Arno Allan Penzias
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Arno Allan Penzias (Múnic, Alemaña 1933) é un astrónomo e físico norteamericano, de orixe alemá, galardoado co Premio Nobel de Física do ano 1978.
[editar] Biografía
Naceu o 26 de abril de 1933 na cidade de Múnic. Aos seis anos abandonou Alemaña mediante o Kindertransport, transporte establecido polo Reino Unido para evacuar os nenos xudeus durante o réxime nazi. Á chegada dos seus pais abandonou o Reino Unido e estableceuse coa súa familia en Nova York en 1940.
No ano 1946 conseguíu a cidadanía norteamericana, estudou física na Universidade de Columbia e en 1962 doutorouse nesta mesma universidade.
[editar] Investigacións científicas
Iniciou a súa investigación científica nos Laboratorios Bell de Nova Jersey, xunto a Robert Woodrow Wilson, realizando melloras de funcionamento sobre as antenas convencionais. En 1964 de forma accidental atoparon unha fonte de ruído na atmosfera que non podían explicar. Tras afinar a recepción da antena, o ruído foi finalmente identificado como unha radiación cósmica de fondo de microondas ou CMB. Este achado foi unha confirmación inicial da Teoría do Big Bang exposta por George Gamow.
En 1978 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con Robert Woodrow Wilson, polo seu descubrimento da Radiación cósmica de fondo. O premio foi compartido con Pyotr Kapitsa, aínda cando este por un traballo diferente.
[editar] Ligazóns externas
Premio Nobel de Física: Premiados |
---|
1901: Röntgen 02: Lorentz, Zeeman 03: Becquerel, P.Curie, M.Curie 04: Rayleigh 05: Lenard 06: Thomson 07: Michelson 08: Lippmann 09: Marconi, Braun 10: van der Waals 11: Wien 12: Dalén 13: Kamerlingh Onnes 14: von Laue 15: W.L.Bragg, W.H.Bragg 17: Barkla 18: Planck 19: Stark 20: Guillaume 21: Einstein 22: N.Bohr 23: Millikan 24: Siegbahn 25: Franck, Hertz 26: Perrin 27: Compton, Wilson 28: Richardson 29: de Broglie 30: Raman 32: Heisenberg 33: Schrödinger, Dirac 35: Chadwick 36: Hess, Anderson 37: Davisson, Thomson 38: Fermi 39: Lawrence 43: Stern 44: Rabi 45: Pauli 46: Bridgman 47: Appleton 48: Blackett 49: Yukawa 50: Powell 51: Cockcroft, Walton 52: Bloch, Purcell 53: Zernike 54: Born, Bothe 55: Lamb, Kusch 56: Shockley, Bardeen, Brattain 57: Yang, T.D.Lee 58: Cherenkov, Frank, Tamm 59: Segrè, Chamberlain 60: Glaser 61: Hofstadter, Mössbauer 62: Landau 63: Wigner, Goeppert‑Mayer, Jensen 64: Townes, Basov, Prokhorov 65: Tomonaga, Schwinger, Feynman 66: Kastler 67: Bethe 68: Alvarez 69: Gell‑Mann 70: Alfvén, Néel 71: Gabor 72: Bardeen, Cooper, Schrieffer 73: Esaki, Giaever, Josephson 74: Ryle, Hewish 75: A.Bohr, Mottelson, Rainwater 76: Richter, Ting 77: Anderson, Mott, van Vleck 78: Kapitsa, Penzias, Wilson 79: Glashow, Salam, Weinberg 80: Cronin, Fitch 81: Bloembergen, Schawlow, Siegbahn 82: Wilson 83: Chandrasekhar, Fowler 84: Carlo Rubbia, van der Meer 85: von Klitzing 86: Ruska, Binnig, Rohrer 87: Bednorz, Müller 88: Lederman, Schwartz, Steinberger 89: Ramsey, Dehmelt, Paul 90: Friedman, Kendall, Taylor 91: de Gennes 92: Charpak 93: Hulse, Taylor 94: Brockhouse, Shull 95: Perl, Reines 96: D.Lee, Osheroff, Richardson 97: Chu, Cohen‑Tannoudji, Phillips 98: Laughlin, Störmer, Tsui 99: 't Hooft, Veltman 2000: Alferov, Kroemer, Kilby 01: Cornell, Ketterle, Wieman 02: Davis, Koshiba, Giacconi 03: Abrikosov, Ginzburg, Leggett 04: Gross, Politzer, Wilczek 05: Glauber, Hall, Hänsch 06: Mather, Smoot 07: Grünberg, Fert |