Yang Chen Ning
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Chen Nin Franklin Yang (22 de setembro de 1922 - ) é un físico chinés-americano que traballou na mecánica estatística e os principios de simetría.
Aos 35 anos recibiu, xunto a Tsung-Dao Lee, o premio Nobel de Física pola súa teoría de que as interaccións débiles entre partículas elementais non tiñan paridade simétrica. Isto foi máis tarde verificado experimentalmene por Chien-Shiung Wu.
Yang é tamén recoñecido pola súa colaboración con Robert Mills para desenvolver unha teoría de gauge dunha nova clase. Esas teorías de Yang-Mills son agora unha parte fundamental do Modelo Estándar para física de partículas.
Naceu en Hefei, China e realizou os seus estudos en Pekín e Kamming. Recibiu o seu título da Universidade Nacional Asociada do Sudoeste en Kamming en 1942. Dous anos despois estudou para master na Universidade Tsinghua tamén en Kamming. Recibiu o seu título de doutor en Física en 1948 na Universidade de Chicago e permaneceu un ano como axudante de Enrico Fermi. En 1949 mudouse ó Instituto de Estudos Avanzados en Princeton e en 1965 á Universidade de Stony Brook.
Foi nomeado membro da Sociedade Americana de Física e da Academia Sínica e recibiu un doctorado honorífico da Universidade de Princeton en 1958.
Casou en 1950 con Chih-li Tuh e tivo dous fillos e unha filla.
En 1999 retirouse da Universidade de Stony Brook para volver á Universidade de Tsinghua. A súa esposa morreu en 2003 e Yang, á idade de 82 anos, comprometeuse cunha moza física de 28 anos chamada Weng Fan con quen se casou en 2005. Desde entón ten recibido moitas críticas da prensa chinesa.
Premio Nobel de Física: Premiados |
---|
1901: Röntgen 02: Lorentz, Zeeman 03: Becquerel, P.Curie, M.Curie 04: Rayleigh 05: Lenard 06: Thomson 07: Michelson 08: Lippmann 09: Marconi, Braun 10: van der Waals 11: Wien 12: Dalén 13: Kamerlingh Onnes 14: von Laue 15: W.L.Bragg, W.H.Bragg 17: Barkla 18: Planck 19: Stark 20: Guillaume 21: Einstein 22: N.Bohr 23: Millikan 24: Siegbahn 25: Franck, Hertz 26: Perrin 27: Compton, Wilson 28: Richardson 29: de Broglie 30: Raman 32: Heisenberg 33: Schrödinger, Dirac 35: Chadwick 36: Hess, Anderson 37: Davisson, Thomson 38: Fermi 39: Lawrence 43: Stern 44: Rabi 45: Pauli 46: Bridgman 47: Appleton 48: Blackett 49: Yukawa 50: Powell 51: Cockcroft, Walton 52: Bloch, Purcell 53: Zernike 54: Born, Bothe 55: Lamb, Kusch 56: Shockley, Bardeen, Brattain 57: Yang, T.D.Lee 58: Cherenkov, Frank, Tamm 59: Segrè, Chamberlain 60: Glaser 61: Hofstadter, Mössbauer 62: Landau 63: Wigner, Goeppert‑Mayer, Jensen 64: Townes, Basov, Prokhorov 65: Tomonaga, Schwinger, Feynman 66: Kastler 67: Bethe 68: Alvarez 69: Gell‑Mann 70: Alfvén, Néel 71: Gabor 72: Bardeen, Cooper, Schrieffer 73: Esaki, Giaever, Josephson 74: Ryle, Hewish 75: A.Bohr, Mottelson, Rainwater 76: Richter, Ting 77: Anderson, Mott, van Vleck 78: Kapitsa, Penzias, Wilson 79: Glashow, Salam, Weinberg 80: Cronin, Fitch 81: Bloembergen, Schawlow, Siegbahn 82: Wilson 83: Chandrasekhar, Fowler 84: Carlo Rubbia, van der Meer 85: von Klitzing 86: Ruska, Binnig, Rohrer 87: Bednorz, Müller 88: Lederman, Schwartz, Steinberger 89: Ramsey, Dehmelt, Paul 90: Friedman, Kendall, Taylor 91: de Gennes 92: Charpak 93: Hulse, Taylor 94: Brockhouse, Shull 95: Perl, Reines 96: D.Lee, Osheroff, Richardson 97: Chu, Cohen‑Tannoudji, Phillips 98: Laughlin, Störmer, Tsui 99: 't Hooft, Veltman 2000: Alferov, Kroemer, Kilby 01: Cornell, Ketterle, Wieman 02: Davis, Koshiba, Giacconi 03: Abrikosov, Ginzburg, Leggett 04: Gross, Politzer, Wilczek 05: Glauber, Hall, Hänsch 06: Mather, Smoot 07: Grünberg, Fert |