See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Centauro - Wikipedia

Centauro

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Este artigo trata sobre os seres mitolóxicos. Para a constelación, vexa Centaurus.
Artigo nos seus primeiros pasos: Este artigo relacionado coa Mitoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa mitoloxía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír.

Na mitoloxía grega, os centauros (en grego Κένταυρος Kentauros, «matador de touros», «cen fortes», plural Κένταυρι Kentauri; en latín Centaurus/Centauri) son unha raza de seres co torso e cabeza de humano e o corpo de cabalo.

Centauro loitando contra un lapita (detalle do Partenón)
Centauro loitando contra un lapita (detalle do Partenón)

Vivían nas montañas de Tesalia e eran fillos de Ixión e Néfele, a nube de chuvia. Alternativamente, considerábanse fillos de Kentauros (o fillo de Ixión e Nefele) e algunhas eguas magnesias, ou de Apolo e Hebe. Ás veces cóntase que Ixión planeaba manter relacions sexuais con Hera, pero Zeus, o seu marido, evitouno moldeando unha nube coa forma de Hera. Posto que Ixión é normalmente considerado o ancestro dos centauros, pode facerse referencia a eles poeticamente como Ixiónidas.

Os centauros son moi coñecidos pola loita que mantiveron cos lapitas, provocada polo seu intento de raptar a Hipodamía o día da sua voda con Piritoo, rei dos lapitas e tamén fillo de Ixión. A discusión entre estes primos é unha metáfora do conflito entre os baixos instintos e o comportamento civilizado na humanidade. Teseo, un heroe e fundador de cidades que estaba presente, inclinou a balanza do lado da orde correcta das cousas, e axudou a Piritoo. Os centauros fuxiron. (Plutarco, Teseo, 30; Ovidio, As metamorfoses xii. 210; Diodoro Siculo iv. 69, 70.).

Escenas da batalla entre os lapitas e os centauros foron esculpidas en baixorrelevos no friso do Partenón, que estaba dedicado á sabia Atenea. Sob esta roupaxe, Fidias, o autor dos relevos, simbolizaba as aínda recentes guerras entre os gregos e os persas, entre civilizados e bárbaros.

O centauro aparece na iconografía cristiá como unha besta infernal, tentadora de doncelas. Ás veces aparece baixo a forma de onocentauro, mestura de home e burro con exaxerados atributos sexuais.

[editar] Centauros famosos

  • Asbolus
  • Bienor
  • Quirón.
  • Elatos
  • Eurition
  • Neso
  • Folos
  • Tereo
  • Tritón, o centauro mariño.

[editar] Interpretación

Centauro (sarcófago romano, ca. 230)
Centauro (sarcófago romano, ca. 230)

Se exceptuamos Folos e Quirón, ambos dous « listos » (a súa orixe, por outra banda, é diferente da dos outros), os centauros simbolizaban para os gregos os apetitos animais (concupisciencia e ebriedade son riscos típicos deles). Así o combate seu contra os lapitas pode ser interpretado como unha parábola do enfrontamento dos estados civilizados e salvaxe.

A orixe da súa creación explícase polo xeral así: o cabalo foi introducido na Grecia antiga desde o século XVI a.C, mais só era utilizado entón como besta de tiro; os centauros representarían entón, nas lendas da Idade heroica, os primeiros xenetes. Porén, por súa vez, o xenete, o cabaleiro, que domina forzas primixenias pola súa acción, oponse, simbolicamente, aos centauros que están dominados polos instintos.

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -