaz e prolixo relato dos seus antigos momentos de gloria en circunstancias parecidas. Homero nunca chega a calificalo de pesado, pero o lector queda coa impresión de que así o considera malia todo.

Na Odisea Néstor regresa san e salvo a Pilos, e Telémaco, o fillo de Odiseo, viaxa ata alí para preguntar polo destino do seu pai. Néstor recíbeo amablemente e o agasalla profusamente como hóspede, pero é incapaz de darlle información algunha sobre o asunto. Eurídice, a súa esposa, e os seus fillos supervivintes tamén aparecen na Odisea: Equefrón, Estrático, Perseo, Áreto, Trasimedes e Pisístrato. De novo, a admiración de Homero hacia el vese suavizada por un pouco de humor á súa costa, cando Telémaco, ó regresar a casa de Néstor tras visitar a Helena e Menelao, urxe a Pisístrato para que lle permita embarcar inmediatamente para regresar ó seu fogar en lugar de sufrir unha nova dose do sentido da hospitalidade de Néstor.

A finais do século XX, nunhas escavacións en Pilos, descubríuse unha bodega supostamente pertencente ó rei Néstor. Estímase que tiña unha capacidade duns 4.750 litros. Tamén se hallaron varios restos de pithoi, grandes vasixas gregas.

O Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas exhibe unha copa de viño con dúas asas completamente feita de ouro, coñecida como copa de Néstor.

[editar] Fontes

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -